|
|
Arquivo da Cámara Agraria Provincial |
|
Descrición Fondo. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES. ACAP 36038 |
1.2. |
Título |
Arquivo Cámara Agraria Provincial |
1.3. |
Datas |
1890-2003 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
760 unidades de instalación |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
CÁMARA OFICIAL SINDICAL AGRARIA – CÁMARA AGRARIA PROVINCIAL |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A orixe das ámaras agrarias remóntanse ó R.d. de 14 de novembro de 1890, que regula de forma detallada estas asociacións, de carácter voluntario e cualificadas de interese público, con funcións de defensa e fomento do agro.
Logo de varias modificacións, atendendo á realidade socio-política de cada momento, xorden as irmandades sindicais de labregos e gandeiros no ano 1939, modificadas polo Decreto de unidade sindical agraria de 17 de xullo de 1944 e a publicación do regulamento das Irmandades en 1945.
As irmandades sindicais provincias conviviron ata 1947 coas cámaras oficiais agrícolas, fusionándose nunha nova corporación de dereito público denominada Cámara Oficial Sindical Agraria (COSA).
A COSA tiña funcións moi amplas, pasando de ser corpos consultivos da administración en materia agraria a actuaren como órganos executivos e representantes dos intereses dos traballadores agrícolas e das industrias relacionadas con eles.
A aparición dun sistema democrático e a nova realidade sindical derivaron na creación, en 1977, en plena transición democrática, das cámaras agrarias provinciais, que se mantiveron ata a súa descentralización e transferencia ás respectivas comunidades autónomas en 1995. Estes ultimos procesos conlevaron unha paralización administrativa e funcional destas, antesala dunha desaparición prevista como organismo. |
2.3. |
Historia arquivística |
A documentación xerada pola Cámara Oficial Sindical Agraria estivo nas suas orixes nun local na rúa Andrés Muruáis para trasladarse posteriormente á rúa Pasantería,1, no edificio de Sindicatos; finalmente, no mes de agosto de 1981, instálase no edificio que ocupa na actualidade na praza do Teucro, 18. Este, que se construíra en 1744, forma parte do pazo de San Román, ocupando a parte arcada e de menos altura.
O local do arquivo sitúase na planta superior, baixo cuberta; foi recentemente remozado e dotado dos equipamentos necesarios, superando unha fase de problemas de illamento térmico e de humidades. Dispón de máis de douscentos metros lineais de estantes metálicos e varias mesas de traballo e consulta.
A documentación conservada fora no seu día -década dos anos setenta- organizada polo funcionario Perfecto Hermida Santos, conservando certa organización, a pesar de que moita estaba afectada pola humidade, as malas condicións de almacenamento e os insectos.
O último proceso de organización do fondo documental iníciase no ano 2004 e remátase nos inicios do 2005. Como resultado da descrición elaboráronse o cadro de clasificación, creado “ad hoc” por descoñecerse antecedentes nin actuacións similares; un inventario somero, que relaciona as 760 unidades de instalación coa información das súas series e datas extremas; e, por último, un inventario detallado que describe en 2.626 rexistros o conxunto de expedientes e documentos que compoñen o arquivo.
Neste proceso organizativo, baixo a dirección técnica do Servicio Técnico do Patrimonio Documental, colaboraron as seguintes persoas: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Manuela González Rey Francisco Orge Ventín Jacobo Domínguez Pedreira Isabel Balchada Bermúdez Iria Chaves Moledo Montserrat Romero Alonso Iñaki Varela Pérez |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencias descontinuas dende as oficinas xestoras. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Apréciase un elevado volume documental, que conserva con notoria continuidade a maior parte da produción xerada pola entidade.
Do conxunto destacan, polo nivel informativo, as actas dos diferentes órganos de goberno, e polo seu interese o conxunto fotográfico do voo realizado no ano 1969 que recolle a totalidade da provincia e supón unha fonte gráfica de importancia, que reflicte as variables xeográficas resultantes da evolución urbana e económica.
