[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Outros fondos » Fondos privados » Casa de Porto-Briallos
Páxina Principal
Patrimonio Documental
e Bibliográfico
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Outros fondos
Fondos públicos
Unión de Xornalistas de Pontevedra
Asociación da Prensa de Vigo
Xunta Provincial de
Ordenación Económico-Social
Xunta de Axuda a Municipios
Instituto Nacional de Colonización
Xunta Provincial de Electrificación
Ateneo de Pontevedra
Servizo Nacional de
Inspección e Asesoramento
das Corporacións Locais
Padroádego de Vivendas
de Funcionarios
Gota de Leite
Inclusa Provincial
Hospicio
Fondos privados
Familia Caamaño
Casa de Porto-Briallos
Colección Gaspar Massó
Familia Malvar
Familia Mosquera
Familia Domínguez-Sánchez
Familia Nores
Colección Augusto Bárcena Saracho
Marqueses de Leis
Pazo da Buzaca
Pazo Torre Quintáns
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11
PATRIMONIO DOCUMENTAL PROVINCIAL 

Casa de Porto-Briallos



Poder que lle otorgou María do Porto ó seu marido Alonso do Porto e ó seu fillo Cristóbal para reclamarlles a os seus irmáns todos os bens e herdanza que lle corresponden
20 de xaneiro de 1598
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.2.
1.2. Título CASA DE PORTO–BRIALLOS
1.3. Datas 1516–1894
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 7 unidades de instalación con 599 unidades documentais en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Casa de Porto- Briallos
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
Relacionada cos antepasados da familia Porto con casa matriz na parroquia de Briallos, do actual concello de Portas.
2.3. Historia arquivística Este fondo foi mercado a un anticuario, D. Severo Pardo, no ano 1996, pola súa relación co territorio da provincia de Pontevedra. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e José Luis Castro Carpintero. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do proxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia
2.4. Forma de ingreso Por compra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Importante fondo documental con abundantes testemuños dos séculos XVI e XVII. Contén moita información de carácter xenealóxico e tamén económico.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a Idade Media hasta o século XIX.
3.3. Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.
3.4. Organización Cando foi adquirida presentaba unha organización por parroquias pertencentes á provincia de Pontevedra e ó partido de Betanzos, provincia da Coruña. Na actualidade mantén esta mesma organización, conformada por catorce unidades documentais simples subdivididos, á súa, en agrupacións documentais e unidades documentais simples:
- Testamentos, vinculacións, dotes, partillas e outros documentos xerais (1559-1808)
- Testamentos, vinculacións, dotes, partillas e outros documentos xerais. Capela de San José e San Andrés (1704-1748)
- Cobradores de rendas, relacións e apuntamentos de bens e documentos (1670-1892)
- Execucións contra debedores de rendas (1719-1796)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Cristobal de Briallos (1559-1894)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Cristobal de Briallos (1560-1863)
- Documentos de pertenza. Parroquia de Santa Mariña de Arcos de Condesa (1560-1855)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Andrés de Valiñas (1533-1855)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Breixo de Barro (1571-1882)
- Documentos de pertenza. Parroquia de Santa María de Portas (1584-1742)
- Documentos de pertenza. Parroquia de San Pedro de Lantaño (1649)
- Documentos de pertenza. Parroquias de San Juan de Meaño, San Miguel de Lores e Santa Eulalia de Nantes (1542-1843)
- Documentos de pertenza. Parroquias de San Salvador de Lérez e Santa María de Mourente (1516-1840)
- Documentos de pertenza. Parroquias de Cortiñao, Piadoa, Requian, Ois e Armeá, no partido de Betanzos (1575-1677)


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas. Libre acceso ás imaxes dixitalizadas
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación. Posibilidade de reproducción dixital
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bo estado.
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 598 rexistros


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais Non se coñece a existencia de documentos orixinais fora do arquivo.
5.2. Existencia e localización de copias Non se coñecen.
5.3. Unidades de descrición relacionadas Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela
5.4. Nota de publicacións Non se coñecen.


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 10:50
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/