[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 11 DE DECEMBRO DE 2018
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Ordenanza reguladora polos servizos que se prestan ou as actividades que se realizan no Castelo de Soutomaior

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LRBRL) e o artigo 132 do RDL 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 do TRLRHL, acorda a imposición e ordenación da taxa polos servizos que se prestan ou as actividades que se realizan no castelo de Soutomaior.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos ou a realización das actividades que se detallan na tarifa desta taxa.

    Non están suxeitos a esta taxa os servizos que se presten en virtude de convenios con outras administracións públicas.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2004 de 17 de decembro (LXT) que o soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos ou actividades ás que fai referencia o artigo anterior.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

    Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.

    Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo a esta ordenanza.

ARTIGO 6. BENEFICIOS FISCAIS

    Só se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. DEVENGO

    Esta taxa devéngase cando se presente a solicitude de prestación do servizo ou realización da actividade. A prestación do servizo ou realización da actividade non se iniciará ou autorizará en tanto non se efectúe o pagamento da correspondente liquidación.

ARTIGO 8. LIQUIDACIÓN

    Esta taxa liquidarase no momento de presentar a solicitude de prestación do servizo ou realización da actividade.Se se realiza o aproveitamento dos servizos ou actividades sen mediar unha solicitude previa liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións do contraído previo, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

ARTIGO 9. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase no momento en que se presente a solicitude da prestación do servizo ou realización da actividade; en todo caso, o ingreso ten que ser anterior á prestación do servizo ou da realización da actividade.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo de aprobación inicial desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día 16 de de decembro de 2004.

    As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/01/2005 13:07
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/