Así mesmo, a incualificable destrución do patrimonio documental da maior parte das Irmandades locais fai deste fondo unha fonte necesaria, toda vez que recolle copias das actas, dos orzamentos, das circulares... destes organismos. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A documentación sofre o primeiro e único proceso selectivo nas propias oficinas que os producen, previamente ó envío ó arquivo, non realizándose nos últimos anos ningún proceso de expurgo selectivo. Documentación de conservación permanente. |
3.3. |
Novos ingresos |
É un fondo aberto, suxeito a novas transferencias pese á perda de funcións e ó seu escaso funcionamento. |
3.4. |
Organización |
O fondo organizouse seguindo un criterio de clasificación orgánico-funcional, co resultado do actual cadro de clasificación, artellado arredor de catro seccións, referidas sucesivamente á xestión dos órganos de goberno colexiados e unipersoais, ó funcionamento administrativo da entidade, á xestión de servizos e relacións con outras administracións e, por último, ó control e xestión orzamentario e dos seus recursos. Cada unha destas seccións subdivídese en subseccións e estas en series e subseries, atendendo á variedade da tipoloxía documental e ás series existentes.
CADRO DE CLASIFICACIÓN
|
|
|
1. GOBERNO |
|
|
1.1. Órganos nacionais |
|
|
.Asemblea Nacional / Asemblea Xeral |
1946-1972 |
4 |
.Comisión Permanente Irmandade Sindical Nacional |
1963-1967 |
1 |
.Regulamentos. Informes |
1963-1970 |
3 |
1.2. Órganos provinciais |
|
|
.Expedientes de constitución |
1947-1950 |
1 |
.Ordenanzas. Estatutos. Regulamentos |
1945-1986 |
2 |
.Asembleas plenarias |
1946-1999 |
6 |
.Comité executivo |
1972-1977 |
2 |
.Comisión Permanente |
1950-1983 |
7 |
.Asembleas comarcais |
1966-1968 |
2 |
.Asembleas Sección Sociais |
1958-1978 |
3 |
.Asembleas Agrarias de alcaldes e Irmandades |
1955 |
1 |
1.3. Presidente |
|
|
.Correspondencia particular |
1958-1974 |
1 |
.Notas de prensa. Fotografías |
1963-1984 |
9 |
.Honras e disticións |
1967-1973 |
1 |
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. Secretaría |
|
|
.Circulares |
1948-1991 |
14 |
.Correspondencia |
1948-2002 |
44 |
.Memorias |
1944-1993 |
6 |
.Informes |
1957-1991 |
6 |
.Censos, enquisas e estatísticas |
1953-1994 |
33 |
.Arquivo |
1960-1977 |
1 |
2.2. Rexistro |
|
|
.Libro de rexistro de entrada e saída |
1965-1994 |
4 |
2.3. Patrimonio. Contratación |
|
|
.Expedientes de patrimonio |
1916-2004 |
9 |
.Expedientes de contratación |
1979 |
1 |
2.4. Cargos e persoal |
|
|
.Expedientes persoais |
1948-2003 |
19 |
.Control de horarios |
1990-1994 |
1 |
.Nóminas. Retribucións |
1949-1996 |
11 |
.Licencias, permisos, vacacións |
1972-1991 |
2 |
.Comisións delegada de persoal |
1973-1977 |
1 |
2.5. Informes xurídicos. Lexislación |
1890-2001 |
3 |
3. SERVIZOS
3.1. Tutela e control Cámaras Agrarias Locais |
|
|
.Orzamentos |
1948-1995 |
122 |
.Actas Xuntas parroquiais |
1971-1982 |
2 |
.Estatutos. Ordenanzas |
1943-1980 |
4 |
.Persoal |
1947-1995 |
30 |
3.2. Eleccións |
|
|
.Expedientes de eleccións |
1966-2002 |
31 |
3.3. Grupos de Colonización. Obras |
1942-1976 |
11 |
3.4. Formación agropecuaria |
|
|
.Congresos e cursos |
1944-1992 |
25 |
