|
 |
|
Arquivo municipal de Forcarei
|
|
Arquivo municipal de Forcarei |
|
Descrición FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36018.AMFORC. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Forcarei |
1.3. |
Datas |
1822-2014 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
3.214 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Forcarei |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Forcarei enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 98 entidades de poboación dispersas en 165 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de 6.000 habitantes.
Forman o concello actualmente un total de 13 parroquias: Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras, Quintillán e Ventoxo.
No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen todas as parroquias deste concello.
Inicialmente no partido xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, funcionaban a finais do século XVII e primeiros do XIX de forma irregular os concellos de Millarada, Quintillán e Presqueiras.
Na constitución definitiva dos concellos de 1836 establécese para o partido xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo.
Créase cun total de once parroquias, ampliadas ás trece actuais pola creación de Santa María de Presqueiras en 1867, segregada da de San Miguel de Presqueiras; e a de Santa Mariña de Castrelo, en 1872 procedente do concello de Cerdedo. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868, e varios cambios de capitalidade e, incluso, de denominación pola de Soutelo de Montes no período 1858 a 1862. |
2.3. |
Historia arquivística |
A actual casa do concello é unha moderna construcción que se rematou en 1980; organizada en catro volumes de diferentes alturas, integrouse no contorno dunha ampla praza, tomando como material principal formigón armado, estructuras metálicas e abundante acristalamento.
Dentro desta mostra de construcción civil contemporánea a maior parte das oficinas e o un dos locais do propio arquivo atópanse na planta baixa, nunha situación idónea que permite o seu uso frecuente.
Na actualidade o arquivo doisponse en dous locais. O local dedicado a arquivo da planta baixa ten forma rectangular, con ventilación e iluminación suficientes, contando coas adecuadas condicións de habitabilidade e cos equipamentos necesarios para as súas funcións de conservación e información documental.O local dispon dun total de trinta e oito metros cadrados nos que se instalou recentemente estantería metálica compactada na procura dun maior aproveitamento espacial posible.
A insuficiencia do espazo obrigou a habilitar un novo local na segunda planta, nunha ampla sala rectangular, con acceso dende a escalinata exterior da parte traseira do edificio. Nesta dependencia instalaronse estanterías metálicas nas que se dispuxo a documentación xa organizada.
A primeira actuación do Servizo Técnico do Patrimonio Documental no arquivo do Concello de Forcarei desenvolveuse en 1991, conseguíndose centralizala documentación nun só local e a instalación e disposición para a súa adecuada conservación e manexo. En sucesivas etapas, nos anos 1992, 1996, 1998, 2005, 2009 e 2012 levouse a cabo a adaptación ó novo cadro proposta a nivel nacional para organizar arquivos municipais, a incorporación de novos fondos documentais e a informatización dos instrumentos de descrición.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Isabel Balchada Bermúdez José Luis Castro Carpintero Edelmira Cortegoso Graña María del Carmen Fariña Fernández Josefa Fernández Ayuso Manuela González Rey Francisco José Orge Ventín Lara María Moldes González María Begoña Pérez Losada Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Montserrat Romero Alonso María Torres Hermida Carmen Touzón Fernández María Díaz Rey
Alberto Aramburu García-Pintos Olalla Barreiro Molano Francisco Orge Ventín
|
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Notable ausencia son a práctica totalidade dos libros de actas do Pleno anteriores a 1922, agás do período 1850-1854, e a ausencia de testemuños do funcionamento da Xunta Municipal de Asociados. A maior parte da documentación, seguindo o patrón típico dos arquivos municipais desta provincia é recente e pertence ás seccións de Facenda e Servizos, especialmente relacionada coa xestión e control presupostario, as contribucións territoriais rústica e urbana e o control e fomento urbanístico. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Forcarei” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 18 D.L. PO-108-00 ISBN: 84-8457-013-4 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Forcarei exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembro de 2016 |
|
 |
|
|