[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal do Porriño


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal do Porriño

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36039.AMPOR.
1.2. Título Arquivo municipal do Porriño
1.3. Datas 1871-2003
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 3.351 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello do Porriño
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do concello do Porriño sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na comarca da Louriña, dentro do espacio natural do Baixo Miño.

Linda cos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui e Gondomar.

Ocupa unha superficie superior ós sesenta e un quilómetros cadrados, con cento trece entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias: Atios, San Salvador de Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros, nas que residen cáseque dezasete mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños.

Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello de Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924.

É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre amenada, a profusión de vans e a rica ornamentación.

Arde esta edificación no ano 1976, destruíndose na práctica totalidade o seu interior; a reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e conlevou a ampliación lateral do edificio en datas máis recentes.

Instalábase o arquivo ata a última ampliación na torre que resalta na casa do concello, con evidentes necesidades espaciais e sensibles problemas de humidade. Por elo se considerou necesario instalar un novo local que mellorase as condicións de conservación documental.

O local dedicado na actualidade a arquivo sitúase no soto da casa do concello, con acceso dende a planta baixa, rehabilitando para este uso unha sala practicamente rectangular, dotada dos equipamentos precisos para a súa función, especialmente estantería metálica compactada, ordenador e mesa de consulta. Presenta xa unha clara insuficiencia para albergar a inxente producción documental do concello.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1993, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, no ano 2003.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Beatriz Barciela Castrelos
José Luis Bustelo RodríguezMarina Díaz ParedesAna Gesteira PonceManuela González ReyPilar Lago González
Antonio López Bodaño
María Herminia Martínez Pereira
Marcos Meijueiro Rey
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Carmen Pérez Larrán
María José Villanueva Viñas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O incendio do 25 de setembro de 1976 conlevou a desaparición da maior parte da documentación xerada polo concello. Soamente se salvaron os libros de actas do Pleno dende 1900, os da Comisión Municipal Permanente dende 1924 e da Xunta Municipal de Asociados dende 1901 ata 1924.

Consérvanse ademais algúns documentos de patrimonio e de persoal dende 1916 e 1924 respectivamente, así como os padróns de habitantes e quintas dende 1970 ou eleccións dende 1966. A documentación presupostaria máis antiga é de 1975.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello do Porriño”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 52
D.L. PO-383-03 ISBN: 84-8457-168-8
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal do Porriño exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 14:02
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/