[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » ..... » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Outros fondos » Fondos privados » Familia Caamaño
Páxina Principal
Patrimonio Documental
e Bibliográfico
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Outros fondos
Fondos públicos
Unión de Xornalistas de Pontevedra
Asociación da Prensa de Vigo
Xunta Provincial de
Ordenación Económico-Social
Xunta de Axuda a Municipios
Instituto Nacional de Colonización
Xunta Provincial de Electrificación
Ateneo de Pontevedra
Servizo Nacional de
Inspección e Asesoramento
das Corporacións Locais
Padroádego de Vivendas
de Funcionarios
Gota de Leite
Inclusa Provincial
Hospicio
Fondos privados
Familia Caamaño
Casa de Porto-Briallos
Colección Gaspar Massó
Familia Malvar
Familia Mosquera
Familia Domínguez-Sánchez
Familia Nores
Colección Augusto Bárcena Saracho
Marqueses de Leis
Pazo da Buzaca
Pazo Torre Quintáns
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11
PATRIMONIO DOCUMENTAL PROVINCIAL 

Familia Caamaño



Licenza dada por don Juan Varela Mariño
a certos mareantes para pescar no río
e no estanque da Casa de Goiáns
10 de xuño de 1659
 
[Prema (click) para ampliar a imaxe]


1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.10.
1.2. Título FAMILIA CAAMAÑO
1.3. Datas 1411–1895
1.4. Nivel de descrición FONDO
1.5. Volume e soporte 138 unidades de instalación con 3.612 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Familia Caamaño
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica
A liñaxe dos Caamaño arranca na casa troncal de Noia, segundo o padre Crespo, con noticias coñecidas dende mediados do século XII. A primeira separación importante prodúcese con D. Álvaro de Caamaño, fundador da casa de Romelle no actual concello de Zas, á que corresponde a maior parte deste fondo. Posteriormente incorpórase a casa de Goiáns, os sucesores da cal crearán a casa de Ferrol, tendo algúns deles vínculos coa Armada. A partir do tronco inicial xorden as casas de Vista Alegre e Rubiáns co marquesado de Vilagarcía, acumulados por Don Álvaro de Mendoza, que será obxecto dun longo preito pola súa posesión. O morgado de Nebra foi fundado en 1524 e vai ter como agregados os de Noal, Baroña, Queiruga, Oleiros, Ribasieira e Caamaño. Por último, os Caamaño entroncan coa familia Pardo herdando o condado de Maceda xa no século XIX.
2.3. Historia arquivística O anticuario de Vigo D. Severo Pardo vendeuno a Deputación Provincial de Pontevedra en 1983. A súa organización, baixo a dirección técnica de Miguel Pereira Figeroa, correspondeu aos técnicos do Arquivo César Manuel López Marras, María Eugenia Valenzuela Senn, Inés Pájao Porral, Maria José fernández Ayuso e María del Carmen Pereira Pazos. Nunha fase posterior foi descrito polo miúdo, completándose a totalidade dos documentos, por María de los Ángeles Vázquez Martínez. Finalmente foi dixitalizada esta documentación dentro do porxecto eDepo. "Dixitalización de fontes documentais, gráficas, sonoras e audiovisuais da Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia
2.4. Forma de ingreso Por compra


3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido Moi interesante non só para a investigación xenealóxica senón tamén pola abundante información sobre a historia económica, a transmisión da propiedade e a administración do patrimonio no ámbito xeral de Galicia pois abarca as catro provincias. A documentación relativa a preitos é importantísima pola amplitude cronolóxica e refírese basicamente a cuestións patrimoniais e á sucesión de morgados e vínculos, das cales a máis importante é a que produce o marquesado de Vilagarcía entre os séculos XVIII e XIX. Comprende documentación de varias casas e familias que por agregación converxen na familia Caamaño.
3.2. Valoración, selección e eliminación Non se realizou ningún tipo de expurgo. Conservación total polo carácter testimonial e informativo, e para o estudio histórico de Galicia desde a Idade Media hasta o século XIX.
3.3. Novos ingresos Considerado un arquivo pechado.
3.4. Organización Tentouse organizar a documentación por casas e familias pero ao non ser posible pola dispersión que presentaba o fondo realizouse por series documentais considerando as diferentes familias como unha soa co seguinte cadro de clasificación:
1. DOCUMENTOS XENEALÓXICOS E HERÁLDICOS
- Xenealoxía / Árbores< BR>- Probas de nobreza
2. DOCUMENTOS DE CARÁCTER PATRIMONIAL
- TRANSMISIÓN DA PROPIEDADE
- Foros
- Vendas
- Permutas
- Doazóns e cesións
- Desembargos
- Arrendamentos
- Dotes
- Adquisicións
- Capitulacións
- ADMINISTRACIÓN DA PROPIEDADE
- Inventarios de bens
- Cobros de rendas / Contas
- Obras e reparacións
- Pesca
3. DOCUMENTOS DE CARÁCTER SEÑORIAL
- Nomeamentos de cargos
- Beneficios
- Fundacións
- Morgados
- Bulas
- Títulos
4. DOCUMENTOS DE CARÁCTER XURÍDICO
- Preitos
- Poderes
5. OFICINA DA CASA. ARQUIVO
- Correspondencia-
Índices documentais
- Certificacións eclesiásticas
6. OUTRA DOCUMENTACIÓN
-Asuntos militares
- Varios


4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso O acceso é libre, coas restriccións impostas na lexislación estatal e autonómica, é dicir, os documentos que conteñen datos persoais ou que afecten á intimidade das persoas.
4.2. Condición de reprodución A reproducción está limitada polas condicións de conservación.
4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos A maior parte dos documentos utilizan o castelán, excepto algúns en latín, francés e galego.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos
Estado de conservación da documentación: bastante deteriorada
4.5. Instrumentos de descrición Base de datos en ATOM cun total de 3.612 rexistros.


5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais A documentación é toda orixinal.
5.2. Existencia e localización de copias Descoñécense a existencia de copias noutros arquivos.
5.3. Unidades de descrición relacionadas No Arquivo do Reino de Galicia na Coruña custódiase o arquivo da familia Caamaño y Lamas, adquirido por compra en 1988 e cunha etapa cronolóxica que abrangue de 1687 a 1730.
Na Fundación Penzol de Vigo e na biblioteca de Vilagarcía consérvase documentación relativa ao marquesado de Vilagarcía.
5.4. Nota de publicacións Non se coñece


6. Área de notas
6.1. Notas


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores, baixo a dirección do arquiveiro Miguel A. Pereira Figueroa.
7.2. Regras ou normas General International Standard Archival description, Second Edition, ISAD (G). Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA).
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/02/2018 11:07
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/