[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 19 DE MARZO DE 2024
   Está en » depontevedra.es » ..... » Patrimonio Documental » Arquivo Deputación Provincial » Fondos e coleccións » Arquivo Deputación. (Institución)
Páxina Principal
Arquivo Deputación Provincial
Ficha técnica
Local
Fondos e coleccións
Arquivo Deputación. (Institución)
Fondo Deputación
Fondo. Norma ISAD(G)
Cadro de clasificación
Inventario
Outros fondos
Fondos públicos
Fondos privados
Reprografía de complemento
Dixitalización documental
Patrimonio Documental Provincial

Páxina 1 [2] 3 4
PATRIMONIO DOCUMENTAL 

Arquivo Deputación (Institución)



1. Área de identificación
1.1. Código de referencia ES.GA.36038.ADPO.
1.2. Título Arquivo da Deputación de Pontevedra
1.3. Datas 1411-2016
1.4. Nivel de descrición Institución
1.5. Volume e soporte 3.105 metros lineais de documentación, aproximadamente. Conserva 39.937 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade; están rexistradas e descritas 196.694 expedientes ou agrupacións documentais.


2. Área de contexto
2.1. Nome do produtor Deputación Provincial de Pontevedra e outros organismos, familias e persoas.
2.2. Historia institucional/
Recesión biográfica

A maior parte dos fondos conservados no arquivo da Deputación Provincial teñen relación co desenvolvemento no territorio provincial das funcións de fomento e administración da provincia e dos seus intereses.

Inclúense ademais algúns fondos de institucións anteriores, así como de centros benéficos e asistenciais vinculados á Deputación, dos que tomou funcións e competencias.

Complementan estes fondos algunhas coleccións documentais de varias persoas, familias e casas, que moitas veces superan o espazo territorial provincial e alcanzan outras zonas da comunidade galega.

Salientar a inexistencia da documentación dos primeiros antecedentes da deputación provincial nos períodos liberais, inicialmente con sede e capitalidade en Vigo. A instalación definitiva da Deputación en Pontevedra tendría lugar o 12 de febreiro de 1836.

O arquivo como centro nace unido á propia Deputación Provincial, manténdose ata a actualidade que se atopa integrado no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, xunto coa Biblioteca e a Editorial.

2.3. Historia arquivística

A instalación dos primeiros fondos do arquivo institucional sitúanse, nos comenzos, nunha casa arrendada ó efecto, sita no corazón da cidade vella, na rúa da Costa de Santa María. Xunto ós primeiros documentos existió a preocupación de recuperar a documentación correspondente a primeira Deputación Provincial instalada con capitalidade en Vigo e durante o trienio liberal. Así, se formuló na sesión do 3 de xullo de 1836 a correspondente reclamación que nunca, lamentablemente, alcanzaría seu obxectivo.

A finais do mesmo ano de 1836 a documentación e parexamente a institución establecerán súa sede no desamortizado ex-convento de franciscanos da cidade, onde mantendríase ata seu traslado o novo e primeiro pazo provincial edificado para tal fin.

Podemos falar de arquivo como tal a partires de 1845, ano en que se produce a Real orden do 24 de outubro, pola que se crea o arquivo (que acollerá os documentos da Deputación Provincial, Xunta Provincial e Goberno Civil) e nomease para a súa custodia a un oficial.

É necesario agardar ata o ano 1852 para obter o primeiro nomeamento de arquiveiro que recae en D. Pablo Chocano, decretado por Real orden de 21 de outubro de 1852, quen emitiría un informe denunciando as penosas condicións nas que se atopaba o arquivo, conseguindo levar adiante dúas reformas no mesmo ano. Foi cesado en 1854 e sucedeulle Lamberto Lucero, igualmente cesado ós dous meses por supresión da praza, hasta que por R.o. de 15 de febreiro de 1857 nomease a D. Juan Fernández Gil, que igualmente denunciaba a lamentable situación de amontonamento dos documentos do arquivo. En abril de 1862 é nomeado D. Carlos Méndez Osorio quen cesou ós 14 días, pasando a reemplazalo D. Luciano Escarpazo, que aguantaría no cargo hasta marzo de 1864, volvendo a encargarse D.Carlos Méndez hasta agosto de 1865. Seguiulle D. Felipe Carlos Rivas, que mantivo seu posto ata decembro de 1866, sustituíndolle inmediatamente D. Rogelio Lois, ata o mes de outubro no que tomou posesión D. Joaquín Rivadulla, quen o menos mantivose ata o ano 1880.

