|
 |
|
Arquivo municipal de Mondariz-Balneario
|
|
Arquivo municipal de Mondariz-Balneario |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36031.AMMONBAL. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Mondariz-Balneario |
1.3. |
Datas |
1899-2017 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
1.052 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Mondariz-Balneario |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Mondariz-Balneario ocupa unha superficie non superior ós 2,5 quilómetros cadrados, cunha única parroquia, a de Nosa Señora de Lourdes, e tres entidades singulares de poboación: O Pazo, San Pedro e Mondariz-Balneario. Nelas residen algo máis de setecentos habitantes.
Inclúese este territorio no partido xudicial de Ponteareas e na comarca xeográfica do Condado; no antigo réxime pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño.
O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a se-lo antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado. |
2.3. |
Historia arquivística |
O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servizos municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións.
O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular, nun dos laterais da sala de exposicións da segunda planta. Neste espacio instaláronse un total de setenta e cinco metros lineais de estantes metálicos para a colocación das unidades de instalación en caixas de cartón ríxido, que son suficientes para os fondos existentes na actualidade. Carece o local de luz natural e ventilación suficiente, pero dispón de mesa de traballo e consulta.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos nos anos 1995, 1998, 1999, 2002, 2005, 2007, 2010, 2013 e 2017.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Elena Aguete Landín José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey Inés Pájaro Porral Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Iñaki Varela Pérez Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez Roberto Rodríguez Álvarez
Julio Rafael Pereira Bernárdez Alberto Aramburu García-Pintos Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Paula Boullosa Rodríguez Diego Ares Tapia
David Vale Díaz |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Non presenta particularidade ningunha con respecto doutros fondos municipais cunha notable presencia de testemuños das seccións Facenda e Servizos, conservándose a totalidade das actas de sesións dos órganos colexiados do Concello. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Mondariz-Balneario” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 21 D.L. PO-411-00 ISBN: 84-8457-030-4 *"Arquivos municipais do Condado"/ José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs.275-292 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 *"Arquivos municipais do Condado" / José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista SOBEROSUM: Revista de Estudios Museo Municipal de Ponteareas. Tomo I, pgs. 233-246. * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembro de 2017 |
|
 |
|
|