|
 |
|
Colección documental Alfonso Rodríguez Castelao
|
|
Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES. 36038 AMPo. |
1.2. |
Título |
Colección documental de Alfonso Rodríguez Castelao |
1.3. |
Datas |
1886-1950 |
1.4. |
Nivel de descrición |
Colección documental |
1.5. |
Volume e soporte |
4 caixas de arquivo e 1 carpeta. Soporte en papel |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Alfonso Rodríguez Castelao |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Alfonso Rodríguez Castelao naceu en Rianxo en 1886 e morreu en Bos Aires en 1950. Home polifacético, ademais de médico foi un dos artistas e escritores galegos máis importantes do século XX en Galicia. A súa actividade política obrigouno ó exilio despois da Guerra Civil, inda que non deixou de expoñer os seus ideais nos países sudamericans. Foi tamén un dos fundadores do Museo e participou activamente para o seu crecemento nos primeiros anos de existencia e incluso despois da súa marcha. |
2.3. |
Historia arquivística |
O arquivo de Alfonso atópase disperso, tanto en mans de particulares coma de institucións. O Museo conseguiu reunir unha boa parte da súa obra artística e algúns manuscritos por adxudicación legal, inda que esporadicamente se da posibilidade de novas adquisicións. Os manuscritos foron ordenados, inventariados e catalogados recentemente por Mª Jesús Fortes Alén |
2.4. |
Forma de ingreso |
O primeiro gran lote da súa obra adxudicouse ó museo por disposición legal despois da súa morte. A ela hai que engadir a compra, doación e legado testamentario de Virxinia Pereira (1964, 1980 e 1981), as doacións da familia de Álvaro Gil Varela (1988, 1991 e 1999) e de Eva Llorens (2000) e a compra a Alberto R. Prada Fraga en 1999. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O material que máis predomina na colección son os manuscritos autógrafos de discursos, pensamentos políticos e algunha das obras máis importantes, como Diario de 1921, Os vellos non deben de namorarse, Las Cruces de piedra en Bretaña ou Sempre en Galiza. Con todo non faltan algunhas mostras de cartas e tarxetas postais, diplomas e material de homenaxes e incluso algunhas obras doutros autores coma Otero Pedrayo |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se fixo eliminación de ningún material |
3.3. |
Novos ingresos |
Esta é unha colección aberta susceptible de ser incrementada |
3.4. |
Organización |
DOCUMENTACIÓN PERSOAL
- Títulos, diplomas e homenaxes
- Correspondencia
- Outros materiais
OBRA AUTÓGRAFA
- Discursos e outras intervencións en público
- Obra publicada
- Reflexións políticas e outros escritos
AUTÓGRAFOS DOUTROS AUTORES |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Libre |
4.2. |
Condición de reprodución |
Previa solicitude por escrito, agás obras completas ou en mal estado |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán e galego |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Os títulos e diplomas, polo seu tamaño deben ser gardados en carpetas de gran tamaño |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
|
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Hai orixinais de Castelao noutras institucións, coma a Biblioteca Penzol ou o Arquivo Universitario de Santiago. Nalgunhas coleccións particulares tamén se atopan manuscritos |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
|
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Na colección documental de D. Francico Javier Sánchez Cantón, que se custodia no mesmo Museo, consérvase unha boa parte da correspondencia que o arquivo ten de Castelao |
5.4. |
Nota de publicacións |
Filgueira Valverde, Xosé F., “O Arquivo do Museo de Pontevedra”, en El Museo de Pontevedra, t. XLII, Pontevedra, 1989 |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Arquivo do Museo de Pontevedra |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standar Archival description, Second Edition ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Decembro 2004 |
|
 |
|
|