En 1882-1883 o arquivo e a Deputación estrearán novas dependencias no pazo provincial construido a tal efecto, trasladándose tanto a documentación propia da Deputación como a do Goberno Civil e instalándose o arquivo na pranta baixa do novo edificio.

Coñecemos a existencia do arquivero profesional Fernández Villamil, quen compartiu os seus traballos na Deputación co Arquivo Histórico Provincial do Estado, a Biblioteca Pública e a sua cátedra de instituto, ata 1955. Con Villamil producíuse unha boa parte da dispersión documental e bibliográfica, depositándose fondos no Arquivo Histórico Provincial e a maior parte dos volúmes da biblioteca e boletíns na Biblioteca Pública.Pero foi posteriormente cando a Deputación, sen ningún profesional o frente, por falla de espacio, según se alegou, decide depositar no Museo de Pontevedra unha boa parte da antigua documentación. En dito lugar sofre una expoliación de improntas e selados e a conseguinte desorganización dos seus atados, además de expurgarse indiscriminadamente, co que o volume documental dende finais do século XIX e hasta mediados do XX queda absolutamente mermado.

A partir de 1977 cúbrese a praza polo actual arquiveiro, Miguel Pereira Figueroa. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsoúse o traballo de instrumentos descriptivos, amplióuse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra.

Ven de levarse a cabo a a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade.

O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.

2.4. Forma de ingreso

Independentemente da documentación do fondo da Deputación remitido por transferencias regulares o con carácter extraordinario o de urxencia, o resto entrou a formar parte do arquivo por medio de distintos procedementos e en distintos anos:

-Por acumulación de instituciones desaparecidas de cuyo ámbito competencial pasó a ser herdeira e responsable a Deputación:

*Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social

*Xunta de Axuda a Municipios

*Instituto Nacional de Colonización

*Xunta Provincial de Electrificación

*Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais

*Gota de leite

*Inclusa Provincial

*Hospicio

-Por cesión o depósito de distintas instituciones e familias:

*Unión de Periodistas de Pontevedra

*Asociación da Prensa de Vigo

*Padroado de Vivendas de Funcionarios

*Familia Malvar

*Familia Nores

*Marquesse de Leis

*Ateneo de Pontevedra

*Familia Mosquera

*Familia Domínguez Sánchez

*Colección Augusto Bárcena Saracho

*Colección documental Gaspar Massó

*Pazo da Buzaca

*Pazo Torre Quintáns

-Por compra:

*Familia Caamaño

*Casa Porto-Briallos



3. Área de contido e estrutura
3.1. Alcance e contido

A riqueza e a variedade da información acumulada e o amplo período referenciado así como unha certa continuidade deste, salvo lagoas dos anos do primeiro tercio do século XX, avalan a idoneidade desta documentación para multiplicidade de estudios e investigacións.

E así merecen destacarse, entre outros, na sección de Goberno, os documentos que reflicten a creación e modificación dos diferentes concellos que integran a provincia, por ser este un proceso no que sempre interveu a Deputación; así como os libros de actas dos órganos colexiados, que recollen unha riquísima información.

Por outra parte, o fondo inclúe algunha documentación anterior á creación da Deputación por considerarse antecedente directo e ter a continuidade oportuna na mesma serie en épocas posteriores, destacamos as seguintes series:

Expedientes de visitas as devesas reais e plantíos desde 1750

Expedientes de beneficencia desde 1786

Expedientes de Contaduría de propios e arbitrios desde 1759 a 1856, referida ó control económico dos coutos, xurisdicións e concellos.

