[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo Entidade Local Menor de Berán


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo Entidade Local Menor de Berán

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES. AELM. 32040
1.2. Título Arquivo Entidade Local Menor de Berán
1.3. Datas 1925-1997
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 40 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Entidade Local Menor de Berán
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A única Entidade Local Menor que non pertence á provincia de Pontevedra corresponde á parroquia de San Breixo de Berán, que na actualidade forma parte do concello de Leiro, na limítrofe provincia de Ourense.

Con anterioridade á formación dos concellos constitucionais pertencía á Xurisdicción da Veiga e Carballeda, con señorío do conde de Ribadavia. Na primeira configuración constitucional dos concellos pasa a formar parte do concello de Evade, para segregarse posteriormente e integrarse de forma definitiva no de Leiro.

Ten unha superficie total de 320 hectáreas nas que residen 332 habitantes, distribuídos nos lugares de Aduana, Casanova, Trasouteiros, Quinteiro, Eirado, Cruz de Berán, Moreira, Cotofrío, Casar e Caldelas. Destaca especialmente pola existencia do coñecido e visitado balneario e pola súa abundante producción vinícola.

É recoñecida como Entidade Local Menor polo Concello de Leiro, na sesión do 13 de decembro de 1924, celebrando a súa primeira xuntanza o 17 de marzo de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Manuel Taboada Cuíñas.

2.3. Historia arquivística

O proceso de organización inicial do fondo documental iniciase no ano 1996 cunha reincorporación posterior no 2001, levando a cabo estes procesos técnicos: José Luis Castro Carpintero, María del Carmen Fariña Fernández, Manuela González Rey e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Deste conxunto documental destacan as actas da Xunta Veciñal dende 1925, e o derivado das obras e da xestión do balneario dende 1955 ata 1992.

Polo seu volume (84% do total) débese reseña-la importancia dos fondos producidos na xestión e desenvolvemento dos sucesivos presupostos anuais dende 1931.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

0. ÓRGANOS SUPERIORES

1. GOBERNO

1.1. XUNTA ADMINISTRATIVA 1952-1993 3

2. XESTIÓN ADMINISTRATIVA E SERVIZOS

2.1. XESTIÓN ADMINISTRATIVA

2.1.1. SECRETARÍA 1982-1994 1
2.1.2. REXISTRO XERAL
2.1.3. PATRIMONIO. CONTRATACIÓN 1938-1995 6
2.1.4. PERSOAL 1984 1

2.2. XESTIÓN DE SERVIZOS

2.2.1. OBRAS E URBANISMO 1982-1995 2

3. XESTIÓN ECONÓMICA

3.1. ORZAMENTO ORDINARIO 1931-1993 33


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados.
Inventario somero e detallado en papel.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación directamente relacionada coa Entidade Local Menor e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no arquivo municipal de Leiro, no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *"Inventario do patrimonio documental das Entidades Locais Menores de Galicia"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7
D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo da Entidade Local Menor supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas súas oficinas. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Marzo de 2014

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/03/2014 11:34
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/