[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Unha ollada ao agro galego a través dun organismo do réxime franquista

Instituto Nacional de colonización



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

26 MARZO 2020


Fondo de orixe público con documentación en bo estado de conservación que abrangue desde 1946 a 1966. Ocupa un volume de vinte dúas unidades de instalación e mil dúascentas vinte agrupacións documentais. A información que ofrece xira arredor da actividade do Instituto Nacional de Colonización, que nace por Decreto do Ministerio de Agricultura en outubro de 1939, ao suprimirse o Instituto Nacional de Reforma Agraria.

Os criterios e políticas do Instituto estiveron marcados pola lei de bases de colonización de grandes zonas regables de 1939, a lei sobre colonización de interés local de 1940, a lei de expropiación de fincas rústicas de 1946 e a lei de colonización e distribución da propiedade de zonas regables de 1949.

Para facer realidade as disposicións de interese local das leis, levouse a cabo un convenio entre a Deputación e o Instituto en 1955. Dito convenio establecía que os proxectos correrían a cargo da xefatura agronómica da provincia, con persoal designado a proposta da Deputación. Comprométendose esta a concederlles préstamos aos particulares e institucións, e delegando na caixa de aforros provincial o exercicio dos dereitos e facultades. O convenio non foi revogado pero deixou de funcionar por conxelación de créditos e outros problemas en 1962, o Instituto deixou de ser operativo e Crespo Alfaya, xefe da unidade administrativa, transferiu este fondo considerado pechado ao arquivo.

O obxectivo principal que perseguía este organismo, era axudar aos agricultores e gandeiros con subvencións para regadíos, invernadoiros, galpóns, silos e outras explotacións de ámbito agrícola e gandeiro. O cadro de clasificación organízase en catro series documentais: expedientes de subvencións, expedientes de anticipos, libro de rexistro de saída de correspondencia e lexislación. Trátase pois, de documentación que pode ser útil para un estudo económico do eido rural na provincia.

Dous enlaces de interese para información sobre este fondo en atopo.depo.gal, onde se describen 1.220 expedientes ou agrupacións documentais que conforman este fondo, non dixitalizados polo de agora, e na nosa web



BUSCAR NAS NOVAS
MARZO 2024
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/03/2020 14:11
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/