|
|
|
Inclusa Provincial
|
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36038.ADPO.15. |
1.2. |
Título |
INCLUSA PROVINCIAL |
1.3. |
Datas |
1773-1958 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
72 unidades de instalación con 3.040 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. |
|
|
|
|
|
2.1. |
Nome do produtor |
INCLUSA PROVINCIAL. |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha xunta ou comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial. Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición. |
2.3. |
Historia arquivística |
Pola súa vinculación coa Deputación e a súa función benéfica sempre estivo depositada baixo a súa custodia.
A documentación foi incorporada ao Arquivo en transferencia irregular, xunto coa do Hospicio logo da creación de “Príncipe Felipe”.
Foi organizada e descrita, baixo a dirección de Miguel A. Pereira Figueroa, por Elena Garnelo Mariñas, María Eugenia Valenzuela Senn e Elena Aguete Landín.
Para revisión e descrición detallada deste fondo en 2013 contouse coa colaboración dos bolseiros: Magali Trillo González e José Manuel Fariña Jamardo |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia. |
|
|
|
|
|
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Ten un grande interese para o estudio da realidade social da infancia, para a busca de biografías familiares e para o estudio histórico e social da cidade de Pontevedra desde o ultimo tercio do século XIX e primeira metade do XX. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se practicaron expurgos. É unha documentación de conservación total. |
3.3. |
Novos ingresos |
É un fondo pechado. |
3.4. |
Organización |
Comprende tres seccións:
ES.GA.36038.ADPO.15. INCLUSA PROVINCIAL (1773/1958)
1. ADMINISTRACIÓN (1872/1955)
1.1. Libro de actas da Comisión da Inclusa (1878/1925)
1.2. Correspondencia (1872/1955)
1.3. Expedientes de patrimonio da Inclusa (1872/1946)
1.4. Libro rexistro de saída de documentos da Inclusa (1916/1946)
1.5. Libro rexistro de entrada de documentos da Inclusa (1915/1946)
1.6. Expedientes de obras (1878/1931)
1.7. Expedientes de persoal (1877/1916)
1.8. Regulamentos (1878)
2. ACTIVIDADE (1773/1958)
2.1. Expedientes de expósitos (1773/1958)
2.2. Expedientes de nodrizas (1872/1948)
2.3. Expedientes de adopcións (1937/1943)
2.4. Libro rexistro de ingresos na Inclusa (1872/1958
2.5. Libro rexistro de partidas de defunción (1880/1917)
3. CONTAS (1880/1917)
3.1. Contabilidade da Inclusa (1872/1951)
|
|
|
|
|
|
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
Este fondo ten acceso limitado por conter información confidencial, aplicándose a lexislación vixente para poder acceder a él. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reproducción está limitada polas condicións de consulta. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Todo o conxunto documental aparece en castelán. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Estado de conservación da documentación: Bo. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Base de datos en ATOM cun total de 3.040 rexistros. |
|
|
|
|
|
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Este fondo contén documentos orixinais, descoñecéndose a existencia de outros documentos fora do arquivo. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Relacionase coa documentación do Fondo especial nº 16 Hospicio e o nº 14 Gota de Leche, e coa documentación dos fondos propios desta Deputación. |
5.4. |
Nota de publicacións |
- Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M.A.:A Deputación de Pontevedra: 1836-1986. Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. Páx. 363-370. - Garnelo Mariñas, E.: La Inclusa Provincial de Pontevedra:1872-1894 En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais num. 4, páx. 143-152. - Rodríguez Martín, Ana Mª: Algúns aspectos relativos á Inclusa de Pontevedra: 1872-1903. En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais num. 16, páx. 73-84. - Rodríguez Martín, Ana Mª: La Inclusa de Pontevedra (1872-1903). En: Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais num. 19, páx. 179-204. |
|
|
|
|
|
|
|
|
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA). |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
|
|