|
|
Arquivo da Irmandade de Rodeiro |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.36047.AISLG |
1.2. |
Título |
Arquivo da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro |
1.3. |
Datas |
1945-1987 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
74 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Rodeiro |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Rodeiro constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no Concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servicio e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.
A documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental nos meses de maio e xuño de 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo nun espacio ben equipado que garante a súa permanencia así como a consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a distintos niveis. |
2.3. |
Historia arquivística |
As premuras económicas á hora de desenvolver os cometidos propios das Irmandades sindicais de agricultores e gandeiros, sobre todo no período de carestía no que se encadran os primeiros anos do seu funcionamento, fixo que no caso de Rodeiro, igual ca noutros moitos, tivesen a necesidade de alugar uns locais que lle permitisen dispoñer dunhas dependencias axeitadas ás súas necesidades.
Así, nun primeiro momento, o sindicato estivo situado nos baixos dunha casa de Rodeiro, á beira da estrada que conducía a Río. Dado que non había espacio suficiente tiveron que alugar noutros lugares da vila outras dependencias como taller de artesanía e almacén.
Nesta situación mantívose ata que, xa en período serodio e tras a previa cesión da corporación municipal en 1969 dun soar da súa propiedade na actual rúa B, procedeuse á construcción dunha Casa da Irmandade de titularidade propia rematada no ano 1972 e financiada cos fondos dos afiliados e con axudas e subvencións procedentes de diversos organismos agrarios, o cal demostra o interese local en promover o sector primario, de enorme peso no municipio.
A nova edificación, bastante ampla, consta de dúas plantas e ático dedicándose a planta baixa a almacén e a primeira a acoller os servicios administrativos do sindicato agrario.
Tras a desaparición en 1994 da Cámara Agraria, substituta da Irmandade Sindical dende 1977, a titularidade e uso desta casa pasará a ser municipal por cesión da Xunta de Galicia.
En consecuencia, as instalacións deste edificio actualmente nun estado de deterioro progresivo, freado en parte tras realizarse algunhas remodelacións e á espera de próximas reformas, son aproveitadas asumindo diferentes usos como museo municipal na planta baixa, oficina de correos, centro social e de reunións de sindicatos, cooperativas agrarias e outras asociacións de carácter diverso na planta primeira e incluso ximnasio municipal no ático.
Polo tanto e debido, por unha banda, ó estado actual do edificio, que non ofrece a seguridade necesaria para a conservación documental por estar, ademais, ás portas dunha fase inminente de reformas que podería afectar á integridade do depósito, e por outra, a súa dedicación a estes novos usos que non deixan un lugar indicado nel para a instalación do arquivo, decidiuse como máis idóneo para a súa organización e conservación o traslado á propia casa do concello.
Este edificio, en excelente estado de conservación, está distribuído en baixo e planta, cunha recente ampliación de nova construcción unida á primeira que aumenta considerablemente o espacio das dependencias municipais.Nesta ampliación, á beira da sala de exposicións, sitúase a sala dedicada exclusivamente, ata o momento do traslado da documentación da Irmandade Sindical, a arquivo municipal, de forma rectangular, conta cunha sala anexa de traballo e consulta así como de servicios sanitarios.
A súa superficie é ampla, superior ós corenta e cinco metros cadrados, na que se instalaron 186 metros lineais de estanterías de madeira polo que, despois de acoller as últimas incorporacións de documentación municipal, ten capacidade suficiente para albergar o arquivo da Irmandade Sindical, quedando aínda así espacio abondo a curto e medio prazo para organizar futuras remisións que ha efectuar o concello.
Esta nova situación presenta unhas excelentes condicións de habitalidade xa que dispón de calefacción e ventilación garantindo así a súa permanencia, á espera dun posible novo traslado para centralizar nun mesmo local a escasa documentación conservada das antigas irmandades sindicais da provincia de Pontevedra.
A documentación producida como consecuencia desas funcións, aínda que non conservada na súa totalidade, foi tratada polo equipo do Servicio Técnico do Patrimonio Documental nos meses de maio e xuño de 2003 para acadar o obxectivo de dotar este conxunto de estabilidade na conservación e facilitar o seu acceso, polo cal se dispuxo nun espacio ben equipado que garante a súa permanencia así como a consulta por parte de todos os usuarios interesados no seu contido mediante a confección de diferentes instrumentos descritivos a distintos niveis. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia irregular. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A documentación da Irmandade Sindical de Agricultores e Gandeiros de Rodeiro estaba amontoada nas estanterías metálicas dunha sala da casa sindical onde, parece ser, foi trasladada tras a supresión da Cámara Agraria dende outras salas do edificio. Neste proceso perdeuse parte do conxunto que non se depositou nese lugar co resto, como consecuencia da limpeza efectuada anteriormente a diversas obras de reforma no edificio.