Destaca a importancia para o estudio da evolución de moitos territorios do ámbito provincia dos fondos familiares conservados, así como dalgunhas institucións e organismos.

Este centro ofrece ademais unha inxente información sobre o patrimonio documental da provincia, resultado das moitas actuacións de asistencia técnica e de organización e descrición do mesmo tanto en arquivos municipais, como de xulgados de paz, entidades locais menores, arquivos familiares…etc nos que a documentación permanece nos respectivos centros, dispondo nalgún caso de copia dixitalizada dos mesmos.

3.2. Valoración, selección e eliminación

A documentación sofre o primeiro e único proceso selectivo nas propias oficinas que os producen, previamente ó envío ó arquivo unha vez traamitados definitivamente. Non se realiza ningún procesos de expurgo agás documentación de rendas (recadación) e exaccións (ORAL).

Séguese na espera de que a autoridade competente poña en marcha a oportuna vía lexislativa que permita a creación dun órgano de valoración e selección documental e o seu oportuno expurgo no seu caso, se entende que a documentación producida pola Institución é de conservación permanente.

3.3. Novos ingresos

Ao ser un fondo aberto recíbense transferencias continuas e normalmente programadas dos diferentes servizos, fixada de antemán a través dun calendario de transferencias anuais.

En todo caso son posibles outras vías de ingreso documental, ben por doazón, depósito ou adquisición.

3.4. Organización

O Arquivo da Deputación de Pontevedra conserva e dispón especialmente o fondo documental xerado pola institución no desenvolvemento das súas funcións e servizos.

Xunto con este patrimonio dispón doutros fondos documentais debidamente individualizados que por vías e causas diversas recibidas no seu día, tanto de carácter público ou institucional coma privado e familiar.

Por último, cóntase cun conxunto de coleccións audiovisuais en diferentes soportes, de gran valor informativo e a disposición de posibles usuarios.

FONDOS:

1.- Fondo Deputación Provincial de Pontevedra (1708-2016)

38.934 unidades de instalación; 179.042 expedientes ou agrupacións documentais. O fondo organizouse seguindo un criterio de clasificación orgánico-funcional, co resultado do actual cadro de clasificación, artellado arredor de catro seccións, referidas sucesivamente a xestión dos órganos de goberno colexiados e unipersoais, o funcionamento administrativo, a xestión de servizos e, por último ó control e xestión orzamentario. Cada unha destas seccións subdivídese en subseccións e estas en series e subseries, atendendo á variedade da tipoloxía documental e ás series existentes.

2.- Outros fondos documentais

Asociación da Prensa de Vigo (1936-1995)
79 unidades de instalación; 537 agrupacións documentais

Ateneo de Pontevedra (1966-2008)
10 unidades de instalación ; 54 agrupacións documentais.

Augusto Bárcena Saracho (1631-2013)
18 unidades de instalación; 160 agrupacións documentais

Casa de Porto-Briallos (1516-1894)
7 unidades de instalación; 599 agrupacións documentais.

Colección Documental Gaspar Massó (1535-1982)
1 unidade de instalación; 17 agrupacións documentais.

Familia Caamaño (1411-1895)
138 unidades de instalación; 3.612 agrupacións documentais.

Familia Domínguez Sánchez (1650-1963)
2 unidades de instalación; 182 agrupacións documentais.

Familia Malvar (1512-1877)
15 unidades de instalación; 418 agrupacións documentais.

Familia Mosquera (1674-1961)
1 unidade de instalación; 126 agrupacións documentais.

Familia Nores (1610-1980)
2 unidades de instalación; 19 agrupacións documentais.

Gota de Leite (1931-1937)
3 unidades de instalación; 8 agrupacións documentais.

Hospicio (1829-1979)
188 unidades de instalación; 1.650 agrupacións documentais.

Inclusa Provincial (1773-1958)
122 unidades de instalación; 3.040 agrupacións documentais.

