[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Outros fondos » Fondos privados » Familia Mosquera
Páxina Principal
Patrimonio Documental
e Bibliográfico
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Outros fondos
Fondos públicos
Unión de Xornalistas de Pontevedra
Asociación da Prensa de Vigo
Xunta Provincial de
Ordenación Económico-Social
Xunta de Axuda a Municipios
Instituto Nacional de Colonización
Xunta Provincial de Electrificación
Ateneo de Pontevedra
Servizo Nacional de
Inspección e Asesoramento
das Corporacións Locais
Padroádego de Vivendas
de Funcionarios
Gota de Leite
Inclusa Provincial
Hospicio
Fondos privados
Familia Caamaño
Casa de Porto-Briallos
Colección Gaspar Massó
Familia Malvar
Familia Mosquera
Familia Domínguez-Sánchez
Familia Nores
Colección Augusto Bárcena Saracho
Marqueses de Leis
Pazo da Buzaca
Pazo Torre Quintáns
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11
PATRIMONIO DOCUMENTAL PROVINCIAL 

Familia Mosquera



Notificación de embargo que lle fai Josefa Blanco, muller de Matías Mosquera, a Benita Vázquez por un préstamo non devolto.
19 de xullo de 1814
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.9.
1.2. Título FAMILIA MOSQUERA
1.3. Datas 1674-1961
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 1 unidade de instalación en soporte papel na súa totalidade, con 126 expedientes ou agrupacións documentais


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Familia Mosquera (S.XVII-S.XX)
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Correspóndelle á familia Mosquera, radicada no contorno da cidade de Santiago e nos concellos de Arzúa e Enfesta. Contén testemuños dende Matías Mosquera Martínez e algúns antecedentes relativos ás súas propiedades e foros. Continúa a saga con Andrés Mosquera Blanco, Matías Mosquera Suárez, Andrés Mosquera Leborán e José Mosquera Pérez, ós que corresponde a totalidade dos fondos agás algúns relativos a familiares políticos.
José Mosquera Pérez naceu no concello de Enfesta. Estudiou Humanidades e Maxisterio en Santiago e entregouse á causa galeguista. Nos anos trinta popularizou o personaxe “O vello dos contos” na Unión Radio Galicia, facendo campaña polo Estatuto de Galicia en 1936. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e morreu en 1965.
2.3. Historia arquivística Esta documentación foi entregada en depósito por Bernardo J. Mosquera Souto, interventor desta Deputación, nos anos previos á súa xubilación. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia
2.4. Forma de ingreso Depósito


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Contén información sobre foros e modificación do patrimonio familiar de interese para o estudio da historia económica de Galicia.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo.
3.3. Novos ingresos Fondo pechado.
3.4. Organización Colección documental ordenada segundo un criterio cronolóxico.


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Todo o conxunto documental aparece en castelán
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: Bo.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 126 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñecen documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Non se coñecen.
5.4. Nota de publicacións Non se coñecen.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 11:21
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/