As condicións de conservación nas que se atopaba a documentación eran cando menos deficientes posto que a sala estaba aberta ó público, que accedía ás diversas actividades realizadas no lugar e nas estanterías había suciedade e roedores.
Tras concluír os traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados púidose inventariar un total de 74 unidades de instalación que abranguen o período cronolóxico dende 1945 ata 1994; hai representación documental case da totalidade dos anos de funcionamento das irmandades sindicais primeiro e das cámaras agrarias despois. A pesar deste amplío espacio temporal, a meirande parte do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre os anos 60 e 1977, data en que funcionaba como irmandade sindical e, con menor relevancia dende ese ano ata 1983-1984, xa en concepto de cámara agraria. A documentación dos anos 40 e 50 é moi minoritaria, quizais por perderse unha parte e ó mesmo tempo dende 1983-1984 é tamén pouco transcendente posto que dende estes anos deica a súa desaparición a Cámara Agraria de Rodeiro funcionou como unha delegación da de Lalín, co que unha parte importante do conxunto documental de Camba se debeu perder ó estar depositado co do concello de Deza.
Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas que ocupan un 65% das unidades de instalación.
En primeiro lugar, comezando pola serie 2.1 e dentro da sección Administración, dispoñemos tanto de correspondencia coma de oficios e circulares, especialmente en relación a diversos organismos agrarios (C.O.S.A., Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) e referidos a un amplo período cronolóxico, conservándose ademais un bo conxunto de certificacións (afiliacións á S.S.A., contribución rústica, quintas), instancias e partes estatísticos de actividades solicitados pola superioridade.
En segundo lugar, e dentro da sección de Servicios, comparte preponderancia cuantitativa a serie 3.1 correspondente á documentación xerada pola Corresponsalía Local da Mutualidade Agraria, a cal supón o groso do conxunto documental posto que a tramitación dos asuntos referidos á Seguridade Social Agraria era o servicio máis importante ofrecido polas irmandades ós agricultores.
Dentro desta serie merece especial mención a documentación conservada de altas e baixas no Censo Laboral Agrícola pertencente a un período cronolóxico amplo así como documentación de cotizacións (1966-1983) e as nóminas de cobro do subsidio familiar do período 1957-1984; é de destacar a práctica ausencia de testemuños documentais anteriores á década dos 60.
En terceiro lugar, dentro da serie 3.2 correspondente a censos agropecuarios son moi importantes os censos agrarios realizados periodicamente así como as estatísticas de cultivos e maquinaria.
A sección 1 de Goberno contén información de diversos aspectos, entre a que destaca a proporcionada polos libros de Actas do Cabido (1953-1972) e actas de diversas xuntas e comisións da Irmandade como a Comisión Local da Mutualidade Nacional da Previsión Social Agraria.
Na sección 2 de Administración, ademais do mencionado, consérvanse algúns expedientes de patrimonio, contratación e persoal, así como un libro de rexistro de entrada de documentos (1956-1974) sendo bastante dispersos e fragmentarios.
No resto da sección 3 de Servicios obsérvase a presencia de mostras de documentación de diversos servicios e funcións realizadas pola Irmandade Sindical-Cámara Agraria de Rodeiro que dan idea da súa actividade no momento: é especialmente completa a documentación referida a eleccións (1957-1975) e Tribunal Xurado - Servicios Xurídicos (1959-1977) e tamén testemuños de fundación de cooperativas e grupos de colonización no municipio.
