|
|
|
Familia Malvar
|
Carta de título de fundación da capela de Nª. Sª. da Concepción incluída na parroquia de Sta. Eulalia de Camos a favor de Domingo de Nandín. Ano de 1663 |
|
|
1. Área de identificación |
1.1. |
Código de referencia |
ES.GA.36038.ADPO.8. |
1.2. |
Título |
FAMILIA MALVAR |
1.3. |
Datas |
1512-1877 |
1.4. |
Nivel de descrición |
FONDO |
1.5. |
Volume e soporte |
15 unidades de instalación con 418 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade. |
|
|
|
|
|
2.1. |
Nome do produtor |
Familia Malvar. Palacete de Salcedo (S.XVI-S.XIX) |
2.2. |
Historia institucional/ Recesión biográfica |
Documentación relacionada cos antepasados da familia Malvar, propietaria do palacete de Salcedo. Esta propiedade foi adquirida pola Deputación para instalar a Misión Biolóxica e, posteriormente cedeulla ó Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
O Arquivo da familia Malvar é a colección documental referida a esta destacada familia pontevedresa. Entre os seus antepasados máis ilustres destacan figuras como a do Arcebispo Sebastián Malvar e Pinto ou a do Conde Julián Malvar. A liñaxe desenvolveuse ao redor do Palacete de Salcedo nos arredores da cidade de Pontevedra.
Formase o Arquivo no Pazo dá Carballeira do Gandarón, na parroquia pontevedresa de Salcedo, aínda que ten a súa orixe na política matrimonial seguida polo territorio galego entre os membros de distintas familias que acaban formando parte da liñaxe dos Malvar.
A evolución histórica fará que todos estes fondos, procedentes do catro provincias galegas, terminen no propio arquivo familiar, despois da unión de dúas dos seus descendentes: o primeiro deles, o casamento entre o Sr. D. Julián Malvar e Pinto e a Sra. Dª. Josefa Taboada Texeda, que vén acompañada do fondo documental das Casas do Periscal, de Regodeigón, da Touza, de Noia, de Vilerma, de Baiona, das Eiroas e de Ramiráns.
O segundo matrimonio, froito da unión entre o Sr. D. Jerónimo Malvar e Taboada e a Sra. Dª María del Carmen da Maza, incorpora ao patrimonio familiar a documentación das Casas de Barrantes, ou Porto e Toiriz.
Ou arquivo da familia Malvar contén unha importante información socioeconómica, xa que ao ser un fondo familiar permite trazar unha completa paisaxe das condicións de vida da Galicia que vai desde o século XVI a principios do século XX, tendo especial consideración as destacadas figuras individuais que afloran nesta liñaxe: o Arcebispo Sebastián Malvar e Pinto, o Sr. D. Julián Malvar e Pinto, Conde de Malvar, así como outros descendentes que ocuparon importantes cargos no ámbito militar, relixioso e político |
2.3. |
Historia arquivística |
Este fondo foi depositado no Arquivo no ano 1997 dende o palacete de Salcedo polas xestións feitas co director da Misión Biolóxica e este arquivo, no interese de todas as institucións implicadas en conservar e poñer ao alcance dos cidadáns e dos investigadores esta documentación, estudiada no seu día polo bibliógrafo e erudito Antonio Odriozola.
A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figueroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero.
Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia". |
2.4. |
Forma de ingreso |
Transferencia extraordinaria |
|
|
|
|
|
3. Área de contido e estrutura |
3.1. |
Alcance e contido |
Contén basicamente documentación relacionada coa evolución familiar, co cobro de rendas e coas propiedades e casas da familia localizadas nas actuais catro provincias galegas. Estas son as casas de Vilerma e Eiroas na provincia de Ourense, a casa da Touza na de Pontevedra, a de Toiriz en Lugo e as de Periscal, Noia e Xallas na Coruña. Ten grande importancia histórica para estudiar as xenealoxías e a historia económica dos séculos XVI e XVII coa súa complicada rede de aproveitamento e xestión. Entre os membros da familia atópase Sebastián Malvar Pinto, bispo de Bos Aires en 1778 e arcebispo de Santiago no ano 1783. Das súas accións no Novo Mundo destaca o enfrontamento co virrei, un crioulo con tendencias progresistas, e a implicación no sofocamento da rebelión encabezada polo inca José Gabriel Tupacamaru, que lle valeu o nomeamento no arcebispado compostelán. Aquí fomentou construccións coma a vía entre Santiago e Ponte Sampaio e a fundación dun montepío para labradores e artesáns. Morreu en 1795 e foi soterrado na capela maior da catedral. Tamén se debe reseñar Joaquín Malvar, conde de Malvar, que participou en diversos feitos militares durante a guerra da Independencia e foi deputado e senador pola cidade da Coruña. |
3.2. |
Valoración, selección e eliminación |
Non se practicou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico e xenealóxico de Galicia desde a Idade Moderna hasta o século XIX. |
3.3. |
Novos ingresos |
Considérase un fondo pechado. |
3.4. |
Organización |
Está organizado en base ás diferentes casas que o compoñen, desenvolvéndose nas seguintes series documentias:
- 1. Correspondencia (1743/1870)
- 2. Documentos da Casa de Vilerma (1542/1859)
- 3. Documentos da Casa de Toiriz (1549/1849)
- 4. Documentos da Casa das Eiroas (1512/1877)
- 5. Documentos da Casa de Periscal (1644/1790)
- 6. Documentos da Casa de Noia e Xallas (1609/1847)
- 7. Documentos da Casa da Touza (1573)
- 8. Documentos da Casa de San Cristovo de Regodeigón (1567/1816)
- 9. Documentos e contas xerais (1609/1870) |
|
|
|
|
|
4. Área de condicións de acceso e utilización |
4.1. |
Condicións de acceso |
O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. |
4.2. |
Condición de reprodución |
A reproducción está limitada polas condicións de conservación |
4.3. |
Lingua / escritura(s) dos documentos |
Todo o conxunto documental aparece en castelán |
4.4. |
Características físicas e requisitos técnicos |
Estado de conservación da documentación: Regular. |
4.5. |
Instrumentos de descrición |
Base de datos en ATOM cun total de 418 rexistros. |
|
|
|
|
|
5. Área de documentación asociada |
5.1. |
Existencia e localización dos documentos orixinais |
|
5.2. |
Existencia e localización de copias |
Documentación dixitalizada na súa totalidade con 20.485 imaxes. |
5.3. |
Unidades de descrición relacionadas |
Ten relación cos fondos das familias Caamaño e Porto, depositados neste Arquivo. Documentación complementaria no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela |
5.4. |
Nota de publicacións |
Non se coñecen. |
|
|
|
7. Área de control da descrición |
7.1. |
Nota do arquiveiro |
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa. |
7.2. |
Regras ou normas |
General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA). |
7.3. |
Data da descripción |
Febreiro de 2018 |
|
|
|