[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal da Estrada


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal da Estrada

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36017.AMEST.
1.2. Título Arquivo municipal da Estrada
1.3. Datas 1840-2008
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 11.420 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello da Estrada
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda.

Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo.

O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

2.3. Historia arquivística

A casa do concello é unha destacada construcción, exenta, en pedra construída nos primeiros anos do século XX, inaugurada en 1912.

Distribúese interiormente, logo de sucesivas reformas, en baixo, tres plantas e baixo cuberta, mentres que o exterior mantén a súa estructura orixinal, na que destaca a profusión de vans, o corpo central con cinco arcos de medio punto que serven de acceso e a torre lateral abovedada.

O local dedicado a arquivo viña ocupando a práctica totalidade do baixo cuberta, con dúas amplas salas de depósito e despacho para o persoal e cunha pequena sala na terceira planta que lle servía de complemento. Todas estas instalacións contaban cunhas boas condicións de habitabilidade, luminosidade e ventilación e uns equipamentos axeitados.

En todo caso o elevado volume documental provocou a busca de novos espacios para a custodia do patrimonio documental decidindo o Concello a construcción dunha edificación na que se dedica unha planta completa a arquivo, con dúas zonas de depósito e un despacho na parte central, dotada de estantería compactada.

A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1985-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado de local nos anos 2002, 2003, 2005, 2007, 2009 e 2010.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC e da funcionaria municipal adscrita a esta función, leváronos a cabo:
María Jesús Fernández Bascuas
José Manuel Castaño García
Antonio J. María Fortes Campos
María Eugenia Valenzuela Senn
Vanessa Lardo Guiance
Raquel Torres Fernández
Dolores Ríos Valiñas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

En realidade este elevado volume documental dos maiores conservados nos concellos da provincia, presenta notorias perdas documentais especialmente no referido á documentación xerada no século XIX.

Documentación referida ás quintas e milicias non se conserva con anterioridade a 1920; no caso das eleccións dende 1924; os padróns de habitantes e censos de poboación dende 1924; aquela que se refire ás obras municipais e particulares dende 1890 agás algún expediente solto.

O mesmo ocorre coa documentación derivada do control e xestión presupostaria que se conserva con certa continuidade dende 1894. Incluso dos libros de actas dos órganos colexiados faltan algúns testemuños correspondentes o concello de Cereixo (anteriores a 1841) ou dos anos 1860 a 1869, entre outros.

A maior parte do fondo conservado (mais dun 35%) corresponde a sección de Facenda, tanto referida a cuestións presupostarias coma retributivas ou recadatorias. Pola contra a metade dos elementos descritivos que conforman o inventario detallado corresponden ás obras particulares e municipais e ás industrias

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello da Estrada”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 51.
D.L. PO -385-03 ISBN: 84-8457-171-8
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal da Estrada exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2106

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:41
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/