2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A parroquia de Santiago de Morgadáns, pertencente ó concello de Gondomar, ten unha superficie total de 1.530 hectáreas nas que residen 1.158 habitantes, distribuídos nos lugares de A Abelosa, Baralla, Batizosa, O Camiño Branco, O Carballás, A Carballeira, As Entreviñas, Gonda, Guillufe, Gulgar, Os Eidos de Abaixo, Ervillás, O Lago, Murxido, Os Padróns, Pedra, O Picouso, Prado, San Roque, Vilas, Viño e Xende.
Pertencía esta ferigresía no Antigo Réxime á Xurisdicción Real de Baiona; logo da Constitución de Cádiz e durante os breves períodos liberais, funcionou Morgadáns como concello propio ata a configuración definitiva de 1836, ano en que foi incluído no concello de Gondomar, perdurando esta situación ata a actualidade a pesar das demandas dos veciños; estes xunto cos de Chaín, xa en 1844 pedían formar un concello propio con capital en San Roque de Morgadáns.
A Entidade Local Menor de Morgadáns constituíuse como tal o 7 de agosto de 1932 coa consideración de “pobo agregado”, por estimar o concello de Gondomar derogado o Estatuto Municipal de 1924 e utilizarse para o efecto a Lei Municipal de 1877. Co gallo da guerra civil española sofre un parón no seu funcionamento, sen chegar a ser suspendida; volve a emprende-lo seu funcionamento habitual a partir do ano 1955.
Ten a súa sede no barrio da Pedra e dispón no seu patrimonio de varias escolas e montes, entre os que destaca o monte de Galiñeiro, Caldeirón e outros. Manexa un presuposto bastante variable en relación co volume de previsibles ingresos, derivados basicamente dos aproveitamentos dos montes e das explotacións das canteiras. |
2.3. |
Historia arquivística |
A documentación consérvase no edificio da propia Entidade Local Menor.
Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de nove metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación. No ano 2005 engadirones outros dous metros lineais.
Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero, Jacobo Domínguez Pedreira, Iñaki Pérez Varela e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. |