[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 29 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Patrimonio Documental
Arquivo Deputación Provincial
Patrimonio Documental Provincial
Patrimonio Bibliográfico
Biblioteca
Hemeroteca
Cartoteca
Audiovisuais
Editorial

 

Persoal do Arquivo da Deputación colabora na actualización do arquivo municipal de Mos



DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Patrimonio Documental e Bibliográfico

08 FEBREIRO 2018


O Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación acaba de rematar en colaboración co persoal do propio concello un proceso de actualización da documentación transferida nos últimos anos dende as propias oficinas xestoras ó arquivo municipal de Mos, con 1.327 novas unidades de instalación e douscentos vinte e oito metros lineais de documentación, correspondente ós tres últimos anos de xestión administrativa.

Esta última actuación completa un ciclo de asistencia permanente en materia de patrimonio documental ó concello de Mos, polo que se procedeu á clasificación, ordenación, descrición e instalación dos seus documentos.

Dende o primeiro proceso en 1990, leváronse a cabo un total de nove actualizacións, que foron incorporando a nova documentación producida e, ó mesmo tempo, profundizando na información ata chegar á informatización do inventario descritivo a nivel de expediente.

Na actualidade conta o arquivo cun total de 8.466 unidades de instalación, con documentación que ten como datas extremas os anos 1875 e 2017, e cunha base de datos formada por 39.724 rexistros que permite a localización de calquera expediente.

Para a instalación desta documentación o concello procedeu a instalación dun novo local nunha ampla sala do edificio municipal de servizos en Puxeiros, complementando aos locais habilitados para a súa función de arquivo no baixo da biblioteca municipal en Petelos.



BUSCAR NAS NOVAS
MARZO 2024
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
 HOXE 

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/02/2018 10:28
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/