[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo da Irmandade de labregos e gandeiros de Pontevedra


Arquivo da Irmandade de Pontevedra

Descrición Fondo. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36038.AISLG
1.2. Título Arquivo da Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Pontevedra
1.3. Datas 1944-1994
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 41 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Irmandade Sindical de Labregos e Gandeiros de Pontevedra
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Irmandade sindical de labradores e gandeiros de Pontevedra constituía o organismo representativo do sindicalismo agrario no concello tanto durante o período franquista coma nos primeiros anos da democracia, xa en forma de Cámara Agraria, ofrecéndolle servizo e asesoramento ó ben nutrido sector agropecuario do municipio en diversos aspectos administrativos.

2.3. Historia arquivística

A Irmandade de Labradores e Gandeiros de Pontevedra viña funcionando no edificio sindical, na rúa Pasantería, sendo trasladada nos últimos anos do seu funcionamento á sede da Cámara Agraria Provincial.

Polo tanto pódese considerar que a súa sede nos últimos anos coincidía coa da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra na praza do Teucro, xunto coa de Ponte Sampaio e a propia institución provincial de Pontevedra, con funcionarios propios, razón pola que se conserva parte dos seus fondos que non foron remitidos ó depósito de Ponte Caldelas, hoxe destruídos.

A documentación conservada atopábase almacenada no local do arquivo da Cámara Agraria Provincial, no baixo cuberta, con certos problemas de filtracións de augas e humidade.

O proceso de organización levouse a cabo, coincidindo co da Cámara Agraria Provincial, por parte do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, participando neste proceso as seguintes persoas:
Manuela González Rey
Francisco Otero Ventín
Jacobo Domínguez Pedrera
Isabel Balchada Bermúdez
Iria Chaves Moledo
Montserrat Romero Alonso

2.4. Forma de ingreso Transferencia irregular.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Trala conclusión dos traballos de organización e descrición dos fondos documentais conservados inventariáronse un total de 41 unidades de instalación que abranguen un período cronolóxico que iría dende 1944 ata 1994, con representación documental dunha escasa parte dos anos de funcionamento da Irmandade Sindical primeiro e da Cámara Agraria Local despois.

A pesar desta amplitude temporal, a práctica totalidade do conxunto documental correspondería ó período comprendido entre os anos mil novecentos corenta e catro e cincuenta e oito.

Como consecuencia da actividade sindical agraria a maior parte da documentación conservada forma parte de tres series concretas:

En primeiro lugar, os libros de actas de sesións do Cabido e Asemblea da Irmandade de Labradores referidos ós seus primeiros anos de funcionamento. Tamén, dentro da sección Administración, a correspondencia que inclúe oficios e circulares especialmente en relación a diversos organismos agrarios (Cámara Oficial Sindical Agraria, Xefatura Agronómica, Mutualidade Social Agraria) dos anos cincuenta e sesenta.

En segundo lugar, e dentro da sección de Servizos, á documentación xerada polo Tribunal Xurado e a Policía Rural, moi ben conservada e completa, encadernada e ordenada, correspóndelle o maior volume documental.

En terceiro lugar, na sección de Facenda, consérvanse testemuñas dos sucesivos orzamentos. En todo caso engloba un amplo período temporal (1949-1994), con documentación derivada da xestión presupostaria e, máis escasos, documentos recadatorios.

3.2. Valoración, selección e eliminación O conxunto documental da Irmandade foi, logo da súa supresión, trasladado na súa maior parte a unha dependencia da Consellería de Agricultura en Ponte Caldelas, xunto co das outras Cámaras agrarias locais, onde se produciu a súa destrucción.
3.3. Novos ingresos Fondo documental pechado por desaparecer xa este órgano.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1.- GOBERNO

1.1. CABILDO / PLENO
.Libro de actas do Cabido da Irmandade
sindical de labradores e gandeiros
1944-1958 1
1.2. COMISIÓNS E XUNTAS - -
1.3. PRESIDENTE - -

2.- ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
.Correspondencia 1952-1967 1-3
.Índice arquivo S/D 3
2.2. REXISTRO - -
2.3. PATRIMONIO.CONTRATACIÓN - -
2.4. PERSOAL - -

3.- SERVIZOS

3.1. SEGURIDADE SOCIAL AGRARIA.
MUTUALIDADE
1963-1992 6-12
3.2. CENSOS AGRARIOS - -
3.3. ELECCIÓNS - -
3.4. TRIBUNAL XURADO - -
.Multas. Denuncias. Actos conciliatorios 1947-1958 4-28
3.5. OBRAS E SUBVENCIÓNS - -
3.6. GRUPO DE COLONIZACIÓN - -
3.7. CRÉDITOS AGRÍCOLAS - -
3.8. ACTIVIDADES DESENVOLVEMENTO
AGROPECUARIA E RURAL
- -
3.9. SOCIEDADES AGRARIAS DE
TRANFORMACIÓN
- -
3.10. SERVIZOS NACIONAL DO TRIGO - -
3.11. CAMPAÑAS AGRÍCOLAS - -
3.12. FORMACIÓN AGROPECUARIA - -
3.13. DEFENSA PRAGAS. SEGUROS AGRARIOS.
MUTUAS GANDEIRAS
- -
3.14. COOPERATIVAS - -
3.15. GANDERÍA. CAZA E PESCA. MONTES - -
3.16. AUGA - -
3.17. GARDERÍA RURAL - -

4.- FACENDA

4.1. ORZAMENTO ORDINARIO - -
.Expedinte xeral do orzamento 1949-1994 29-34
4.2. RECADACIÓN - -
.Contas de recadación. Padróns de derrama 1952-1964 35


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reprodución libre segundo a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos En castelán.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero e detallado en papel e informatizado, cun total de 41 unidades de instalación.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Pode localizarse abundante documentación derivada da directa relación existente no arquivo da Cámara Agraria Provincial, especialmente das actas dos órganos de goberno, presupostos, patrimonio ou circulares.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario do patrimonio documental das Irmandades de Labradores e Gandeiros: Mondariz-Balneario, Rodeiro, Dozón, Tomiño, Pontesampaio.”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 54
D.L. PO-386-03 ISBN: 84-8457-170-X
*Conflitos institucionais na Galicia da posguerra. As "Hermandades sindicales de labradores y ganaderos" diante dos organismos da administración do estado e dos concellos / Daniel Lanero
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 20, pgs 87-112
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas A destrución do fondo documental das Irmandades Locais da provincia de Pontevedra pon en valor a documentación aínda conservada no arquivo da Cámara Agraria Provincial de Pontevedra, pola relación directa de control e asesoramento.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 02/04/2012 08:49
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/