En canto á sección 4 de Facenda hai que sinalar o seu carácter incompleto e fragmentario posto que só se conserva o orzamento dun exercicio; os padróns da derrama agrícola e servicios só abarcan un poucos anos. Unicamente é de relevancia a documentación de caixa e recadación, sesgada pero relativa a un período cronolóxico amplo mentres a referida ás contas correntes e facturas ten carácter residual. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado a unha dependencia do Concello, onde se produciu a súa organización |
3.3. |
Novos ingresos |
Fondo documental pechado por ter desaparecido xa este órgano. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN
|
|
|
1.- GOBERNO
|
|
|
1.1. CABILDO / PLENO |
|
|
.Asemblea Plenaria |
1968-1983 |
1 |
.Libro de actas do Cabido da Irmandade sindical de labradores e gandeiros |
1953-1972 |
1 |
.Expedientes sesións do Cabido da Irmandade sindical de labradores e gandeiros |
1960-1978 |
1 |
.Libro de actas da Comisión Permanente |
1980-1983 |
1 |
.Cargos de Irmandade sindical de labradores e gandeiros |
1960-1971 |
1 |
.Actas Comité Executivo Sindical Local Mixto |
1971 |
1 |
1.2. COMISIÓNS E XUNTAS |
|
|
.Xuntas parroquiais |
1973 |
1 |
.Libro de actas Comisión local MNPSA |
1964-1972 |
2 |
.Expedientes sesións Comisión Local MNPSA |
1961-1977 |
2 |
.Expedientes sesións Xunta local seguros sociais |
1961 |
2 |
.Expedientes sesións Comisión local AGAP |
1977-1978 |
2 |
.Expedientes sesións Comisión local de Reproducción Gandeira |
1979 |
2 |
1.3. PRESIDENTE |
- |
- |
2.- ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
.Estatística e memorias |
1956-1970 |
17-18 |
.Instancias |
1958-1983 |
17 |
.Certificacións |
1956-1984 |
16-17 |
2.2. REXISTRO |
|
|
.Libro rexistro de entrada de documentos |
1969-1974 |
18 |
2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN |
|
|
.Expedientes de patrimonio |
1955-1970 |
18 |
.Expedientes de contratación |
1957-1967 |
18 |
2.4. PERSOAL |
|
|
.Expedientes de persoal contratado |
1974-1975 |
18 |
.Seguridade Social |
1959 |
18 |
.Nóminas e retribucións |
1957-1964 |
18 |
3.- SERVIZOS
|
3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA. MUTUALIDADE |
|
|
.Partes e censos afiliación á Seguridade Social Agraria |
1948-1984 |
19-22 |
.Nóminas e liquidacións |
1960-1984 |
23-49 |
.Asuntos familiares |
1968 |
49-50 |
3.2. CENSOS AGRARIOS |
|
|
.Censos e estatísticas agropecuarias |
1956-1994 |
50-59 |
3.3. ELECCIÓNS |
|
|
.Expedientes de eleccións |
1957-1975 |
61-62 |
3.4. TRIBUNAL XURADO |
|
|
.Actos conciliatorios e asesoramento legal |
1959-1977 |
62 |
3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS |
|
|
.Expedientes de obras e subvencións |
1958-1985 |
62-64 |
3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN |
|
|
.Grupos de colonización |
1969 |
64 |
3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS |
|
|
.Expedientes de créditos agrícolas |
1957-1976 |
64 |
3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO AGROPECUARIA E RURAL |
|
|
.Concentración parcelaria |
S/D |
64 |
.Expedientes de feiras e mercados |
1959 |
64 |
3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANFORMACIÓN |
|
|
.Expedientes de constitución SAT |
1986 |
64 |
3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO |
|
|
.Declaracións de cereais |
1966-1968 |
65 |
3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS |
|
|
.Expedientes de campañas agrícolas |
1956-1974 |
65-66 |
3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA |
|
|
.Expedientes de formación agropecuaria |
S/D |
66 |
3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS. MUTUAS GANDEIRAS |
|
|
.Mutua gandeira |
1961-1964 |
66 |
.Expedientes de danos por pragas e catástrofes |
1971-1979 |
66 |
3.14. COOPERATIVAS |
|
|
.Expedientes de constitución Cooperativa |
1969 |
66 |
3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES |
|
|
.Centro de Inseminación Artificial |
1956-1983 |
66 |
4.- FACENDA
4.1. ORZAMENTO ORDINARIO |
- |
- |
4.2. RECADACIÓN |
- |
- |
.Contas de recadación. Padróns de derrama |
1964-1977 |
66-73 |
4.3. CONTAS BANCARIAS. FACTURAS |
|
|
.Libro de caixa |
1956-1987 |
72 |
.Recibos, contas bancarias e facturas |
1956-1984 |
73-74 |
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
En castelán. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 74 unidades de instalación. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Non se coñecen. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario do patrimonio documental das Irmandades de Labradores e Gandeiros: Mondariz-Balneario, Rodeiro, Dozón, Tomiño, Pontesampaio.” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 54 D.L. PO-386-03 ISBN: 84-8457-170-X *Conflitos institucionais na Galicia da posguerra. As "Hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos / Daniel Lanero Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 20, pgs 87-112 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
A destrucción do fondo documental da Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Xullo de 2004 |
|
 |
|
|