|
|
Arquivo da Irmandade de Vilanova de Arousa |
|
Descrición Fondo. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.36061.AISLG |
1.2. |
Título |
Arquivo da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Vilanova de Arousa |
1.3. |
Datas |
1944-1974 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
9 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Vilanova de Arousa |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Vilanova de Arousa constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria Local, ofrecéndolle servicio e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos. |
2.3. |
Historia arquivística |
O fondo documental da irmandade de Vilanova de Arousa ten desaparecido, xunto coa práctica totalidade dos da provincia. Consérvase esta pequena mostra que por circunstancias descoñecidas apareceu no arquivo da Cámara Agraria Provincial.
O proceso de organización levouse a cabo, coincidindo co da Cámara Agraria Provincial, por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, participando neste proceso as seguintes persoas: Manuela González Rey Francisco Otero Ventín Jacobo Domínguez Pedrera Isabel Balchada Bermúdez Iria Chaves Moledo Montserrat Romero Alonso |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia irregular. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Consérvase unha escasa parte do fondo depositado por circunstancias descoñecidas no arquivo da Cámara Agraria Provincial, entre o que destaca os libros de actas do Cabido ata o ano 1971, algunha documentación orzamentaria e de recadación e a dunha cooperativa que funcionaba neste territorio. Inclúese un índice da documentación, hoxe desaparecida, existente nesta irmandade, elaborado por investigadores da Universidade de Santiago como achegamento á realidade documental das irmandades de labregos. Tomárase o caso de Vilanova de Arousa como modelo do conxunto depositado en moi malas condicións nun local de Ponte Caldelas. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A maior parte do conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado na súa maior parte a unha dependencia da Consellería de Agricultura en Ponte Caldelas, xunto co das outras Cámaras agrarias locais, onde se produciu a súa destrucción. |
3.3. |
Novos ingresos |
Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN
|
|
|
1.- GOBERNO
|
|
|
1.1. CABILDO / PLENO |
|
|
.Libro de actas do Cabido da Irmandade sindical de labradores e gandeiros |
1944-1971 |
1 |
1.2. COMISIÓNS E XUNTAS |
- |
- |
1.3. PRESIDENTE |
- |
- |
2.- ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
.Índice arquivo |
S/D |
1 |
2.2. REXISTRO |
|
|
.Libro rexistro de entrada de documentos |
1951-1958 |
1 |
2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN |
- |
- |
2.4. PERSOAL |
- |
- |
3.- SERVIZOS
|
3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA. MUTUALIDADE |
- |
- |
3.2. CENSOS AGRARIOS |
- |
- |
.Censos e estatísticas agropecuarias |
1952-1958 |
2 |
3.3. ELECCIÓNS |
- |
- |
3.4. TRIBUNAL XURADO |
- |
- |
.Multas. Denuncias. Actos conciliatorios |
1953 |
3 |
3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS |
- |
- |
.Expedientes de subvencións |
1949-1954 |
3 |
3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN |
- |
- |
3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS |
- |
- |
3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIA E RURAL |
1950-1951 |
3 |
3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANFORMACIÓN |
- |
- |
3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO |
- |
- |
3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS |
- |
- |
3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA |
- |
- |
3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS. MUTUAS GANDEIRAS |
- |
- |
3.14. COOPERATIVAS |
|
|
.Expedientes constitución de cooperativas |
1944-1964 |
3,9 |
3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES |
- |
- |
3.16. AUGA |
- |
- |
3.17. GARDERÍA RURAL |
- |
- |
4.- FACENDA
4.1. ORZAMENTO ORDINARIO |
- |
- |
.Expediente xeral do orzamento |
1947-1974 |
4-5 |
4.2. RECADACIÓN |
- |
- |
.Contas de recadación. Padróns de derrama |
1953-1959 |
6-7 |
4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS |
|
|
.Libro de caixa |
1944-1971 |
8 |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
En castelán. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado, cun total de 9 unidades de instalación. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Non se coñecen. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario do patrimonio documental das Irmandades de Labradores e Gandeiros: Mondariz-Balneario, Rodeiro, Dozón, Tomiño, Pontesampaio.” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 54 D.L. PO-386-03 ISBN: 84-8457-170-X *Conflitos institucionais na Galicia da posguerra. As "Hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos / Daniel Lanero Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 20, pgs 87-112 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
A destrucción do fondo documental da Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Decembro de 2004 |
|
 |
|
|