[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra » Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Mancomunidade do Salnés



Descrición Fondo. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.36006.AMS
1.2. Título Arquivo da Mancomunidade do Salnés
1.3. Datas 1985-2005
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 453 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Mancomunidade do Salnés
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A Mancomunidade do Salnés crease o 30 de diciembre de 1986, integrada inicialmente polos concellos de Cambados, O Grove e Vilanova de Arousa, ós que posteriormente se unirían os de Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e, por último, A Illa de Arousa (1999) e Vilagarcía de Arousa (2000). Por Orde de 1 de xullo de 2004 (DOG nº 131) se modifican definitivamente os seus estutos, que foran aprobados inicialmente en 1988.

Ten a súa sede actualmente en Cambados, no Centro Comarcal Expo-Salnés.

Os seus órganos son o presidente, o vicepresidente, a xunta da mancomunidade e a comisión executiva.

Foi concibida para as seguintes funcións:
-Xestionar a execución das obras de instalación das redes xerais de abastecemento de augas e de eliminación de residuais.
-Executar directamente ou xestionar a execución da instalación das redes secundarias de abastecemento de augas e de eliminación de residuais.
-Prestación dos servizos de mantemento do abastecemento de auga e de depuración de residuais.
-Parque de maquinaria para obras en vías públicas.
-Creación e mantemento dun centro de benestar social e loita contra a drogodependencia.
-Potenciación do turismo na comarca.
-Promoción dos sectores industriais, agrícolas, marítimos, comerciais e de servizos.
-Servizo comarcal de loita contra incendios.
-Recollida e tratamento de residuos sólidos urbáns.
-Consecución de redes de saneamento de augas fecais.
-Estudio e informe de obras de infraestructura.
-Servizo de seguridade cidadá.
-Coordinación de actividades culturais e deportivas.
-Creación de solo industrial.
-Participación na xestión para a mellora sanitaria da comarca.
-Escola de orientación agropecuaria, de productos do mar, hortofrutícolas, florais e forestais.
-Recollida e protección de animais abandonados.

2.3. Historia arquivística

Fondo documental depositado no arquivo municipal de Cambados, sede inicial da mesma, no que foi organizado no ano 2004 polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental coa intención do seu traslado posterior á sede da Mancomunidade.

Unha vez disposta a sede na antiga casa de cultura da vila de Cambados destínase parte da superficie do baixo cuberta para arquivo documental, dotada dos equipamentos necesarios para este fin e das condicións de habitabilidade que garanten a conservación da documentación. Nesta sala instalase a documentación que xa se organizara e ali se trasnfire a nova documentación recibida ou xenerada nos últimos anos.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa e irregular ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Documentación resultante da xestión e servicios recentes desta Mancomunidade, cun caracter eminentemente administrativo e restrinxido ó seu ámbito xeográfico. Destaca a documentación derivada do control da xestión económica e a relacionada co desenvolvemento dos diversos plans, proxectos e escolas-taller.
3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. MANCOMUNIDADE / XUNTA 1988-2001 6
1.2. PRESIDENTE 1997-2005 2
1.3. COMISIÓN EXECUTIVA - -
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS 1992 1

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA 1991-2004 3
2.2. REXISTRO 1988-2003 12
2.3. PATRIMONIO 1992-2003 2
2.4. PERSOAL 1991-2005 41
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS 1987-1997 1
2.6. CONTRATACIÓN 1991-2002 46

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
     3.1.1.PLANEAMENTO - -
     3.1.2.PLANS PROVINCIAS 1994-2005 206
     3.1.3.OBRAS PROPIAS 1985-2003 7
     3.1.4.OBRAS PARTICULARES 1992-1993 2
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS 1991-2004 6
3.3. AUGA 1991-1996 1
3.4. TRANSPORTES 1994-2002 1
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ 1990-2001 17
3.6. SANIDADE 1990-2003 9
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 1995-2003 2
3.8. EDUCACIÓN - -
3.9. CULTURA 1992-2003 2
3.10. DEPORTES 1995-2003 2

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
     4.1.1.ASUNTOS XERAIS 1988-2000 3
     4.1.2.PRESUPOSTOS ORDINARIOS 1988-2005 92
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.3. TESOURERÍA
     4.3.1.CAIXA 1988-1992 2
     4.3.2.RECADACIÓN 1994 1
     4.3.3.CONTAS BANCARIAS 1990-2004 4


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Inventario somero en papel, publicado e informatizado, cun total de 501 rexistros.
Inventario detallado en ficha e informatizado, cun total de 1.218 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo da mancomunidade.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Arquivo Deputación. Subsección Cooperación
5.4. Nota de publicacións Non se coñecen


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Mancomunidade supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2006

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 03/08/2006 13:23
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/