[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Cambados


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Cambados

Descrición FONDO. ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36006.AMCAMB.
1.2. Título Arquivo municipal de Cambados
1.3. Datas 1831-2016
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 6.651 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Cambados
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia.

Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois.

Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.

2.3. Historia arquivística

O patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión consérvase na casa do concello, edificio en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, de planta rectangular e perfectamente integrado no conxunto monumental da vila.

O espacio do arquivo municipal localízase no baixo cuberta, con acceso desde a primeira planta dedicada a oficinas municipais. Conta cunhas axeitadas condicións de habitabilidade, con iluminación natural controlada e ventilación adecuada.

Distribúense tres salas intercomunicadas e con acceso único, ocupando na actualidade cento trinta metros cadrados, que contan con estantes metálicos en diversas alturas dependendo da inclinación do teito. Os equipamentos complétanse con mesa de traballo e consulta e ficheiro metálico.

A falta de espazos obrigou a habiliatar un novo local de arquivo complementario na rúa lateral do concello, no semisoto do edificio que acollía anteriormente dependencias xudiciais. Nesta edificación o locla de arquivo instalase no semisoto, nunha sala rectangular, equipada con estantería metálica. Procedeus a trasladar a esta dependencia as 1.093 primeiras unidades de instalación, posibilitando ao local da casa do concello para a recibir nova documentación.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1987, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local, nos anos 1992, 1998, 1999, 2000, 2004, 2006, 2008, 2009 , 2011, 2012 , 2014, 2015 e 2016.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
María Jesús Abal Sabarís
Mónica Amigo Suárez
Esther del Castillo Fondevila
José Luis Castro Carpintero
Jacobo Domínguez Pedreira
María del Carmen Fariña Fernández
María Jesús Fernández Bascuas
Montserrat Fernández Vázquez
Lara María Moldes González
Rosa Mouriño Veloso
Francisco Orge Ventín
Silvia Patiño Bouzas
Norma Paz Vigo
Cristina Peleteiro Gallego
José Ramón Pérez Calvelo
Begoña Pérez Losada
Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo
Montserrat Romero Alonso
María Torres Hermida
Carmen Touzón Fernández
María José Viñuela Fuentes
María Díaz Rey
Iria Chaves Moledo
Alfonso Gómez Martín
María Lede Pérez
Miguel Martínez Puig
Olalla Barreiro Molano
Alberto Aramburu García-Pintos
Miguel Ángel Rocafort Ferradás
Antón Vázquez Escudero
Rita María Fernández Domínguez
María del Mar Lemiña Lemus
Ángela López Prieto
Josefa Fernández Ayuso
Edelmira Cortegoso Graña
Monserrat Fernández Vázquez
Antón Ulla Cobián

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A maior parte desta documentación corresponde ó século XX e ás seccións de Servizos e Facenda, especialmente procedentes da xestión e control de obras municipais e particulares e dos presupostos municipais.

Pola súa importancia destacan os libros de actas dos diferentes órganos de goberno e comisións dende 1837 aínda que non todos están ben conservados e existen certas perdas irreparables.

Destacaríamos do resto a completa serie de quintas dende 1840 ou dos presupostos ordinarios do Concello con referentes documentais dende 1850.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvedade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Archivo Municipal de Cambados”
Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 19
D.L. PO-107-92 ISBN: 84-86845-88-2
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*“Inventario arquivo do concello de Cambados"
Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 36
D.L. PO-616-01 ISBN: 84-8457-086-X
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/06/2017 12:38
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/