[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Moraña


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Moraña

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36032.AMMOR.
1.2. Título Arquivo municipal de Moraña
1.3. Datas 1837-2015
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 2.305 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Moraña
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra.

Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello é unha edificación en pedra, distribuída en baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, que na actualidade é insuficiente para acoller todos os servizos que se prestan dende o concello.

Neste edificio ocupa o arquivo un pequeno espacio no baixo cuberta que se foi reducindo co paso dos anos a fin de poder situar outros servizos e que derivou na necesidade de buscar un espacio fóra da casa do concello para a conservación documental, deixando este pequeno local para aquela documentación de tramitación recente ou de uso habitual.

A tal fin rebozouse e reformouse unha antiga escola unitaria no mesmo casco urbano e así contar cun espacio de depósito, sanitarios, tratamento e consulta dos fondos documentais conservados no concello. Resulta un local de máis de setenta metros cadrados, con algo máis da metade dedicada á colocación de estantes nos que gardar a documentación.

Neste local procedeuse á instalación en fases sucesivas dos equipamentos necesarios para a función de almacenamento e tratamento documental contando na actualidade cunhas condicións idóneas de habitabilidade, seguridade, illamento, ventilación e iluminación, así como con máis de cento cincuenta metros lineais de estantería metálica, deshumidificador, mesa de consulta e ficheiro.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluído o traslado a un novo local, nos anos 1991, 2000, 2005, 2007, 2009, 2012 e 2016.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Elena Aguete Landín
Isabel Balchada Bermúdez
José Luis Castro Carpintero
Iria Chaves Moledo
Manuela González Rey
Cristina Peleteiro Gallego
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez
Jacobo Domínguez Pedreira
Isabel Couso Bravo
Alberto Aramburu García-Pintos
María Lede Pérez
Alfonso Gómez Martín
Francisco Orge Ventín
Lara María Moldes González
Miguel Martínez Puig
Olalla Barreiro Molano
Rita María Fernández Domínguez
María del Mar Lemiña Lemus
Ángela López Prieto

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A práctica totalidade dos fondos corresponden ó século vinte con apenas setenta expedientes do dezanove. Entre as perdas documentais destacan os libros de actas dende 1850 a 1886 ou os da Xunta Municipal de Asociados, anteriores a 1895. A documentación electoral non vai máis alá de 1949 coa excepción dunha referencia á cita electoral do ano 1925. Os padróns de habitantes teñen testemuños dende 1901 e a documentación presupostaria dende 1886 con certa continuidade, resultando ser o fondo máis voluminoso.
3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Moraña”
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 31
D.L. PO-69-01 - ISBN: 84-8457-087-8
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 14:02
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/