[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 11 DE DECEMBRO DE 2018
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2005
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2005 

Prezo público polos servizos de formación que se prestan polo CPAM

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo (TRLRHL), da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, acorda modificar o Acordo regulador do prezo público polos servizos de formación que se prestan no CPAM, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren os prezos públicos regulados neste acordo as persoas ou entidades que soliciten estes servizos ou se beneficien directamente deles.

SEGUNDO. CONTÍA

    A estructura e contía destes prezos públicos será a que figura no ANEXO a esta ordenanza.

TERCEIRO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As cantidades esixibles segundo as tarifas e bases de cada curso liquidaranse por cada servizo solicitado.
  2. As persoas ou entidades interesadas en utilizar estes servizos deberán realizar a oportuna solicitude nos prazos que se abran para o efecto.
  3. En caso de que non se preste o servizo, os interesados poderán solicitar a devolución do importe ingresado, que será aceptado sempre que a falta da prestación non lles sexa imputable.

CUARTO. OBRIGACIÓN DE PAGAMENTO

  1. A obrigación do pagamento nace ó ser aceptada a solicitude.
  2. O pagamento efectuarase unha vez aceptada a solicitude do servizo, no prazo sinalado en cada caso.

QUINTO. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación deste prezo público entrará en vigor e se aplicará, unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia, o día 1 de xaneiro de 2005

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/12/2004 10:47
Copyright © 2002-2018, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/