Instituto Nacional de Colonización (1946-1966)
22 unidades de instalación; 1.220 agrupacións documentais.

Marqueses de Leis (1502-2009 )
9 unidades de instalación; 279 agrupacións documentais.

Padroádego de Vivendas de Funcionarios (1950-2006)
13 unidades de instalación; 112 agrupacións documentais.

Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais (1834–1985)
155 unidades de instalación; 817 agrupacións documentais.

Unión de Xornalistas de Pontevedra (1982-1985)
3 unidades de instalación; 20 agrupacións documentais.

Xunta de Axuda a Municipios (1945-1965)
99 unidades de instalación; 2.292 agrupacións documentais.

Xunta Provincial de Electrificación (1954-1973)
33 unidades de instalación; 406 agrupacións documentais.

Xunta Provincial de Ordenación Económico-Social (1941-1961)
15 unidades de instalación; 354 agrupacións documentais.

Pazo da Buzaca (1455-2013)
40 unidades de instalación; 918 agrupacións documentais.

Pazo Torre Quintáns (1505-1974)
24 unidades de instalación; 1.086 agrupacións documentais.



4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1. Condicións de acceso

O acceso aos fondos é libre sen requisitos específicos, agás os derivados da lexislación estatal e autonómica vixente.

Todos os cidadáns teñen dereito a acceder ós arquivos e rexistros administrativos da Deputación conforme o art. 105 b) da Constitución e demais disposicións vixentes. O dereito de acceso a rexistros, arquivos e á información pode limitarse para aqueles documentos que segundo a lexislación conteñen datos ou información que, pola súa consulta pública poidan lesionar os dereitos doutras persoas ou colectivos.

As dependencias do Arquivo da Deputación Provincial, e por ende as do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico atópanse na Rúa Padre Amoedo, 1(36002), Pontevedra.

Os teléfonos de contacto son: 886201000 - 986 844 604 - 986 844 36. O fax: 886 201 180 ; o e-mail: arquivo@depo.es a dirección da páxina web www.arquivos.depo.es

As instalacións están abertas ao público en horario continuo de luns a venres, dende as 8´30 ata as 14´30.

Presta o arquivo servizos á propia Deputación, que inclúe a información, en calquera fórmula, ou o préstamo directo de todo documento orixinal. Ademais atende as demandas doutras administracións públicas, mediante consulta, copias e certificacións, daqueles documentos que lles sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións recoñecidas por lei.

Así mesmo desenvólvense servizo ós cidadáns, dende a premisa de que inicialmente os cidadáns poden consultar calquera documento, excepto aqueles que conteñan datos de acceso restrinxido pola lei. Inicialmente pode consultarse directamente ou obter informes, copias, certificacións e compulsas de todo documento de libre acceso, salvo que se prexudicara de forma sensible a conservación do documento, ou que entorpeza o normal desenvolvemento do servizo.

De especial interese a significación é o servizo ós investigadores, co fin de contribuír e fomentar a investigación histórica tanto da provincia de Pontevedra coma das diferentes entidades locais que a forman, estimulando especialmente o uso e consulta dos fondos documentais, sen limite temporal e co uso dos medios de información e reprografía dispoñibles.

4.2. Condición de reprodución

Limitada polas condicións de conservación dos documentos e polo normal desenvolvemento do servizo. Algúns fondos están sometidos a acordos específicos.

Para poder ofrecer os diferentes servizos dispón a arquivo dunha serie de recursos, medios e equipamentos:

-Sala de consulta, dotada con dezaseis postos permanentes de consulta, con catro puntos de acceso informático.

-Diferentes instrumentos de descrición, tanto en soporte tradicional -fichas e papel- coma informático.

-Lector-reproductor de microfilme e microfichas.

-Reprografia: reproducción de documentos mediante fotocopia, tanto de papel coma de microformas e microfilmes.

-Biblioteca auxiliar especializada en arquivística para consulta dos usuarios constituída basicamente por manuais, obras de referencia e instrumentos de descrición e información doutros arquivos.

