[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Instituto Nacional de Colonización



[Prema (click) para ampliar a imaxe]
Proxecto gratuíto número 4 de galiñeiro para 100 poñedoras (3,5 aves/m2).
Ano 1944
1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.7.
1.2. Título INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN
1.3. Datas 1946-1966
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 22 unidades de instalación con 1.215 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
O Instituto Nacional de Colonización nace por decreto do Ministerio de Agricultura en outubro de 1939 ó suprimirse o Instituto Nacional de Reforma Agraria. A Lei 27 de abril de 1946 amplía as disposicións anteriores, incidindo máis en atopar solucións ós pequenos problemas sociais do campo. Para facer realidade as disposicións de interese local levouse a cabo un convenio entre a Deputación e o Instituto Nacional de Colonización en 1955. Este convenio establece que os proxectos correrán a cargo da Xefatura Agronómica da provincia con persoal designado a proposta da Deputación. Tamén se compromete esta a concederlles préstamos a particulares e institucións delegando na Caixa de Aforros Provincial o exercicio dos dereitos e facultades e o cumprimento das obrigacións derivadas do convenio. No ano 1963 preténdese unha modificación do contrato que é rexeitada; houbo así mesmo outro intento de cambio relacionado coas funcións da Caixa de Aforros como organismo colaborador que tampouco acepta o Instituto. O convenio non foi revogado nin renunciou ningunha das partes pero deixou de funcionar por conxelación dos créditos e outros problemas en 1962. Este organismo tivo como obxectivo axudar ós agricultores e gandeiros con subvencións para regadíos, invernadoiros, galiñeiros, galpóns, silos e outras explotacións do ámbito rural.
2.3. Historia arquivística A función que a Deputación realizaba era principalmente administrativa, de tramitación e información, polo que cando a finais de 1962 o Instituto deixou de ser operativo, o xefe da unidade administrativa, Sr. Crespo Alfaya, que era ó mesmo tempo funcionario da Deputación, transferiu este fondo ó arquivo. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marrase María Eugenia Valenzuela Senn
2.4. Forma de ingreso Por transferencia.


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Documentación de trámite sen maior interese histórico, comprende expedientes de tres clases: subvencións, anticipos e auxilios técnicos para pequenas obras no rural.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organismo, e para o estudio económico da provincia.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado
3.4. Organización Cun cadro de clasificación moi sinxelo organízase en catro series documentais ordenadas cronoloxicamente:
- Expedientes de anticipos. (1950-1966)
- Expedientes de subvencións. (1955)
- Libro rexistro que anota as saídas de correspondencia dende o Instituto Nacional de Colonización. 1955-1959)
- Lexislación (1946-1956)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 1.215 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen
5.3. Unidades de descrición relacionadas Este fondo compleméntase coa documentación xestada polo Servizo de Agricultura desta Deputación.
Arquivo Histórico Provincial: os fondos foron transferidos pola Delegación Provincial de Agricultura.
Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares: sección do Ministerio de Agricultura
5.4. Nota de publicacións -Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986 ISBN 84-505-3674-X


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/09/2016 12:30
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/