.Centros de formación |
1943-1979 |
3 |
.Follas divulgativas. Publicacións |
1965-1972 |
4 |
3.5. Fomento agropecuario |
|
|
.Campañas agrícolas |
1950-1993 |
21 |
.Subvencións |
1974-1990 |
12 |
.Feiras, exposicións e campionatos |
1950-1983 |
17 |
.Concentración parcelaria |
1954-1980 |
4 |
.Inseminación artificial |
1960-1983 |
1 |
.Defensa de pragas e xeadas |
1965-1980 |
2 |
.Estamento Provincial de Castradores |
1950-1977 |
3 |
.Voo fotográfico |
1969-1984 |
6 |
3.6. Comunidade de Montes e Regantes |
1963-1997 |
12 |
3.7. Mutualidade Nacional de Previsión. Seguridade Social Agraria |
1901-2000 |
36 |
3.8. Cooperativas do Campo |
1944-1978 |
8 |
3.9. Gandería rural. Tribunal Xurado |
|
|
.Multas. Denuncias |
1974-1978 |
1 |
.Gardas rurais. Investigación |
1948-1983 |
1 |
.Incendios forestais |
1958-1995 |
1 |
3.10. Colaboración Ministerio de Agricultura |
|
|
.Servizo Nacional do Trigo |
1945 |
1 |
.Instituto de Relacións Agrarias |
1975-1991 |
24 |
.Instituto de Reformas e Desenvolvemento Agrícola |
1970-1980 |
1 |
.Instituto de Conservación da Natureza |
1948-1983 |
1 |
.Instituto de Fomento Asociativo Agrario |
1992-1995 |
1 |
.Xefatura Agronómica |
1965-1983 |
1 |
.Dirección Provincial |
1982-1988 |
2 |
.Organismos centrais |
1984-1988 |
1 |
4. ADMINISTRACIÓN ECONÓMICA
4.1.1. Orzamento ordinario |
|
|
.Expediente xeral do orzamento ordinario |
1943-1996 |
188 |
4.1.2. Orzamento extraordinario |
|
|
.Expediente xeral do orzamento extraordinario |
1979-1985 |
2 |
4.2. Recadación. Tributación |
|
|
.Subvencións |
1991-1994 |
1 |
.Contribución territorial rústica |
1943-1982 |
2 |
.Cotas. Derramas |
1970-1977 |
1 |
4.3. Crédito agrícola |
1946-1986 |
17 |
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
O acceso é libre, coas restricións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reprodución está limitada polas condicións de conservación. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
A documentación atópase en xeral en bo estado de conservación, sendo os soportes diversos maiormente en papel. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
- Cadro de clasificación específico do fondo. - Inventario somero en soporte informático, cun total de 801 rexistros, e papel. - Inventario detallado en soporte informático, cun total de 2.626 rexistros, e papel. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Arquivos das Irmandades de labradores e gandeiros e cámaras agrarias locais. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Non se coñecen. |
5.4. |
Nota de publicacións |
Non se coñecen. |
|
 |
 |
6.1. |
Notas |
Xunto co fondo da Cámara Agraria Provincial consérvanse no mesmo local restos documentais das desaparecidas Irmandades e Cámaras Locais de Pontevedra, Ponte Sampaio e Vilanova de Arousa, contando tamén coa oportuna organización e descrición.
Elaborouse, coa mesma, un sinxelo inventario da hemeroteca conservada xunto co fondo documental, que inclúe as revistas, anuarios, memorias, publicacións oficiais, folletos e monografías conservados. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental |
7.2. |
Regras ou normas |
ISAD (G) Norma Internacional General de Descripción Archivística |
7.3. |
Data da descripción |
Xaneiro 2005 |
|
 |
|
|