|
 |
|
Arquivo municipal de Meaño
|
|
Arquivo municipal de Meaño |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36027.AMMEA. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Meaño |
1.3. |
Datas |
1846-2013 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
2.363 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Meaño |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Meaño sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Ribadumia, Meis, Poio, Sanxenxo e Cambados, dentro do que se coñece como Comarca do Salnés.
Conta cun total de 58 entidades de poboación dispersas en sete parroquias diferentes: Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil, nas que residen algo máis de seis mil habitantes.
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a da Lanzada na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago e que ocupaba as parroquias de Covas, Dena, Xil, Lores, Meaño e Padrenda; e o couto de Simes con xurisdiccións do mosteiro de San Xoán de Poio.
No proceso de establecemento constitucional dos concellos culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Cambados, establécense os concellos de Carril, Vilaxoán, Meaño, Meis, Sanxenxo, O Grove, Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.
No caso de Meaño queda integrado polas sete parroquias que aínda hoxe o compoñen e non se ten producido modificación ningunha na súa configuración ó longo dos anos. |
2.3. |
Historia arquivística |
Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha moderna edificación de finais dos anos setenta, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta e aproveitamento do baixo cuberta, amplo espacio no que se situou no seu día, trala oportuna reforma e adaptación, o arquivo municipal, con acceso directo dende as oficinas municipais.
Unha posterior reforma modificou a estructura da segunda planta, habilitando espazos para oficiñas e unha sala cuadrangular específica para o arquivo.
No ano 2012 habilitouse un novo local no semisoto da casa do concello, con estantería compactada, para complementar as instalacións existentes e dispor noesmo a documentación máis recente.
.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1991, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1997, 1998, 2002, 2005, 2007, 2009, 2012, 2013 e 2014.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Iria Chaves Moledo María Jesús Cuesta de Pedro Pilar Gil Romero María del Carmen Fariña Fernández Manuela González Rey Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Francisco Redondo Abal Carmen Touzón Fernández María José Villanueva Viñas María Lede Pérez
Alfonso Gómez Martín Isabel Couso Bravo Francisco Orge Ventín Antón Ulla Cobián
Alberto Aramburu García-Pintos Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas
|
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
A práctica totalidade da documentación non vai máis alá de 1946 por mor da destrucción documental sufrido polo incendio da casa do concello e do xulgado de paz.
Estas perdas de fondos documentais do século XIX son moi significativas especialmente as dos libros de actas do Pleno. A maior parte dos fondos pertencen á sección de Facenda e de Servizos. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Meaño” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 20 D.L. PO-410-00 ISBN: 84-8457-027-4 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Meaño exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standar Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembro de 2016 |
|
 |
|
|