[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo da Irmandade de labregos e gandeiros de Tomiño


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo da Irmandade de Tomiño

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36054.AISLG
1.2. Título Arquivo da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Tomiño
1.3. Datas 1938-1988
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 33 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Tomiño
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Tomiño constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no Concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servicio e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.

2.3. Historia arquivística

Dispuña esta institución dun local propio, na saída do núcleo de Tomiño a carón da estrada que vai en dirección á Guarda. É unha edificación de planta baixa, en pedra, con planta rectangular e profusión de vans.

Nela funcionaban a Cámara Agraria e o Centro de Inseminación, contando ademais cun pequeno garaxe para gardar a maquinaria que usaban os agricultores da zona en réxime comunitario.

Na actualidade atópase nun lamentable estado de abandono, rodeado de maleza e cunha evidente falta de mantemento, a pesar de ser utilizado pola Comunidade de Montes.

No seu interior estaba depositada a documentación que aínda se conserva, espallada polo chan, en penosas condicións de limpeza e absolutamente descoidada. Esta documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, tratouna o equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental no mes de maio do 2003 para favorecer a súa conservación e facilitar o seu acceso a ela.

2.4. Forma de ingreso Transferencia irregular.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Daquela a documentación que se conserva da Irmandade sindical de agricultores e gandeiros de Tomiño corresponde a aqueles fondos que por motivos descoñecidos non se lle chegaron a remitir a Pontevedra, seguramente por teren unha consideración menor; sería, polo tanto, un fondo parcialmente conservado e restrinxido á documentación menos valorada (correspondencia, ficheiros..). Aqueles documentos de especial interese, coma os libros de actas do Cabido, das respectivas comisións, a documentación orzamentaria... non figura entre a documentación que se recuperou e finalmente organizou.

As condicións de conservación da documentación eran deficientes, sen as necesarias medidas de seguridade, disposta no chan e en mobles de madeira moi deteriorados, con moita suciedade e roedores.

Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados puidéronse inventariar un total de 34 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico que iría dende 1941 ata 1988.

Como consecuencia da actividade sindical agraria, a maior parte da documentación conservada forma parte da sección Administración, dispoñemos así mesmo de correspondencia, oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (COSA, Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) durante un amplo período cronolóxico, conservándose ademais un bo conxunto de certificacións (afiliacións á SSA, contribución rústica, quintas), instancias e partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade.

En segundo lugar, dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1, correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón o groso do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas Irmandades ós agricultores.

Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada do Centro de Inseminación de Tomiño relativas ó control do gando; á Mutua Gandeira denominada “Vacas do Barro”; ou a da Cooperativa do Campo “Santa María” de Tomiño con documentación dun amplo período (1942-1985).

A sección 1 de Goberno a penas ten testemuños documentais agás uns impresos de solicitude de ingreso na Irmandade, que inclúen a foto do solicitante e teñen por iso certo interese e atractivo.

En canto á sección 4 de Facenda está incompleta e fragmentada posto que só se conservan parcialmente orzamentos e algunhas contas de recadación e padróns da derrama agrícola.

3.2. Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado a unha dependencia do Concello, onde se produciu a súa organización.
3.3. Novos ingresos Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1.- GOBERNO

1.1. CABILDO / PLENO 1946-1951 1
1.2. COMISIÓNS E XUNTAS - -
1.3. PRESIDENTE - -

2.- ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
.Estatística e memorias 1941-1987 1
.Correspondencia 1942-1988 2-4
.Circulares 1942-1985 5-7
2.2. REXISTRO
.Libro rexistro de entrada e saída de documentos 1946-1956 8
2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN
.Expedientes de patrimonio 1938-1954 1
2.4. PERSOAL - -

3.- SERVIZOS

3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
MUTUALIDADE
1944-1984 9-18
3.2. CENSOS AGRARIOS - -
3.3. ELECCIÓNS - -
3.4. TRIBUNAL XURADO - -
3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS
.Vivendas de Protección Civil 1957 31
3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN - -
3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS - -
3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
AGROPECUARIA E RURAL
- -
3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
TRANFORMACIÓN
- -
3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO - -
3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS - -
3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA - -
3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
MUTUAS GANDEIRAS
.Mutua Gandeira "Vacas del Barro" 1954-1958 22
3.14. COOPERATIVAS
.Cooperativa "Santa María" de Tomiño 1942-1985 23-26
3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES
.Centro de Inseminación de Tomiño 1957-1970 27-30
3.16. AUGA - -
3.17. GARDERÍA RURAL - -

4.- FACENDA

4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
4.2. RECADACIÓN
.Contas de recadación. Padróns de derrama 1946-1974 32
4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS
.Recibos, contas bancarias e facturas 1944-1986 33-34


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos En castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 33 unidades de instalación.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario do patrimonio documental das Irmandades de Labradores e Gandeiros: Mondariz-Balneario, Rodeiro, Dozón, Tomiño, Pontesampaio.”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 54
D.L. PO-386-03 ISBN: 84-8457-170-X
*Conflitos institucionais na Galicia da posguerra. As "Hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos / Daniel Lanero
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 20, pgs 87-112
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas A destrucción do fondo documental da Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/04/2012 08:46
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/