|
 |
|
Arquivo municipal de Soutomaior
|
|
Arquivo municipal de Soutomaior |
|
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.AM.36053 |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Soutomaior |
1.3. |
Datas |
1854-1993 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
1.056 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade, dos que 499 son caixas de expedientes e documentos, e 557 libros |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Soutomaior |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Soutomaior sitúase na costa pontevedresa, entre as áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, enclavado nas concas dos ríos Verdugo e Oitaven, que o atravesan.
Fórmano unicamente dúas parroquias, Soutomaior e Arcade, con dezaseis entidades de poboación, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes.Pertencía este territorio á antiga xurisdicción do mesmo nome, que abarcaba no seu día as parroquias de Soutomaior, Insua, Barbudo, Anceu, Forzáns, Berducido, Fornelos, Calvos, Traspielas e Pazos, correspondendo o señorío do duque de Soutomaior; á súa vez o coto de Arcade dependía do arcebispado de Santiago.
Logo do establecemento constitucional dos concellos no ano 1836 xorde o de Soutomaior, integrado no partido xudicial de Redondela, xunto cos de Mos, Pazos de Borbén e Redondela. Formaban este concello as parroquias de Arcade, Calvos, As Estacas, Fornelos, A Laxe, Soutomaior e Traspielas, cun total daquela de 1.256 veciños e 5.244 almas.
Será no ano 1870 e logo de varios intentos cando se produza a segregación definitiva das parroquias de Calvos, As Estacas, Fornelos, A Laxe e Traspielas para formar o novo concello de Fornelos de Montes, quedando o de Soutomaior coas dúas parroquias actuais. |
2.3. |
Historia arquivística |
A casa do concello sitúase na parroquia de Soutomaior; é un edificio en pedra, construído en 1950, remozado a finais dos oitenta e actualmente en fase de ampliación lateral.
A estructura orixinal consta de baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, destacando o bloque central, lixeiramente resaltado en fachada e desenrolado en altura formando unha torre que rompe a horizontalidade do edificio.
Na actualidade engádese unha nova construcción lateral comunicada coa anterior, coa intención de ampliar a superficie dispoñible.
O arquivo, logo de varias ubicacións nos últimos anos, dispúxose no baixo cuberta, ocupando inicialmente a totalidade do mesmo. Son en total tres pequenos espazos, abufardados os dous laterais e ocupando a torre o central. Alcanzan os setenta metros cadrados de superficie pero a escasa altura reduce o aproveitamento como depósito documental.
A documentación conservada foi organizada por vez primeira no ano 1987, dispóndose naquel enton nun local da planta baixa. A remodelación posterior do edificio fixo necesario o traslado ó baixo cuberta coincidindo con procesos de actualización nos anos 1991 e 1994.
Aínda se atopa neste mesmo local, saturado e incapaz de recibir máis documentación que se acumula polas oficinas na espera dun novo espazo.Esta falta de local útil impediu realizar novos procesos de actualización, adaptación o novo cadro de clasificación e informatización dos instrumentos de descrición, polo que a información dispoñible corresponde ó ano 1994 e organizada co anterior cadro de clasificación, no que se distinguían libros e legaxos. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O patrimonio documental conservado é escaso e non vai máis alá do ano 1854, data do primeiro libro de actas conservado, debido elo con seguridade ó traslado de capitalidade producido anos antes, co pertinente traslado do conxunto do arquivo naquelas datas á parroquia de Fornelos. A documentación existente presenta un axeitado nivel de conservación e dispón de instrumentos de control e manexo ata o ano 1994.
A súa maioría pertence ó século XX, no referido á xestión económica e orzamentaria do concello. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados. Inventario somero en papel, publicado. Inventario detallado en ficha. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario Archivo Municipal de Soutomaior” Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 16 D.L. PO-110-92 ISBN: 84-86845-85-8 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *"Soutomaior e Fornelos"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 6, pgs. 147-160. *”Soutomaior 1700-1936. Aproximación á historia local”/ José Luís Obelleiro Piñón.- Pontevedra: Deputación, 1994. |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Xullo de 2004 |
|
 |
|
|