[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 8 DE DECEMBRO DE 2023
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Entidade Local Menor de Chenlo


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo Entidade Local Menor de Chenlo

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. AELM. 36039
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Chenlo
1.3. Datas 1920-1995
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 44 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Chenlo
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A parroquia de San Xoán de Chenlo está adscrita na actualidade ó concello de Porriño, no que foi integrada na configuración definitiva dos concellos constitucionais levada a cabo no ano 1836.

En épocas anteriores pertencía a xurisdicción do Porriño, con señorío do Conde de Salvaterra. Nos anos 1812 e 1821 estaba integrada no concello de Mosende, xunto coas parroquias de Pontellas e a propia de Mosende; esta situación tentaron mantela os veciños, facendo varias reclamacións sucesivas sen éxito, á hora da nova configuración definitiva dos concellos, tentando evitar con eso a desaparición deste e a súa integración no do Porriño.

A parroquia de Chenlo ten unha superficie total de 10 Km2, nos que residen 547 habitantes, distribuídos nos lugares de As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, As Filqueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, O Penedo, O Portomariño, O Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar.

2.3. Historia arquivística

A documentación consérvase no pequeno local da propia Entidade Local Menor.

Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación.

Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Conta o arquivo desta Entidade Local Menor con corenta e catro unidades de instalación, en caixas de cartón ríxido, nas que se dispuxeron documentos, libros e expedientes que teñen unhas datas extremas que van dende 1920 a 1995.

Inclúense nestas unidades as actas da Xunta Veciñal da Entidade e as da Xunta Parroquial de Chenlo dende 1920. Tamén son relativamente abundantes os testemuños das poxas e aproveitamentos de madeiras, conservados dende 1957 ata o ano 1994.

Trinta e unha das unidades de instalación (70,5%) corresponden á sección de Facenda, especialmente referidas ó desenvolvemento dos presupostos ordinarios anuais da propia Entidade Local Menor, conservados dende 1960.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1920-1995 2
1.2. ALCALDE PEDÁNEO 1992-1993 1

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1957-1995 2
2.1.2. REXISTRO XERAL 1964-1978 1
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN
     2.1.3.1. PATRIMONIO 1974-1995 3
     2.1.3.2. CONTRATACIÓN 1957-1995 4

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1968-1995 2
2.2.2. SEGURIDADE CIDADÁ 1961-1986 1
2.2.3. EDUCACIÓN. CULTURA 1987-1992 1

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO 1960-1995 32


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación, publicados e informatizados.
Inventario somero e detallado en papel.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal do Porriño, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Xullo de 2004

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 21/10/2005 13:35
Copyright © 2002-2023, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/