|
|
|
Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social
|
Enquisa remitida pola Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social sobre necesidades urbanas dos municipios. Estado do municipio do Grove 3 de xuño de 1947 |
|
|
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36038.ADPO.4. |
1.2. |
Título |
XUNTA PROVINCIAL DE ORDENACIÓN ECONÓMICO - SOCIAL |
1.3. |
Datas |
1941-1961 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
15 unidades de instalación con 354 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. |
|
|
|
|
|
2.1. |
Nome do produtor |
XUNTA PROVINCIAL DE ORDENACIÓN ECONÓMICO - SOCIAL |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Por Decreto de 21 de xaneiro de 1946 creouse a Secretaría General para a Ordenación Económico-Social dependente da Presidencia do Goberno como órgano permanente de coordinación dos distintos departamentos ministeriais para elaborar un plan quinquenal que fomentase a xustiza social marcada polo Réxime. Esta xunta provincial constituíuse o 18 de marzo de 1946. Estaba presidida polo gobernador civil e integrada por un amplo número de vocais como o presidente da Deputación, o xefe provincial de Sanidade, o gobernador militar, o arcipreste do Morrazo, o alcalde da capital e outros responsables do fomento xeral desta provincia. Deixou de funcionar no ano 1960. |
2.3. |
Historia arquivística |
Esta documentación sempre estivo nas oficinas da Deputación porque os traballo administrativos levábaos persoal desta institución, do actual servizo de Cooperación.
A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras e María Eugenia Valenzuela Senn. |
2.4. |
Forma de ingreso |
Por transferencia. |
|
|
|
|
|
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
É unha interesante documentación para estudiar as necesidades básicas dos municipios que se traduce documentalmente en enquisas, estatísticas e correspondencia que reflicten as carencias destes anos da posguerra na provincia. Achegan información sobre poboación, infraestructuras e fundamentalmente sobre o paro obreiro. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
A documentación pasou o proceso selectivo nas propias oficinas, previo o envío o arquivo, non realizándose ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo de dito organísmo, e para o estudio social e económico dos distintos concellos da provincia. |
3.3. |
Novos ingresos |
Fondo pechado. |
3.4. |
Organización |
O seu cadro de clasificación estructúrase en dúas seccións.
1. ADMINISTRACIÓN (1946/1959)
- 1.1. Libro de actas da Xunta Provincial de Ordenación Económica - Social (1946/1950)
- 1.2. Libro rexistro de entrada e saída de correspondencia (1946/1952)
- 1.3. Correspondencia (1946/1959)
- 1.4. Nóminas de funcionarios (1948)
2. ACTUACIÓNS EN CONCELLOS (1941/1961)
- 2.1. Informacións municipais 1941/1961 |
|
|
|
|
|
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reproducción está limitada polas condicións de conservación. |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental. |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Estado de conservación da documentación: bo. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Base de datos en ATOM, cun total de 354 rexistros. |
|
|
|
|
|
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo. |
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Nos fondos documentais das diversas administracións implicadas nos trámites administrativos. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Compleméntase coa documentación da subsección de Cooperación. No Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares, no Arquivo Histórico Provincial, e nos Arquivos Municipais. |
5.4. |
Nota de publicacións |
-Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A.: A Deputación de Pontevedra: 1836-1996 .- Pontevedra: Deputación Provincial, 1986. ISBN 84-505-3674-X |
|
|
|
|
|
|
|
|
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA). |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
|
|