|
 |
|
Arquivo municipal de Rodeiro
|
|
Arquivo municipal de Rodeiro |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36047.AMROD. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Rodeiro |
1.3. |
Datas |
1850-2013 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
1.417 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Rodeiro |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Rodeiro sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, incluído no partido xudicial de Lalín e na comarca xeográfica do Deza, lindando coas provincia da Lugo -concellos de Antas de Ulla, Taboada, Chantada e Carballedo- e Ourense -concellos de Cea e Piñor, ademais dos concellos da propia provincia de Pontevedra, Lalín, Agolada e Dozón.
Ocupa unha superficie total algo superior ós 153 quilómetros cadrados cun total de 143 entidades de poboación dispersas en vinte parroquias diferentes: Alceme, Arnego, Asperelo, Az, San salvador de Camba, San Xoán de Camba, Santa Baia de Camba, Carboentes, Fafián, Guillar, Negrelos, Pedroso, Pescoso, A Portela, Río, Riobó, Rodeiro, Salto, Senra e Vilela, nas que residen ó redor de cinco mil cincocentos habitantes.
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían , agás a de Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia de Salto dependía do señorío do Mosteiro de Oseira.
No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro.
No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia. |
2.3. |
Historia arquivística |
A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e planta, que foi complementada recentemente cunha edificación de nova construcción próxima que se une a propia casa do concello a modo de ampliación posterior, resultando un amplo espacio para a disposición dos diferentes servizos municipais.
O local de arquivo disponse nunha sala de forma practicamente rectangular na segunda planta do novo edificio. Conta o local cunha pequena sala anexa para traballo e consulta.
Ten unha superficie superior ós corenta e cinco metros cadrados suficiente na actualidade e dotada dunhas axeitadas condicións de habitabilidade, calefacción e ventilación.
Instaláronse neste local estanterías de madeira, construídas para esta función, alcanzando os 186 metros lineais que se foron ocupando en sucesivas remisións documentais.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, realizando dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1998, 1999, 2003, 2006, 2009, 2011 e 2013.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Inés Pájaro Porral Fé Cortiñas Rodríguez María José Rodríguez González José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Ramón López Fernández José Luis Varela Ledo José Mario Gómez Penide Marta Lucio Gómez María del Carmen Fariña Fernández Jacobo Domínguez Pedreira Francisco Orge Ventín Jorge García García José Gago García-Bravo Alberto Aramburu García-Pintos Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez
|
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A información que resulta dos instrumentos de descrición constata unha perda documental importante, sendo en moitas series o ano 1900 a data extrema.
Entre elas, especialmente relevante é a perda dos libros de actas do Pleno do período 1836 a 1899 e de 1905 a 1910, que impide dispor neste arquivo dunha necesaria e preferente fonte de información.
O maior volume documental corresponde á elaboración e xestión dos orzamentos municipais, sendo ademais a documentación máis antiga, agás documentos illados. Son importantes tamén os documentos referidos ó control urbanístico e das obras de particulares ou das quintas e recrutamentos, conservados dende 1901. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Rodeiro” Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 25 D.L. PO-415-00 ISBN: 84-8457-033-9 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *"Arquivos municipais na comarca do Deza"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 *”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández. Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429. * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Rodeiro exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembro de 2016 |
|
 |
|
|