[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 19 DE AGOSTO DE 2018 Páxina de inicio Mapa de contidos Directorio de contacto Directorio telefónico Axudas á navegación
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » A Deputación » Ordenanzas » Ordenanzas 2005
Páxina Principal
A Deputación
Presidencia
Corporación
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

ORDENANZAS 2005 

Ordenanza reguladora da taxa polos
servicios facultativos que se presten
nas obras provinciais

PREÁMBULO. XUSTIFICACIÓN DA TAXA

    No R.d.l. 5/96, de 7 de xuño, liberalízanse os honorarios técnicos establecidos e, por outro lado, no ámbito da Administración do Estado (Decreto 137/60, do 4 de febreiro) e da propia Comunidade Autónoma (Decreto lexislativo 1/92, do 11 de abril) teñen taxas establecidas do 4 % pola prestación de servicios facultativos nas súas obras. Daquela, para cubrir o posible baleiro legal existente e que o custo destes servicios quede perfectamente definido, os participantes nas licitacións das obras adxudicadas pola Deputación han de coñecer aqueles, motivo polo que a Deputación de Pontevedra acorda a imposición e ordenación desta taxa.

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

    En virtude do disposto nos artigos 133.2 e 142 da Constitución, no artigo 122 da Lei 39/88, do 28 de decembro (LRHL) en relación coa cláusula 13 de Prego de cláusulas xerais (Decreto 3854/70, de 31 de decembro), a Deputación de Pontevedra establece a taxa pola prestación de servicios facultativos nas obras provinciais, que se rexerá pola presente ordenanza reguladora.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servicios consistentes nos traballos facultativos de comprobación de replanteo, dirección, inspección e liquidación das obras contratadas ou adxudicadas pola Deputación, tanto se se prestan con medios propios coma alleos.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Son suxeitos pasivos desta taxa os contratistas de obras contratadas ou adxudicadas pola Deputación (adxudicatario ou cesionario).

ARTIGO 4. DEVENGO DA TAXA

    A taxa devéngase no momento de prestar os servicios polos que se esixe esta taxa.

ARTIGO 5. BASE IMPOÑIBLE

    Constitúe a base impoñible desta taxa o importe do orzamento de execución material das obras, aplicando, no seu caso, o coeficiente de baixa, que se determina parcialmente en función do orzamento de execución material adxudicado de cada certificación de obra expedida.

ARTIGO 6º COTA

    A cota tributaria desta taxa será o resultado de aplicar sobre a base impoñible, anteriormente definida, o tipo de gravame do 4 por cento.

ARTIGO 7. XESTIÓN E COBRO

    A liquidación practicarase en cada certificación expedida polos servicios técnicos provinciais. As liquidacións desta taxa aprobaraas, conxuntamente coa certificación, o órgano competente.

    Ó pagar a certificación reterase a parte que lle corresponda á taxa, ingresándoa no concepto non orzamentario correspondente para, posteriormente, proceder da seguinte forma:
    1. Se os servicios se prestaron con medios propios da Deputación, pasarase do concepto non orzamentario ó concepto do orzamento de ingresos que corresponda.
    2. Se os servicios se prestaron con medios alleos, do concepto non orzamentario pagaráselle á persoa física que, mediante un contrato coa Deputación, prestase os servicios obxecto desta taxa.

DISPOSICIÓN FINAL

    Esta ordenanza reguladora foi aprobada con carácter definitivo o día 21 de maio, de 1998, e entrará en vigor o día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP do 3 de xuño de 1998).

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/01/2005 14:00
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. | Aviso Legal
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depontevedra.es/