|
 |
|
Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos
|
|
Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES. AELM. 36023 |
1.2. |
Título |
Arquivo Entidade Local Menor de Camposancos |
1.3. |
Datas |
1761-1995 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
53 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Entidade Local Menor de Camposancos |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Entidade Local Menor de Camposancos pasa por ser a máis antiga de tódalas que existen en Galicia, funcionando xa a finais do século pasado unha Xunta Administrativa para a xestión dos bens do Coto de Camposancos, de acordo co previsto nas leis municipais de 1870 e 1877. Este coto dependía inicialmente no Antigo Réxime do bispado de Tui, séndolles arrendados os seus bens ós veciños desta parroquia no ano 1761 e posteriormente redimido este foro a favor dos mesmos no ano 1870.
A parroquia de Santa Isabel de Camposancos créase no ano 1798 logo da súa escisión da de San Lourenzo de Salcidos. Nos períodos liberais anteriores ó definitivo establecemento constitucional dos concellos aparece como concello propio; sen embargo, na definitiva distribución aprobada para o Partido Xudicial de Tui en 1836 esta parroquia inclúese dentro do concello da Guarda, situación que se mantén ata a actualidade.
Ten esta parroquia unha superficie total de 412 hectáreas nas que residen 845 habitantes, distribuídos nos lugares de A Armona, Bouza da Fonte, O Couto, A Granxa, O Outeiro, O Muíño, Pombal, A Pasaxe, Sa e Salgueiró. Inclúese no territorio desta parroquia unha parte do Monte de Santa Tegra e dispón de coñecidas praias.
Como Entidade Local Menor é recoñecida, logo da aprobación do Estatuto de Municipal de 1924, en abril de 1925, constituíndose definitivamente na sesión do 23 de maio de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Domingo Domínguez. |
2.3. |
Historia arquivística |
A documentación consérvase no pequeno local da propia Entidade Local Menor.
Rematado o proceso de organización do fondo documental no ano 1996 ocupaba un total de seis metros lineais, debidamente disposto nas condicións axeitadas para a súa futura conservación.
Os traballos de organización e descrición documental foron desenvoltos por José Luis Castro Carpintero e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Dentro deste fondo destacan as actas dos órganos de goberno, que só se conservan dende 1955; e sobre todo a documentación referida ó patrimonio, que conserva orixinais e copias de todo o proceso antes relatado de arrendamento e redención do foro dos bens do Coto de Camposancos, da constitución da parroquia e dos principais acontecementos referidos ó devir desta Entidade Local Menor.
En todo caso, como é habitual, a maior parte do volume documental (53%) corresponde á elaboración e control presupostario entre os anos 1920 e 1995. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN
|
|
|
0. ÓRGANOS SUPERIORES
|
|
|
1. GOBERNO |
|
|
1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA |
1955-1995 |
3 |
1.2. ALCALDE PEDÁNEO |
1968-1988 |
1 |
2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS
2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA |
|
|
2.1.1. SECRETARÍA |
1883-1995 |
10 |
2.1.2. REXISTRO XERAL |
1963-1995 |
1 |
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN |
|
|
2.1.3.1. PATRIMONIO |
1761-1994 |
3 |
2.1.3.2. CONTRATACIÓN |
1964-1992 |
2 |
2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS |
|
|
2.2.1. OBRAS E URBANISMO |
1952-1994 |
6 |
2.2.2. SEGURIDADE CIDADÁ |
1965-1990 |
1 |
3. XESTIÓN ECONÓMICA
3.1. PRESUPOSTO ORDINARIO |
1920-1995 |
29 |
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación, publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal da Guarda, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia" Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5 |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Xullo de 2004 |
|
 |
|
|