|
|
|
Xunta Provincial de Electrificación
|
|
Caseta de posto de transformación: plantas, fronte de entrada e zócalos. Proxecto base, 1955 |
|
|
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36038.ADPO.11. |
1.2. |
Título |
XUNTA PROVINCIAL DE ELECTRIFICACIÓN |
1.3. |
Datas |
1954-1973 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
3 libros e 30 unidades de instalación con 1.106 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. |
|
|
|
|
|
2.1. |
Nome do produtor |
XUNTA PROVINCIAL DE ELECTRIFICACIÓN |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Esta Xunta foi creada por Decreto de 25 de xuño de 1954 para dotar de enerxía eléctrica a entidades que carecían dela. Tiña como presidente ó gobernador civil e como vicepresidente ó enxeñeiro xefe da Delegación de Industria. Os vogais permanentes eran o presidente da Deputación, o xefe do servizo de Cooperación da Deputación e os presidentes das cámaras agrarias, un representante das cámaras de comercio e de Industria, accidentalmente, os alcaldes e os directores de empresas eléctricas. O seu cometido era elaboraren un plan concreto de electrificación, propoñerlle ó Ministerio de Industria as actuacións, emitir informes técnicos ou tramitar as peticións de materiais eléctricos entre outras. |
2.3. |
Historia arquivística |
Aínda que dependía organicamente do Goberno Civil, o feito de que o xefe do Servizo de Cooperación fose vogal da Xunta, foi decisivo para que a documentación sempre se conservara na Deputación.
A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia. |
|
|
|
|
|
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Contén información sobre a paulatina electrificación da provincia. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio da realidade social desta época histórica, especialmente no que se refire ós pequenos municipios. |
3.3. |
Novos ingresos |
Fondo pechado. |
3.4. |
Organización |
O cadro de clasificación divídese en dúas seccións:
1. ADMINISTRACIÓN (1954/1960)
1.1. Libro de actas da Xunta Provincial de Electrificación (1956/1958)
1.2. Libro rexistro de entrada de documentos (1955/1957)
1.3. Libro de rexistro de saída de documentos da Xunta Provincial de Electrificación (1955/1960)
1.4. Correspondencia (1954/1960)
2. ELECTRIFICACIÓN (1955/1973)
2.1. Expedientes de electrificación (1955)
|
|
|
|
|
|
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reproducción está limitada polas condicións de conservación. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Estado de conservación da documentación: bo. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Base de datos en ATOM cun total de 1.106 rexistros. |
|
|
|
|
|
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen, agás naquela documentación derivada do proceso de tramitación con outras administracións. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Compleméntase coa propia documentación xerada polo Servizo de Cooperación. Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, na sección do Ministerio de Industria. Arquivos municipais dos concellos da provincia. |
5.4. |
Nota de publicacións |
-Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. ISBN 84-505-3674-X |
|
|
|
|
|
|
|
|
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA). |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
|
|