|
 |
|
Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
|
|
Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36060.AMVILGAR. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa |
1.3. |
Datas |
1836-2014 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
15.940 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis.
Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes.
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra.
Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía.
As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo). |
2.3. |
Historia arquivística |
A casa do concello de Vilagarcía de Arousa foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído nos últimos anos do século XIX; unha edificación illada, inicialmente en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que foi complementada cun amplo anexo posterior, que compoñen dous sotos e catro plantas en torno a un espacio central definido pola apertura lumínica.
Resérvase ó arquivo municipal un espacio tradicional no baixo cuberta, cunha ampla superficie distribuída en tres amplas salas, que serven de depósito, zona de traballo e consulta. A este espacio engádeselle a disposición de varios locais nos sotos do concello, dotadas de estantería compactada e que deberán albergar a producción documental prevista nun futuro, toda vez que o local principal se atopa sen capacidade de recibir novas remisións.
Conta o local cos equipamentos necesarios para a súa función, con recente dotación de estantería metálica, mobiliario de traballo e consulta, equipos informáticos, deshumidificadores e mobiliario auxiliar para documentos especiais.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo en 1984-1985, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, nos anos 1986, 1988, 1991, 2002, 2003, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011 e 2012.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Jorge Abel Otero Elena Aguete Landín José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Juan Carlos Fontanes Paz Manuel Fuentes Suárez Susana García Mangas Vicente García Romero Manuela González Rey Victoria Hortas Porto Iria Jauregui Carrasco César Manuel López Marras María Jesús Meaños Tubío Mónica Núñez Carro Manuel Pena Pájaro Paz de la Peña Santos Miguel Pereira Figueroa Marcos Pereiras Álvarez Roxelio Guillerme Pérez Agulla José Ramón Pérez Calvo Rosa Pérez Diz Rafael Pérez Rego Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana María Vallés Castro Rubén Villar Fernández María José Viñuela Fuentes Oscar Rey Muñiz Roberto Sobrado Miguélez Isabel Couso Bravo Carmen Touzón Fernández Daniel Menéndez Rodríguez
Na actualidade ocúpase dos procesos técnicos do arquivo Roberto Sobrado Miguélez, funcionario municipal, contando coa puntual e ocasional colaboración dos Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Consérvase unha porcentaxe considerable da documentación producida especialmente nas últimas décadas, correspondendo na súa maior parte ó século XX.
Destaca do total do fondo as actas do Concello de Vilagarcía, así como doutros órganos colexiados, Comisión Municipal Permanente, de Goberno ou de Asociados.
O maior volume corresponde á documentación presupostaria, dende 1866; a contribución territorial rústica, dende 1866; as obras municipais, dende 1851 e o control das licencias de obras a particulares dende 1871.
Son moitas as series onde é notable a perda documental; entre elas destaca a referida ás eleccións, con documentación só dende 1951; ó persoal municipal, dende 1901; especialmente a todo o patrimonio documental dos anexionados concellos de Carril e Vilaxoán. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario Archivo Municipal de Vilagarcía de Arousa” Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 5 D.L. VG-4-89 ISBN: 84-86845-13-0 *“Inventario arquivo do concello de Vilagarcía de Arousa” Col. "Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra", nº 56 D.L. PO-326-04 ISBN: 84-8457-192-0 *”Vilagarcía, Vilaxoán y Carril. De los ayuntamientos constitucionales a su fusión en 1913”/ Manuel A. Villaronga García.- Pontevedra: Deputación, 1991 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Vilagarcía de Arousa exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembro de 2016 |
|
 |
|
|