[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Oia


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Oia

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36036.AMOIA.
1.2. Título Arquivo municipal de Oia
1.3. Datas 1830-2016
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.085 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Oia
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do concello de Oia sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co Océano Atlántico e cos concellos de Baiona, Tomiño e O Rosal.

Ocupa unha superficie superior ós setenta e oitos quilómetros cadrados, con trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Burgueira, Loureza, Mougás, Oia, Pedornes e Viladesuso, nas que residen máis de tres mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdiccións de Oia, con señorío do seu mosteiro.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Tui, créase no ano 1836 o concello de Oia, coa mesma configuración física actual, sen modificacións posteriores significativas.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello atópase a carón da estrada que vai de Baiona ata A Guarda; e sendo unha edificación exenta, en pedra, distribuída en baixo e planta, cunha preeminencia da horizontalidade na súa concepción constructiva, recentemente ampliada coa utilización da vivenda anexa para esta finalidade.

O principal local do arquivo sitúase na ala esquerda da planta baixa, a carón das dependencias do Xulgado de Paz. É unha pequena sala rectangular, con algo más de vintedous metros cadrados de superficie, dotada dos equipamentos necesarios, de acordo co plano, para a función de almacenamento documental; conta na actualidade cunhas condicións de habitabilidade idóneas, estantería metálica e ficheiro.

A súa insuficiencia espacial conlevou a utilización dunha nova sala, ubicada na parte posterior da mesma planta baixa, que duplica o espazo do arquivo e permite dispor de zona de traballo e consulta.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1992, acometéndose dende entón dous novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluíndo a mellora e ampliación do local, nos anos 2002, 2007, 2009, 2010, 2012 e 2016.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
María José Vilas Barreiro
Antonio López Bodaño
Marcos Meijueiro Rey
José Luis Bustelo Rodríguez
Ana María Vallés Castro
Jaime Moiño Vaamonde
Daniel Menéndez Rodríguez
Roberto Rodríguez Álvarez
Julio Rafael Pereira Bernárdez
María Cristina Vilar Misa
Alberto Aramburu García-Pintos
María Lede Pérez
Alfonso Gómez Martínez
Aída María Pérez Martínez
Miguel Martínez Puig
Lara María Moldes González
Javier López Sáez
Rita María Fernández Domínguez
Ángela López Prieto
María del Mar Lemiña Lemus

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A maior parte da documentación corresponde ó século XX, con bastantes testemuños do século anterior, especialmente significativos no caso das actas dos órganos colexiados de goberno; consérvase a totalidade dos libros de actas do Pleno dende 1830 e dos da Comisión Municipal Permanente dende 1924.

A documentación das quintas e milicias alcanza ata o ano 1856, con certa continuidade, o mesmo que ocorre coa documentación contable, neste caso dende 1837; son moitas as series que acadan as primeiras décadas do século dezanove; tal é o caso das relacionadas cos procesos electorais, sanidade, ou mesmo cos padróns municipais de habitantes.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Oia”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 46
D.L. PO-280-03 ISBN 84-8457-157-2
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Oia exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/09/2016 13:23
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/