|
|
|
Instituto Nacional de Colonización
|
|
Proxecto gratuíto número 4 de galiñeiro para 100 poñedoras (3,5 aves/m2). Ano 1944 |
|
|
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36038.ADPO.7. |
1.2. |
Título |
INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN |
1.3. |
Datas |
1946-1966 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
22 unidades de instalación con 1.220 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. |
|
|
|
|
|
2.1. |
Nome do produtor |
INSTITUTO NACIONAL DE COLONIZACIÓN |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
O Instituto Nacional de Colonización nace por decreto do Ministerio de Agricultura en outubro de 1939 ó suprimirse o Instituto Nacional de Reforma Agraria. A Lei 27 de abril de 1946 amplía as disposicións anteriores, incidindo máis en atopar solucións ós pequenos problemas sociais do campo. Para facer realidade as disposicións de interese local levouse a cabo un convenio entre a Deputación e o Instituto Nacional de Colonización en 1955. Este convenio establece que os proxectos correrán a cargo da Xefatura Agronómica da provincia con persoal designado a proposta da Deputación. Tamén se compromete esta a concederlles préstamos a particulares e institucións delegando na Caixa de Aforros Provincial o exercicio dos dereitos e facultades e o cumprimento das obrigacións derivadas do convenio. No ano 1963 preténdese unha modificación do contrato que é rexeitada; houbo así mesmo outro intento de cambio relacionado coas funcións da Caixa de Aforros como organismo colaborador que tampouco acepta o Instituto. O convenio non foi revogado nin renunciou ningunha das partes pero deixou de funcionar por conxelación dos créditos e outros problemas en 1962. Este organismo tivo como obxectivo axudar ós agricultores e gandeiros con subvencións para regadíos, invernadoiros, galiñeiros, galpóns, silos e outras explotacións do ámbito rural. |
2.3. |
Historia arquivística |
A función que a Deputación realizaba era principalmente administrativa, de tramitación e información, polo que cando a finais de 1962 o Instituto deixou de ser operativo, o xefe da unidade administrativa, Sr. Crespo Alfaya, que era ó mesmo tempo funcionario da Deputación, transferiu este fondo ó arquivo.
A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marrase María Eugenia Valenzuela Senn |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia. |
|
|
|
|
|
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Documentación de trámite sen maior interese histórico, comprende expedientes de tres clases: subvencións, anticipos e auxilios técnicos para pequenas obras no rural. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se practicaron expurgos. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organismo, e para o estudio económico da provincia. |
3.3. |
Novos ingresos |
Fondo pechado |
3.4. |
Organización |
Cun cadro de clasificación moi sinxelo organízase en catro series documentais ordenadas cronoloxicamente:
- Expedientes de anticipos. (1950-1966)
- Expedientes de subvencións. (1955)
- Libro rexistro que anota as saídas de correspondencia dende o Instituto Nacional de Colonización. 1955-1959)
- Lexislación (1946-1956) |
|
|
|
|
|
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reproducción está limitada polas condicións de conservación. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Estado de conservación da documentación: bo. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Base de datos en ATOM cun total de 1.220 rexistros. |
|
|
|
|
|
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Non se coñecen |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Este fondo compleméntase coa documentación xestada polo Servizo de Agricultura desta Deputación. Arquivo Histórico Provincial: os fondos foron transferidos pola Delegación Provincial de Agricultura. Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares: sección do Ministerio de Agricultura |
5.4. |
Nota de publicacións |
-Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986 ISBN 84-505-3674-X |
|
|
|
|
|
|
|
|
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA). |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
|
|