[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público pola prestación de servizos no centro de vacacións "A Lanzada"

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de formación que se prestan no centro de Vacacións A Lanzada, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase pola prestación de servizos no Centro de Vacacións "A Lanzada"; a súa descrición figura no punto terceiro -"Contía"- deste acordo.

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigados a pagar este prezo público:
    1. As persoas físicas e xurídicas e os entes que se beneficien dos servizos ou das actividades que determinan a esixibilidade do prezo público.
    2. Os pais, os familiares ou os representantes legais dos menores ou das persoas que teñan ó seu cargo os menores que teñan que pagar este prezo público.
    3. Non están suxeitos a pagaren este prezo público:
      1. Os menores acollidos nos centros asistenciais da Deputación e que pertenzan á beneficencia.
      2. Os menores doutros centros non dependentes da Deputación que se atopen nas mesmas condicións cós anteriores cando formen parte de grupos dos centros ou das entidades nos que estean acollidos.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público serán as que figuran no ANEXO I.

CUARTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento do prezo público regulado neste acordo nace desde que se preste ou realice calquera dos servizos ou das actividades especificados na tarifa do prezo público. Considéranse prestados os servizos ou realizadas as actividades no momento de presentar a correspondente solicitude.
  2. O pagamento deste prezo público efectuarase ó producirse a prestación dos servizos ou a realización das actividades. Non obstante, o prezo público poderá esixirse no momento de presentar a solicitude.

QUINTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. A utilización dos servizos requirirá a autorización previa da Presidencia ou do deputado-delegado, debendo facer constar na instancia, ademais dos datos persoais do/a solicitante, o tempo de utilización, o número de usuarios e a clase de servizos que se piden.
  2. A liquidación e o cobramento das contías deste prezo público efectuaranos os servizos administrativos do Centro de Vacacións "A Lanzada", debendo o administrador ingresar diariamente, na conta restrinxida de Recadación, formalizándose cada 8 días na Tesourería provincial, coa fiscalización previa de Intervención das copias das facturas que necesariamente entregará o administrador.
  3. Os/as solicitantes estarán obrigados/as a pagaren o prezo público con anterioridade á utilización ou ó aproveitamento dos servizos. Así mesmo, constituirán un depósito do 50% daquel importe, para responder dos danos, o cal se devolverá ó finalizar a prestación dos servizos de non se produciren estes nas instalacións ou no material.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/12/2004 15:09
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/