[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Tui



Arquivo municipal de Tui
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36055.AMTUI.
1.2. Título Arquivo municipal de Tui
1.3. Datas 1597-2015
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 6.119 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Tui
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño.

Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes.

A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial.

O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración.

O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello ubícase na parte alta da cidade, a carón da catedral, no medio do casco antigo. É unha edificación construída nos inicios dos anos cincuenta do século XX, cunha distribución orixinal, adaptándose ó térreno de semisoto, baixo e planta, na que destaca a balconada central e o remate en frontón. Nos últimos anos procedeuse a súa ampliación hacia atrás na procura de novos espazos para a ubicación das diferentesáreas municipais.

O local do arquivo atópase no semisoto do edificio, con acceso dende as oficinas da ala esquerda, mediante unha ampla escalinata, e directamente dende o exterior. Contaba anteriormente cun total aproximado de cen metros cadrados, distribuídos en tres espazos útiles: no centro unha ampla sala distribuidor, con mesa para tráballo e consulta. Á dereita unha pequena sala, depósito de boletíns e fondos bibliográficose na parte esquerda un amplo e saturado depósito documental, con dúas alturas diferentes, separadas por unha arcada.

A falta de espazo e a mellora das instalacións da casa do concello conlevan a procura duns novos polo que se dedican a arquivo dúas novas salas próximas, habilitando unha comunicación directa, que se destinan a deposito documental e sala de consulta respectivamente. Melloranse sensiblemente os equipamentos dos diferentes depósitos mediante a instalación de estantería compactada, con máis de 940 metros lineais, mobiliario de traballo, de consulta e aparatos deshumidificadores para o adecuado control ambiental.

O conxunto documental conservado, agás da parte trasladada no seu día ó Arquivo Histórico Provincial, sufriu un proceso de organización e descrición por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental nos anos 1984, 1985, 1986 e 1987, de acordo co cadro de clasificación e tratamento técnico usado daquela. Recentemente nos anos 2005, 2006 e 2007 acometeuse un laborioso proceso de actualización e reorganización documental, incorporando os fondos producidos nos últimos anos, adaptando o proceso técnico ó novo cadro de clasificación e informatizando os instrumentos de descrición resultantes. Nestes procesos interviron:

César Manuel López Marras, María Dolores Martínez Gamallo, Elisa Bugarín Pereira, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, María Torres Hermida, Elena Verdia Armada, Jorge Abel Otero, Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez, María Dolores Pereira Oliveira, Manuela González Rey, Lara María Moldes González, Borja Mazaira Fernández, Alfonso Ferreiro Monteagudo e Iria Chaves Moledo

No último ano creouse a praza de arquiveiro-bibliotecario, posto ocupado por Rafael Sánchez Bargiela, que complementa o cadro de persoal deste servizo xunto coa auxiliar de arquivo e biblioteca María Dolores Martínez Gamallo, que desenvolve esta actividade dende anos atrás.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Rematadas as sucesivas actuacións de organización e descrición dos fondos documentais conservados no arquivo municipal inventariáronse un total de 5.732 unidades de instalación, con testemuños que presentan unhas datas extremas do período interanual de 1879 ata o 2012

Como curiosidade nesta última fase de tratamento documental apareceu un pergamiño, escrito en portugués, datado en 1688, que facía de tapa doutro documento sen data, referido a un “Prorrateo de aguas de la Virgen del Camino en la parroquia de Revordanes hecho por Don Juan Gil de la Barrera vecino de la ciudad de Tui”. Este pergamiño, que inicialmente non ten relación co documento que resgardaba, é unha “carta de quitaçao” dada polo rei de Portugal Pedro ós herdeiros de Ignacio Monteiro de Souza, almoxarife falecido que prestaba os seus servizos na “Caça do Passo da Madeira”. É intención do concello a súa limpeza e restauración iniciándose xa os contactos coas institucións que puideran desenvolver este proceso.

Veñen de reintegrarse ao arquivo municipal os documentos propios depositados no seu día no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, que inclúen as primeiras actas municipais conservadas (1597 a 1775) e copias das Xuntas do Reino de Galicia dende 1608 a 1834, algún preito, cartas ordes e diversos papeis do século dezaoito. Tdos eles atópanse xa a disposición dos investigadores e usuarios.

Pese a que a maior parte da documentación corresponde ó século vinte aínda se aprecia un elevado volume documental do dezanove, destacando os libros de actas municipais dende 1782, con documentos de quintas dende 1874, de patrimonio dende 1849, de persoal ou contratación dende 1874, dos presupostos municipais dende 1845, dos padróns de habitantes dende 1884 ou das eleccións dende 1891.

Na documentación máis actual destaca especialmente polo seu volume e achega porcentual a derivada da xestión e control urbanístico, das obras propias e dos particulares e, sobre todo, do control presupostario e da xestión tributaria.

Este conxunto documental, hoxe correctamente disposto para o seu uso e manexo, conta cunha completa gama de instrumentos de descrición que permiten a súa valoración e recuperación. O cadro de clasificación deste arquivo e o seu inventario somero complétanse cunha exhaustiva descrición, a nivel de expediente en moitas series, a disposición de calquera interesado tanto no propio Concello como no Arquivo da Deputación de Pontevedra, nunha base de datos formada 33.454 rexistros diferentes.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental e polo propio persoal municipal.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. Iniciarade en breve a aprobación dun reglamento propio.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Cadro de clasificación e inventario.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Coñecese a existencia de orixinais fora do arquivo municipal, no Arquivo Histórico Provincial, referidos principalmente ós libros de acordos e cartas ordes do concello de Tui de 1597 a 1775, documentación do Catastro do marqués da Ensenada e copias da Xuntas de Reino de Galicia dende 1608 a 1834 en proceso de reintegración.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Archivo Municipal de Tui”
Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 8
D.L. PO-8-90 ISBN: 84-86845-37-8
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Dispón de persoal municipal.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 13:54
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/