[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 17 DE DECEMBRO DE 2017 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Guía do Patrimonio Documental da Provincia de Pontevedra
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Guía do Patrimonio
Documental da Provincia
de Pontevedra
Arquivo Deputación Provincial
Arquivo Histórico Provincial
Arquivos municipais
Arquivos das Entidades Locais Menores
Arquivo da Mancomunidade do Salnés
Arquivos dos Xulgados de Paz
Arquivos Capitular e Histórico Diocesano de Tui
Arquivo da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
Coleccións documentais do Museo de Pontevedra
Fondo Cárcere Partido Xudicial de Tui
Coleccións documentais da Fundación Penzol
Arquivo do Instituto de Pontevedra
Sánchez Cantón
Arquivos das Irmandades e Cámaras Agrarias

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte
GUÍA DO PATRIMONIO DOCUMENTAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 

Casa de Porto-Briallos



Poder que lle otorgou María do Porto ó seu marido Alonso do Porto e ó seu fillo Cristóbal para reclamarlles a os seus irmáns todos os bens e herdanza que lle corresponden
20 de xaneiro de 1598
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.2.
1.2. Título CASA DE PORTO–BRIALLOS
1.3. Datas 1516–1894
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 7 unidades de instalación con 598 unidades documentais en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Casa de Porto- Briallos (S.XVI-S.XIX)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Relacionada cos antepasados da familia Porto con casa matriz na parroquia de Briallos, do actual concello de Portas.
2.3. Historia arquivística Este fondo foi mercado a un anticuario, D. Severo Pardo, no ano 1996, pola súa relación co territorio da provincia de Pontevedra. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia
2.4. Forma de ingreso Compra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Importante fondo documental con abundantes testemuños dos séculos XVI e XVII. Contén moita información de carácter xenealóxico e tamén económico.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a Idade Media hasta o século XIX.
3.3. Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.
3.4. Organización Cando foi adquirida presentaba unha organización por parroquias pertencentes á provincia de Pontevedra e ó partido de Betanzos, provincia da Coruña. Na actualidade mantén esta mesma organización, conformada por catorce unidades documentais simples subdivididos, á súa, en agrupacións documentais e unidades documentais simples:
- Testamentos, vinculacións, dotes, partillas e outros documentos xerais (1559-1808)
- Testamentos, vinculacións, dotes, partillas e outros documentos xerais. Capela de San José e San Andrés (1704-1748)
- Cobradores de rendas, relacións e apuntamentos de bens e documentos (1670-1892)
- Execucións contra debedores de rendas (1719-1796)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Cristobal de Briallos (1559-1894)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Cristobal de Briallos (1560-1863)
- Documentos de pertenza. Parroquia de Santa Mariña de Arcos de Condesa (1560-1855)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Andrés de Valiñas (1533-1855)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Breixo de Barro (1571-1882)
- Documentos de pertenza. Parroquia de Santa María de Portas (1584-1742)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Pedro de Lantaño (1649)
- Documentos de pertenza. Parroquias de San Juan de Meaño, San Miguel de Lores e Santa Eulalia de Nantes (1542-1843)
- Documentos de pertenza. Parroquias de San Salvador de Lérez e Santa María de Mourente (1516-1840)
- Documentos de pertenza. Parroquias de Cortiñao, Piadoa, Requian, Ois e Armeá, no partido de Betanzos (1575-1677)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo estado.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 598 rexistros


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela
5.4. Nota de publicacións Non se coñecen.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Setembro de 2016

Portada | Páxina Anterior | Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 12/09/2016 08:57
Copyright © 2002-2017, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/