[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 28 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Actuacións no patrimonio provincial



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

08 XANEIRO 2020


O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico continuou a desenvolver durante o ano 2019 actuacións en relación co patrimonio documental provincial de acordo cos medios dispoñibles; como resultado das mesmas destacamos as seguintes actividades:

- Actuacións de asistencia técnica e incorporación documental nos arquivos municipais de Meis, As Neves, Poio, Arbo, Cambados, A Guarda e A Lama mediante a organización e descrición dos fondos documentais transferidos ao arquivo municipal nos últimos anos

Concello Total

Vilagarcía de Arousa 899

As Neves 227

Meis 523

Poio 918

Arbo 243

Cambados 150

A Guarda 169

A Lama 108

TOTAL 3.129 novas unidades de instalación


-Asistencia técnica permanente aos arquivos municipais que contan con persoal (Bueu, A Estrada, Fornelos de Montes, Moaña, Nigrán, Poio, Ponteareas, Redondela, Tui, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa), así como as diferentes administracións en relación co funcionamento, instalacións e equipamento dos seus arquivos e coa busca de información puntual.

Tense avanzado na revisión e normalización das descricións doas arquivos municipais e das entidades locais da provincia integradas na base de datos de AtoM_Depo, destacando especialmente a posto en marcha de xeito definitivo e tras longa espera do portal www.atopo.depo.gal no que se incluíu a información da maior parte dos arquivos municipais relativa á sección 1. GOBERNO, cunha media de 6.000 rexistros públicos, incluíndo os libros de actas dixitalizados da practica totalidade dos órganos de goberno.

Ademais completouse na súa totalidade o Arquivo Municipal de Mondariz-Balneario de acordo cun modelo de acceso deseñado, que se adecúa á Instrución de accesibilidade que definiu a Presidencia da Deputación, recollendo a normativa legal vixente relativa á protección de datos de carácter persoal, dereitos de autor e propiedade intelectual. Esta compleméntase coa información que xa e ofrece na web www.arquivos.depo.es , que se atopo tamén en fase de redeseño e actualización.

Para este conxunto de procesos contouse co persoal propio da Deputación de Pontevedra, composto por funcionarios e seis bolseiros (seleccionados en convocatoria de 15 marzo 2018 e que desenvolveron a súa actividade entre o 01/06/2018 e o 31/05/2019, agás un caso no que por renuncia a substituta prolongou a actividade ata o 30/06/2019.

Dende esa data carecese de medios específicos para seguir a manter o conxunto das actuacións de organización e descrición nos diferentes arquivos, centrándose as actuacións na mellora e posta en valor das descricións existentes.



BUSCAR NAS NOVAS
MARZO 2024
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/01/2020 12:18
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/