[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Crecente


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Crecente

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36014.AMCRE.
1.2. Título Arquivo municipal de Crecente
1.3. Datas 1694-2014
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 1.703 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Crecente
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes.

No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio.

Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo.

Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.

2.3. Historia arquivística

A actual casa do concello de Crecente resulta da reforma levada a cabo no ano 1950, na que se procedeu ó derribo da anterior e a levantar unha construcción con baixo e planta, en pedra, que unificaba as antigas casas do concello e a escola de nenos e vivenda de mestres. Logo realizaríanse reformas nos anos 1961 e 1979 e finalmente na década dos noventa; foi nesta última cando se rehabilitou e acondicionou o espacio existente baixo cuberta, ben comunicado coa primeira planta na que están as dependencias municipais, tanto administrativas como a Alcaldía. Na planta baixa encóntrase hoxe a biblioteca municipal, o salón de sesións e o servizo de correos.

Na superficie baixo cuberta distribuíronse dúas zonas simétricas, a cada lado da escalinata de acceso, destinándose toda a zona dereita para o arquivo municipal. Resulta un local, distribuído en tres salas intercomunicadas, cunha superficie total superior ós sesenta metros cadrados. O local foi reformado na súa totalidade, dotado de medios de illamento térmico e conta con dúas ventás nun lateral que permiten a súa ventilación e iluminación natural regulada.

Procedeuse á instalación dos elementos necesarios para dispor os fondos, con estantería suficiente, ademais de mesa de consulta e o correspondente ficheiro metálico.

Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca do Paradanta, por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991. Dende entón téñense levado a cabo varias reincorporacións documentais, nos anos 1992, 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, 2013 e 2014 na procura da súa actualización e adaptación ó sistema proposto a nivel nacional para a organización de arquivos municipais. Neste proceso acometeuse tamén a informatización dos seus instrumentos de descrición que permiten un axeitado manexo e accesibilidade a información contida neste arquivo.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
Rosana Alonso Comesaña
José Luis Bustelo Rodríguez
José Luis Castro Carpintero
Jacobo Domínguez Pedreira
Juan Lorenzo García Sánchez
Manuela González Rey
María del Coro Lomas Lara
Roxelio Guillerme Pérez Agulla
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Ana María Valles Castro
Iñaki Varela Pérez
Jorge Vidal López
Alberto Aramburu García-Pintos
Isabel Couso Bravo
Francisco José Orge Ventín
Antón Ulla Cobián
Iria Chaves Moledo
Fátima Baña Hernanz
Pablo Pastoriza Rozas

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

O fondo documental, a pesares das deficiencias de conservación, presentaba un elevado nivel de organización, así como a conservación nas propias oficinas dunha gran parte do fondo e contaba incluso cun inventario da mesma.

Sería no proceso da reforma da superficie baixo cuberta e do seu último traslado cando perdeu esta organización e derivou nun montón de expedientes e libros acumulados sen orden algún, o que dificultou enormemente o proceso definitivo de organización.

Na súa maior parte corresponde ó século XX, aínda que se atopan series abundantes do século XIX e incluso algunhas escrituras de censo e de compravenda dos anos 1694 a 1888.

Os órganos de goberno colexiados ven reflexadas as súas actuacións e decisións nas actas do Pleno, conservadas non sempre en bo estado dende 1843, faltando os anos 1836 a 1842, 1900 e de 1933 a 1935; as da Xunta Municipal conservadas corresponden ó período 1901 a 1924 e as da Comisión Municipal Permanente están completas dende 1924, coa excepción do período 1932 a 1948 no que non existiu.

A elaboración e xestión das contas municipais está documentada dende 1844, e poden encontrarse documentos referidos ás quintas dende 1898. O resto da documentación producida na xestión administrativa e dos distintos servizos municipais non ten testemuñas máis ca do século actual.

Como é habitual noutros arquivos consérvanse outros fondos documentais, relacionados neste caso coa mancomunidade do Condado, dende 1985, e coa do Paradanta, así como a documentación conservada do xulgado de paz.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario arquivo do concello de Crecente”
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 15
D.L. PO-105-00 ISBN: 84-8457-010-X
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*"Arquivos municipais da comarca do Paradanta" José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 07/09/2016 09:23
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/