|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36033.AMMOS. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Mos |
1.3. |
Datas |
1875-2017 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
8.466 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Mos |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Mos sitúase no val do río Louro, a carón dos concellos de Vigo, Redondela e Porriño. Conta cunha superficie total próxima ós 51 quilómetros cadrados nos que se distribúen as súas dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.
Tradicionalmente o concello incluíase no partido xudicial de Redondela, sendo agregado nas súas sucesivas desaparicións no de Vigo, Tui e finalmente no de Porriño.
Este concello establécese constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos variacións apreciables agás as referidas ós sucesivos cambios de capitalidade. |
2.3. |
Historia arquivística |
Inicialmente o arquivo ocupaba o baixo cuberta da casa do concello, edificio illado a carón da autovía, en granito, de mediados de século, con baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, no que resalta unha torre central. O arquivo formábano varias salas intercomunicadas cun total de 64 metros cadrados e 145 metros lineais de estanterías.
En todo caso a ubicación e a insuficiencia do local motiva o traslado á planta baixa dunha edificación municipal en Petelos, próxima á casa do concello, no que tamén se encontran na súa primeira planta entre outros servizos a biblioteca municipal.
Este novo local, que ten una forma cadrada, foi convenientemente axeitado para o seu fin, cunhas condicións de habitabilidade notables, con ventilación e iluminación suficiente e con equipamentos meritorios, destacando entre eles o sistema compactado de estantería e o mobiliario para traballo e consulta.
Por último, tamén por ocupación plena dos espazos existentes, optouse por habilitar un novo local de arquivo, primeiro de forma provicional na segunda planta do edificio de Centro de Desenvolvemento Local do concello de Mos en Puxeiros e posteriormente nun edificio próximo destino a diversos servizos municiapis; equipóuse este amplo local, con máis de 250 metros cadrados, con estantería metálica compactada, nunha ampla sala na que se instalaron os documentos remitidos dende as oficinas relativos aos últimos anos de xestión.
O proceso de organización dos fondos documentais iníciase no ano 1990 coincidindo coa adecuación dun espacio adicado ó arquivo municipal na torre e no baixo cuberta da propia casa do Concello.
En sucesivas etapas prodúcense reincorporacións e actualizacións documentais nos anos 1991, 1994, 1999, 2003, 2005, 2008, 2012, 2014 e 2017 coa adpatación ó novo cadro de clasificación proposto para o seu uso a nivel nacional.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Edelmira Cortegoso Graña Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Nuria Hoyos Silva María del Carmen Pereira Pazos Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo José Luis Castro Carpintero Manuela González Rey Eva González Rodríguez Álvaro Rodríguez Cid María Herminia Martínez Pereira Ana María Valles Castro Jaime Moiño Vaamonde Daniel Menéndez Rodríguez Iñaki Varela Pérez Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández María Torres Hermida Ángela Garra Oubiña Aída María Pérez Martínez Alberto Aramburu García Pintos Javier López Sáez Lara Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín Rubén Suárez Iglesias Gabriel González Díaz
|
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
O documento máis antigo e do ano 1875 e incluso nas propias actas do pleno no alcanza máis alá do ano 1908. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Mos” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 11 D.L. PO-30-00 ISBN: 84-89690-89-8 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Mos exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
 |
|