|
|
|
Arquivo municipal de Portas
|
|
Arquivo municipal de Portas |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
|
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36040.AMPORT. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Portas |
1.3. |
Datas |
1827-2017 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
1.663 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
|
|
|
|
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Portas |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O territorio do concello de Portas sitúase na zona centro da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Barro, Meis e Vilanova de Arousa.
Ocupa unha superficie total superior ós vinte e tres quilómetros cadrados, con cincuenta e nove entidades de poboación dispersas nas súas catro parroquias: Portas, Lantaño, Briallos e Romai, nas que residen algo máis de tres mil habitantes.
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Portas e Romai dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor, con señorío do conde de Graxal, e as de Briallos e Lantaño da xurisdicción de Vilanova, con señorío do arcebispo de Santiago.
No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, formaba parte do concello de Trasumia, xunto co actual concello de Barro. No ano 1836 créase como concello independente, coa configuración actual que se mantén sen modificacións reseñables agás certos cambios de capitalidade e de instalación da casa do concello. |
2.3. |
Historia arquivística |
Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais do século vinte, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, situada nun contorno concibido como área de servizos do concello, xunto co centro de saúde, casa de cultura, pavillón de deportes e centros escolares.
Distribúese a casa do concello en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta. O baixo dedícase a oficinas e servizos municipais; a primeira planta acolle despachos e salón de sesións; no baixo cuberta é onde se dispón o arquivo. Destaca no conxunto da edificación o resalte da zona central da fachada principal tanto en altura coma cara ó exterior.
Como dixemos, o local do arquivo municipal ocupa actualmente o baixo cuberta, remozado e adaptado para o efecto e con acceso directo dende a planta baixa mediante unha ampla escalinata central. Distribúese en tres salas cun total aproximado de setenta metros cadrados, nas que se procedeu á instalación dos equipamentos necesarios para a súa función de tratamento e conservación documental. Combina estantería metálica e de madeira, con máis de cento vinte metros lineais, abondos para os fondos existentes.
Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición, renovada instalación eléctrica e axeitadas condicións de habitabilidade e de illamento.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1993, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado a un novo local, no ano 2000.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Castro Carpintero María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Balchada Bermúdez Iria Chaves Moledo Ángela Garra Oubiña Móñica Núñez Carro María Lede Pérez Alberto Aramburu García-Pintos Pablo Pastoriza Rozas Fátima Baña Hernanz Paula Boullosa Rodríguez Leticia García Otero Lucas Ferreirós Ruíz María Sonia Novoa Novoa Yago Vidal Riveiro
Rocío Carballo López
|
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
|
|
|
|
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A maior parte dos fondos documentais corresponden ó século vinte con algunhas perdas documentais En todo caso consérvase en bo estado un elevado volume documental, especialmente significativo e completo no caso dos libros de actas do Pleno dende 1837; tamén hai documentación electoral dende 1845, referida ás quintas dende 1838, ou da xestión presupostaria e da contribución territorial dende 1850.
Aquela documentación referida ó control e xestión presupostaria e ós impostos da contribución territorial rústica e urbana é a máis abundante, xunto coas obras municipais e dos particulares. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
|
|
|
|
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Portas” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 27 D.L. PO-65-01 ISBN: 84-8457-051-7 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra "depontevedra.es” |
|
|
|
|
|
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Portas exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
|
|
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Abril de 2017 |
|
|
|
|