|
 |
|
Arquivo municipal de Covelo
|
|
Arquivo municipal de Covelo |
|
Descricion FONDO. Norma ISAD (G)
 |
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36013.AMCOV. |
1.2. |
Título |
Arquivo municipal de Covelo |
1.3. |
Datas |
1809-2013 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
1.541 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade |
|
 |
 |
 |
 |
2.1. |
Nome do produtor |
Concello de Covelo |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda.
Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns.
Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo. |
2.3. |
Historia arquivística |
A casa do concello é unha edificación en pedra, que logo da reforma dos anos 1985-1987 conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, biblioteca e outros servizos; unha primeira planta onde se dispoñen as oficinas municipais e a Alcaldía, e unha segunda habilitada como salón de sesións.
Finalmente, na estructura baixo a cuberta dispúxose o local de arquivo municipal e do xulgado de paz, con espacios anexos, usados como almacén.
A superficie total do baixo cuberta, superior ós cento trinta metros cadrados, foi no seu día adecuada para instalar o arquivo municipal, acometéndose en 1992 as reformas necesarias, separando as zonas de almacén e arquivo; unha boa parte foi destinada exclusivamente a arquivo municipal, con sesenta e catro metros cadrados, unha altura media de tres metros e dúas ventás para facilitar a súa ventilación e iluminación natural, e con medidas de illamento térmico.
Ademais foi dotado das instalacións necesarias para dispor a documentación, con preto de cen metros lineais de estantería metálica, ficheiro e mesa de traballo. Conseguiuse así unha mellora considerable das condicións de local, ó que só se lle pode obxectar a súa situación, lonxe das oficinas.
A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Covelo é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios mellorar o local do arquivo e dotar de instrumentos descritivos un fondo escaso pero practicamente organizado. Acometéronse dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, 2013 e 2014.
Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Manuela González Rey María del Carmen Pereira Pazos Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María del Pilar Rosales Vázquez María Teresa Túñez Landín Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Julio Rafael Pereira Bernárdez Roberto Rodríguez Álvarez
Alberto Aramburu García-Pintos Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González
Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas
|
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo. |
|
 |
 |
 |
 |
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Como se deduce do volume documental conservado, a pesar do coidado actual e das actuación dos últimos anos, foron moitas as perdas producidas, especialmente destacadas nas actas do Concello, que non van máis alá de 1901, faltando polo tanto todas as correspondentes ó século XIX, coa conseguinte perda dunha valiosísima fonte de información.
Si se conservan en cambio as actas da Xunta Municipal de Asociados dende 1873 a 1924 e as doutros órganos colexiados de goberno como a Comisión Municipal Permanente ou as diferentes xuntas , destacando a de Sanidade, dende 1889 a 1958, ou a Xunta Pericial, dende 1901 a 1965.
A pesar de contar con testemuños documentais dende 1809 a maior parte do fondo corresponde ó século XX e as seccións de Facenda, derivadas do control e xestión presupostaria, e de Servizos, principalmente relacionadas coas subseccións de obras e urbanismo, poboación e quintas e milicias. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes. |
3.3. |
Novos ingresos |
Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental. |
3.4. |
Organización |
CADRO DE CLASIFICACIÓN 1. GOBERNO
1.1. CONCELLO / PLENO |
|
|
1.2. ALCALDE |
|
|
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE |
|
|
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS |
|
|
|
|
|
2. ADMINISTRACIÓN
2.1. SECRETARÍA |
|
|
2.2. REXISTRO |
|
|
2.3. PATRIMONIO |
|
|
2.4. PERSOAL |
|
|
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL |
|
|
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES |
|
|
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL |
|
|
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL |
|
|
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS |
|
|
2.6. CONTRATACIÓN |
|
|
2.7. ARQUIVO |
|
|
3. SERVIZOS
3.1. OBRAS E URBANISMO |
|
|
3.1.1. PLANIFICACIÓN |
|
|
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS |
|
|
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS |
|
|
3.1.4. OBRAS PARTICULARES |
|
|
3.1.5. INDUSTRIAS |
|
|
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS |
|
|
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS |
|
|
3.3.2. MATADOIRO |
|
|
3.3.3. AUGA |
|
|
3.3.4. OMIC |
|
|
3.3.5. PÓSITO |
|
|
3.4. TRANSPORTES |
|
|
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ |
|
|
3.6. SANIDADE |
|
|
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL |
|
|
3.8. EDUCACIÓN |
|
|
3.9. CULTURA |
|
|
3.10. DEPORTES |
|
|
3.11. POBOACIÓN |
|
|
3.12. QUINTAS E MILICIAS |
|
|
3.13. ELECCIÓNS |
|
|
4. FACENDA
4.1. INTERVENCIÓN |
|
|
4.1.1. ASUNTOS XERAIS |
|
|
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS |
|
|
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS |
|
|
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS |
|
|
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN |
|
|
4.2.1. IMPOSTOS |
|
|
4.2.2. TAXAS |
|
|
4.3. TESOURERÍA |
|
|
4.3.1. CAIXA |
|
|
4.3.2. RECADACIÓN |
|
|
4.3.3. CONTAS BANCARIAS |
|
|
|
|
|
 |
 |
 |
 |
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes. |
4.2. |
Condición de reprodución |
Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados |
|
 |
 |
 |
 |
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...). |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial. |
5.4. |
Nota de publicacións |
*“Inventario arquivo do concello de Covelo” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 14 D.L. PO-104-00 ISBN: 84-8457-009-3 *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356. *"Arquivos municipais da comarca do Paradanta" José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260. "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 * Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es” |
|
 |
 |
 |
 |
6.1. |
Notas |
O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo. |
|
 |
 |
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC) |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G) |
7.3. |
Data da descripción |
Setembrod e 2016 |
|
 |
|
|