[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Arquivo municipal de Caldas de Reis


[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Arquivo municipal de Caldas de Reis

Descrición FONDO. Norma ISAD (G)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36005.AMCAL.
1.2. Título Arquivo municipal de Caldas de Reis
1.3. Datas 1799-2014
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 4.498 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Concello de Caldas de Reis
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes.

Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza.

No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar.

No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.

2.3. Historia arquivística

Atópase o arquivo na propia casa do concello, unha edificación tradicional en pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta e situada a carón da estrada N-550, que vai de Santiago a Tui e do río Umia. En todo caso o paso do tempo, a súa propia configuración e disposición motivan non poucas carencias entre as que se pode mencionar un espacio suficiente e axeitado para a conservación documental.

Os locais dedicados a arquivo municipal son na actualidade dúas salas practicamente cadradas e anexas aínda que con acceso independente; sitúanse na planta baixa da ala dereita do edificio, bordeando o patio interior; a pesar de seren rebozadas para esta finalidade contan con notorias deficiencias tanto de superficie útil e habitabilidade como de espacio para traballo e consulta.

Dispoñen dunha superficie total de trinta e oito metros cadrados, con ventilación e iluminación natural suficiente; nestes locais instaláronse no seu día estanterías metálicas para a disposición da totalidade da documentación conservada quedando case ocupada nesta última actuación.

Conta ademais o local con mesa de consulta e traballo, disposta no corredor de acceso, ficheiro metálico para os instrumentos de descrición e aparatos deshumidificadores para a regulación da humidade ambiental.

O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación nos anos 1990 e 1991,así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 2000, 2001, 2007, 2009, 2012. e 2015.

Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo:
María del Consuelo Amoedo Lorenzo
Elena Carro Cruz
César Manuel López Marras
María Jesús Núñez Portela
Begoña Pérez Losada
Damián Porto Rico
Carmen Touzón Fernández
Teresa Túñez Landín
Jacobo Domínguez Pedreira
Alfonso Ferreiro Monteagudo
Isabel Couso Bravo
Mercedes Estévez Ogando
Mónica Núñez Carro
Iria Chaves Moledo
Olalla Barreiro Molano
Francisco Orge VentínOscar Pena Espiño
Antón Vázquez Escudero
José Ángel Reyes González;
Miguel Ángel Rocafort Ferradás

2.4. Forma de ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

Pese a que a maior parte da documentación corresponde ó século XX aínda se aprecia un elevado volume documental do XIX, con documentos de quintas dende 1818, dos presupostos municipais dende 1821 ou con padróns de habitantes dende 1821, anque a máis significativa son os libros de nacidos, casados e defuntos dende 1841 ou das actas dos órganos colexiados de goberno tanto do Concello de Caldas de Reis como de Saiar conservados dende 1847; en todo caso tamén se aprecia, non poucas veces, un estado calamitoso e ilexible nun bo número de documentos antigos polos sucesivos avatares que teñen sufrido.

Naquela documentación máis actual destaca especialmente a derivada da xestión e control urbanístico, das obras propias e dos particulares e, sobre todo, do control presupostario e da xestión tributaria.

3.2. Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
3.3. Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
3.4. Organización
CADRO DE CLASIFICACIÓN

1. GOBERNO

1.1. CONCELLO / PLENO
1.2. ALCALDE
1.3. COMISIÓN DE GOBERNO/ COMISIÓN PERMANENTE
1.4. COMISIÓNS INFORMATIVAS E ESPECIAIS

2. ADMINISTRACIÓN

2.1. SECRETARÍA
2.2. REXISTRO
2.3. PATRIMONIO
2.4. PERSOAL
2.4.1. ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL
2.4.2. DISCIPLINA E CONTROL
2.4.3. CLASES PASIVAS/ SS / MUTUALIDADES
2.4.4. SELECCIÓN DE PERSOAL
2.4.5. REPRESENTACIÓN DO PERSOAL
2.5. SERVIZOS XURÍDICOS
2.6. CONTRATACIÓN
2.7. ARQUIVO

3. SERVIZOS

3.1. OBRAS E URBANISMO
3.1.1. PLANIFICACIÓN
3.1.2. PLANS DE OBRAS E SERVIZOS
3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS
3.1.4. OBRAS PARTICULARES
3.1.5. INDUSTRIAS
3.2. SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS
3.3. ABASTECEMENTOS E CONSUMOS
3.3.1. ABASTOS E CONSUMOS
3.3.2. MATADOIRO
3.3.3. AUGA
3.3.4. OMIC
3.3.5. PÓSITO
3.4. TRANSPORTES
3.5. SEGURIDADE CIDADÁ
3.6. SANIDADE
3.7. BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
3.8. EDUCACIÓN
3.9. CULTURA
3.10. DEPORTES
3.11. POBOACIÓN
3.12. QUINTAS E MILICIAS
3.13. ELECCIÓNS

4. FACENDA

4.1. INTERVENCIÓN
4.1.1. ASUNTOS XERAIS
4.1.2. PRESUPOSTOS ORDINARIOS
4.1.3. PRESUPOSTOS EXTRAORDINARIOS
4.1.4. PRESUPOSTOS DE INVESTIMENTOS
4.2. FINANCIACIÓN E TRIBUTACIÓN
4.2.1. IMPOSTOS
4.2.2. TAXAS
4.3. TESOURERÍA
4.3.1. CAIXA
4.3.2. RECADACIÓN
4.3.3. CONTAS BANCARIAS


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
4.2. Condición de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Castelán. Galego nalgúns documentos máis recentes.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
4.5. Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
5.3. Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
5.4. Nota de publicacións *“Inventario Archivo Municipal de Caldas de Reis”
Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 17
D.L. PO-109-92 ISBN: 84-86845-86-6
*"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356
*“Inventario arquivo do concello de Caldas de Reis"
Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 37
D.L. PO-617-01 ISBN: 84-8457-087-8
"Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257
* Páxina web da Deputación de Pontevedra “depontevedra.es”


6. Área de notas
6.1. Notas O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Servizo Técnico do Patrimonio Documental (STPDOC)
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G)
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/06/2017 10:40
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/