[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal das Neves


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal das Neves

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36034.AMNEV.
1.2. Título Arquivo municipal das Neves
1.3. Datas 1764-2016
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.910 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello das Neves
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello das Neves enclábase na comarca do Condado dentro do Partido Xudicial de Ponteareas; ten unha superficie total de 67 kilómetros cadrados e fórmano un conxunto de trece parroquias: San Pedro e Santa Eulalia de Batalláns, Cerdeira, Liñares, As Neves, Rubiós, Setados, Taboexa, Tortoreos, Vide e San Cibrán, San Xosé e Santiago de Ribarteme.

Constitucionalmente créase o concello dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, co nome de Setados, con capitalidade neste mesmo lugar e formado por doce parroquias. Será no ano 1904, creada xa a parroquia de As Neves segregada da de Setados e logo do traslado da capitalidade na década dos sesenta do século pasado, cando se faga efectivo o cambio de nome do concello pasando á denominación que hoxe se conserva.

2.3. Historia arquivística

O arquivo municipal encóntrase na casa do concello, edificio singular en granito construído nos primeiros anos da década dos cincuenta e remozado no periodo comprendido entre 1985 e 1992.

O local adicado específicamente á conservación do volume documental existente disponse no semisótano da casa do concello, con acceso dende o exterior e anexo á biblioteca municipal, ocupando na actualidade tres salas.

Nestas instalacións leváronse a cabo no seu día obras para mellora-las condicións de habitabilidade, espacio, iluminación e ventilación, así como da seguridade necesaria para a axeitada conservación documental. De todo elo resultan tres salas rectangulares, con forma alongada, duns 70 metros cadrados de superficie, cunha altura próxima ós tres metros e medio, remozadas na súa totalidade, nas que se forn dispondo según o foi requerindo a capacidade de almacenamento a estanteria metálica na que ubica-las unidades de instalación.

Contan ademáis estes locais con deshumidificador, ficheiro e mesa de consulta e traballo.

O proceso de organización dos fondos documentais conservados no arquivo municipal das Neves por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental iniciase por vez primeira no ano 1990, sobre unha documentación parcialmente organizada pero carente de instrumentos de descrición e cun nivel de conservación aceptable.

A partires desta actuación desenvolveronse sucesivos procesos de actualización e reincorporación documental, así como a adaptación ó novo cadro de clasificación adoptado a nivel nacional nos últimos anos e a informatización dos instumentos de descrición, nos anos 1992, 1994, 1998, 2000, 2002, 2005, 2006, 2009, 2011, 2012, 2013 e 2016.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
José Luis Castro Carpintero
Manuela González Rey
Paula Fernández Bañuelos
Carmen Touzón Fernández
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Begoña Pérez Losada
Montserrat Romero Alonso
Francisco Orge Ventín
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Isabel Couso Bravo
Alberto Aramburu García Pintos
Antón Ulla Cobián
Iria Chaves Moledo
Paula Boullosa Rodríguez
Diego González Gómez
Yago Vidal Riveiro
Leticia García Otero
Rocío Carballo López
Lucas Ferreirós Ruíz

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

En todo caso o cambio de capitalidade, algún constatado proceso de reciclaxe de papel e as condicións ambientais implicaron a desaparición dunha parte de documentación que debería de existir, chegando de tódolos xeitos unha boa porcentaxe da mesma ata os nosos días.

A maior parte do volumen documental corresponde ó seculo XX, resultado maiormente da xestión económica do concello e da prestación de variados servizos, especialmente os relacionados coas obras. Non presenta este fondo singularidades especiais, sendo notables as perdas nos libros de actas do antigo Concello de Setados.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello das Neves”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 12
D.L. PO-31-00 ISBN: 84-89690-91-X
*"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292
*”Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
*"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas.
Tomo I, pgs. 233-246.
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal das Neves exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Decembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/12/2016 11:17
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/