[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Salceda de Caselas


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Salceda de Caselas

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36049.AMSALC.
1.2. Título Arquivo municipal de Salceda de Caselas
1.3. Datas 1840-2013
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3.271 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Salceda de Caselas
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de Pontevedra, limitando cos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Porriño.

Conta cunha superficie aproximada de 31 quilómetros cadrados nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación, nas que viven algo máis de cinco mil cincocentos habitantes.

A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes.

2.3. Historia arquivística

A anterior casa do concello de Salceda de Caselas era unha edificación exenta, construída en 1917, integrada no núcleo urbano da vila, distribuída en baixo e planta que polas súas pequenas dimensións e pola súa insuficiencia para as esixencias actuais, obrigou a acometer a construcción dunha nova casa do concello.

Iniciado este proceso nos finais do século XX e logo dun largo período de construcción dispón hoxe o concello de Salceda de Caselas dunha moderna casa do concello na mesma praza onde se atopaba a anterior, desarrollada horizontalmente ó longo dun dos laterais da mesma. Caracterízase esta construcción tanto pola súa horizontalidade como pola profusa apertura de vanos a fin de favorecer a iluminación do local.

Conta o edificio con soto, baixo, pranta e aproveitamento baixo cuberta, dispóndose no mesmo as instalacións dos servicios municipais e do xulgado de paz e comunicándose con outros edificios de servizos para os cidadáns.

O novo local do arquivo disponse no soto desta nova casa do concello, con acceso dende as oficinas municipais da planta baixa; ocupa unha ampla sala que ten unha estructura irregular de máis de oitenta metros cadrados e unha extraordinaria altura que supera os catro metros.

Para levar a cabo a súa función de depósito documental instaláronse neste local un total de oito bloques de estantería compactada e un fixo de catro ou cinco corpos cada un, distribuídos tal e como se reflicta no plano, coa posibilidade de incrementar estos equipamentos con outros dous bloques no futuro.

Dispón ademais de moble ficheiro para a consulta do catálogo do propio arquivo e de mesa de traballo e consulta no mesmo local, así como ordenador e aparato deshumificador para regular a humidade ambiental.

O fondo documental producido polo Concello de Salceda de recibiu no ano 1993 o tratamento técnico oportuno, incluído dentro da programación xeral do Servicio Técnico de Patrimonio Documental para a provincia de Pontevedra.

Daquela, conseguiríase centralizar no local destinando a arquivo a totalidade dos fondos existentes. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de reincorporación documental, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación proposto a nivel nacional, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011 e 2014.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
José Luis Castro Carpintero
Jacobo Domínguez Pedreira
Josefa Fernández Ayuso
Manuela González Rey
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
María Teresa Túñez Landín
Iñaki Varela Pérez
Carmen Touzón Fernández
Isabel Couso Bravo
María del Carmen Martínez Regueira
Yudt Emila Hernández Terán
Julio Rafael Pereira Bernárdez
Roberto Rodríguez Álvarez
Iria Chaves Moledo
Antón Ulla Cobián
Alberto Aramburu García-Pintos
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O fondo corresponde na súa maior parte ó século XX, conservándose algunha documentación do século dezanove, especialmente referida á xestión económica ou ás quintas, sendo notorias, en todo caso, as perdas documentais.

Este conxunto documental foi clasificado en catro grandes seccións, de acordo co novo cadro de clasificación proposto para o conxunto dos arquivos dos concellos.

A sección Goberno, que inclúe, basicamente, aquela documentación xerada polos órganos persoais e colexiados do propio concello, supón algo menos do 3,5 % do total do fondo documental. Destacan os libros de actas do concello, nos que faltan os correspondentes ós primeiros anos, conservándose dende 1840, e os dos outros órganos colexiados, tales como a Comisión Municipal Permanente, completos dende 1925, agás aqueles períodos nos que non existiu este órgano.

A documentación da sección Administración, referida ó propio funcionamento interno do concello, representa algo menos do 20 % do sobresaíndo polo seu volume a correspondencia, que non conserva documentos, ou a documentación referida ó patrimonio e ó persoal municipal, con testemuños, neste caso, dende 1884.

Algo maior é o volume que ocupan os fondos da sección Servicios, un 30,5 % do total, entre os que destaca, como é habitual en calquera arquivo municipal, aquela documentación relacionada coa xestión e control das obras municipais ou particulares, do control das instalacións industrias e comerciais e do urbanismo, a pesar de corresponder na súa totalidade ó presente século.

Destacan tamén nesta sección os padróns de habitantes e as súas alteracións dende 1857, ademais, da documentación relacionada coas quintas e recrutamentos, conservada dende 1861 e aquela referida ás eleccións e censos electorais, dende 1903.

Algo menos da metade do volume documental corresponde á sección de Facenda cun 46 % do total, derivada sobre todo da elaboración e xestión dos presupostos ordinarios municipais, conservada dende 1844, aínda que soamente con certa continuidade a partir de 1925.

A documentación sobre impostos e taxas ten abundantes testemuños do século dezanove, especialmente na documentación referida á contribución territorial rústica e urbana, dende 1846.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Salceda de Caselas”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 3
D.L. PO-128-96 ISBN: 84-88363-67-2
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Salceda de Caselas exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 08:25
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/