|
 |
|
Arquivo do xulgado de paz de Cuntis
|
|
Arquivo do xulgado de paz de Cuntis |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AXP.36015 |
1.2. |
Título |
Arquivo xulgado de paz de Cuntis |
1.3. |
Datas |
1871-2002 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
128 libros do rexistro civil e 62 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Xulgado de paz de Cuntis |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Créase o xulgado de paz e o rexistro civil de Cuntis no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial de Caldas de Reis ata a súa supresión en 1965, pasando a integrarse no de Pontevedra e logo en 1983 no de Vilagarcía de Arousa. No ano 1988 coa reposición do partido xudicial de Caldas de Reis volve a integrarse neste.
Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Moraña entre o ano 1945 ata o 1953. |
2.3. |
Historia arquivística |
O arquivo do xulgado sitúase na casa do concello ocupando unha superficie de 20 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 15 metros lineais.
O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 2002, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Iria Jauregui Carrasco e Victoria Hortas Porto. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A documentación conservada, a pesares de non ser moi abundante, recolle as actuacións do xulgado en materia civil, dende 1945, criminal dende 1955 e gobernativa dende 1948, ou de eleccións dende 1974.
Está completa a serie dos libros do rexistro civil, tanto de nacementos como de matrimonios e defuncións |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa depor si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias incorporadas polo Servicio Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN
1. REXISTRO CIVIL |
|
|
1.1. CORRESPONDENCIA |
1930-2002 |
3 |
1.2. NACEMENTOS |
1871-2002 |
72 |
1.3. MATRIMONIOS |
1871-2002 |
33 |
1.4. DEFUNCIÓNS |
1871-2002 |
44 |
|
|
|
1.5. EXPEDIENTES DE ADOPCIÓN E RECOÑECEMENTO DE FILLOS |
1934-1995 |
2 |
1.6. CONSELLO DE FAMILIA |
|
|
1.7. NACIONALIDADE |
1973-2001 |
2 |
2. XULGADO
2.1. ADMINISTRACIÓN |
1948-2000 |
8 |
2.2. ASUNTOS CIVÍS |
1945-2002 |
8 |
2.3. ASUNTOS CRIMINAIS |
1955-2000 |
3 |
2.4. ASUNTOS GOBERNATIVOS |
1948-2001 |
7 |
2.5. ELECCIÓNS |
1974-2001 |
2 |
2.6. COMUNIDADES DE MONTES |
1978-1986 |
2 |
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación e inventario somero en papel, publicados e informatizados. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo do xulgado de paz. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes... ) |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co xulgado de paz e as súas actividades en arquivos xudiciais de ameto superior ou doutras administracións do seu contorno xeográfico, especialmente no Arquivo Municipal de Cuntis, Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario dos arquivos dos xulgados de paz” Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 58, Tomo I D.L. PO-23-98 ISBN: 84-89690-29-4 *"Os arquivos dos Xulgados de Paz" Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 12, pgs. 283-303. * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o arquivo do xulgado de paz exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Xullo de 2004 |
|
 |
|
|