[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE AGOSTO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Colección Documental Gaspar Massó



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Árbore xenealóxica da Casa de Cereixo, que se inicia con Rui Pérez de Carantoña. Árbore xenealóxica da Casa e pazo de Orellán, que iníciase con Basco da Costa.
Séculos XV-XVI
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.5.
1.2. Título COLECCIÓN DOCUMENTAL GASPAR MASSÓ
1.3. Datas 1535-1982
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 1 unidade de instalación con 16 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Gaspar Massó García (1893-1991)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Os Massó é unha das moitas familias catalanas que se trasladaron a Galicia nos albores da industrialización para aproveitar basicamente os recursos pesqueiros. Asentáronse en Bueu e puxeron en marcha varias industrias espalladas polo Morrazo nos concellos de Cangas, Bueu e Vigo. Gaspar Massó (1893-1991), historiador e polígrafo, industrial conserveiro, publicista e escritor, foi autor de libros como Pedro Madruga, caudillo feudal, do que se inclúen neste fondo algunhas ilustracións. Enriqueceu así mesmo o Diccionario da Real Academia Española, da que foi membro, con abundantes achegas técnicas. Foi deputado provincial na época de Daniel de la Sota, colaborando na fundación do Museo Provincial e o establecemento da Misión Biolóxica.
2.3. Historia arquivística O propio Gaspar Massó entregou este legado o arquiveiro da Deputación de Pontevedra en 1986.
2.4. Forma de ingreso Doazón


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido A documentación reuniuna o doante para os seus estudios sobre Pedro Madruga e a familia Sotomayor, relacionada coa familia Caamaño, que asume o Condado de Maceda. O seu maior interese e achega de xenealoxías.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde o século XVI hasta o século XIX.
3.3. Novos ingresos Non se contemplan novos ingresos por ser un fondo pechado.
3.4. Organización O feito de ser unha colección documental conleva unha descrición pormenorizada dos documentos sen organización específica.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental, con documentación en galego.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM, cun total de 19 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Museo de Pontevedra: Arquivo Vega de Armijo
Museo Massó de Bueu
Arquivo da Deputación de Pontevedra: Fondo especial nº 1 Arquivo Caamaño
Arquivo do Reino de Galicia
5.4. Nota de publicacións Massó, Gaspar: Pedro Madruga de Sotomayor, caudillo Feudal.- Santiago de Compostela: Ed. Bibliófilos Gallegos, 1975.- 201 p.; lám. pleg., map. co. ple., grab., 25 cm.- Colección Biblioteca Galicia, v. XV.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/09/2016 09:02
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/