4.3. Lingua / escritura(s) dos documentos Uso preferente do castelán na totalidade do fondo documental, con documentación en galego e máis ocasionalmente en latín.
4.4. Características físicas
e requisitos técnicos

A documentación atópase en xeral en bo estado de conservación, sendo os soportes diversos, maiormente en papel, pero tamén en pergamiño, microformas, cintas magnetofónicas, CDs, DVDs, vídeos, celuloide...

Disponse de medios técnicos para a súa consulta.

Contase coa copia microfilmada das respostas do Catastro do Marqués da Ensenada das diferentes parroquias da totalidade das provincias galegas.

Unha parte da documentación do arquivo atópase dixitalizada, en fase de tratamento para facilitar a súa consulta. En concreto ata o de agora téñense dixitalizado os seguintes fondos:

Libros de Actas do Pleno, da Comisión Xestora, da Comisión Provincial Permanente, da Comisión de Gobierno e da Xunta de Goberno.

Fondos da sección de Montes: Visitas dehesas reais e plantíos; censos de montes; expedientes de excepción de ventas e acoutamentos e deslindes.

Fondos da sección División Territorial

Expedientes de protocolo e Heráldica Provincial

Microfichas de expedientes do persoal trasnferido ao SERGAS

Documentación da Xunta Electoral Provincial

Libro de actas da Comisión Provincial de Quintas

Gota de Leite

Casa Porto-Briallos

Familia Caamaño

4.5. Instrumentos de descrición

-Cadro de clasificación, inventario somero e inventario detallado da práctica totalidade dos fondos e coleccións documentais conservados



5. Área de documentación asociada
5.1. Existencia e localización dos documentos orixinais

Nos concellos da provincia existen documentos que reflexan a actividade de cooperación da Deputación con cada un de eles, especialmente nas series relativas a planeamento, obras e urbanismo, bienestar social e a recadación de taxas e contribucións.

No caso do Catastro do Marqués da Ensenada, existen orixinais no Arquivo Histórico Provincial do Estado,e nalgúns casos nos arquivos municipais.

5.2. Existencia e localización de copias

Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (censos, padróns de habitantes e de impostos...).

As actas dos órganos de goberno están microfilmadas (1836-1981) realizadas no ano 1989 e dixitalizadas en 2013. Igualmente existen reproducións mecanografadas das mesmas e sustentadas en bases de datos.

Tamén se dixitalizou documentación da sección de montes, os expedientes de división territorial, as microfichas relativas ao persoal transferido ao SERGAS no seu día e a maior parte da documentación dos fondos especiais privados, así como algún fondo familiar non depositado no Arquivo.

5.3. Unidades de descrición relacionadas

A Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural posúe un arquivo con 853 unidades de instalación de datas extremas 1614-1984, que foi transferido da Deputación ó ICONA ó asumir este organismo a dirección técnica e administrativa do Consorcio Forestal no ano 1978 que complementa a documentación da subsección 3.4.

No ano 1988 se autorizó a remisión de 630 expedientes de adopción dos anos 1947 ó 1988, obrantes na administración da Cidade Infantil ”Principe Felipe”, á Delegación da Consellería de Traballo e Bienestar Social.

5.4. Nota de publicacións -"Los archivos de Galicia: estado de la cuestión"/ López Gómez, Pedro.- Iruñea, Décimo congreso de estudios vascos, Iruñea, 1987.
-"Notas para una reorganización del Archivo de la Diputación Provincial de Pontevedra"/ López Gómez, Pedro.- Boletín de Anabad XXVII (1977). nº 4 oct.-dic., pp.43-53.
-"La Diputación de Pontevedra: 1836-1986"/ Fariña Jamardo, X., Pereira Figueroa, M. A..- Pontevedra: Diputación Provincial,1986.
-"Datos documentales de “Montes del Común” en el Archivo de esta Diputación"/ Pereira Figueroa, Miguel.- Pontevedra: Diputación Provincial, 1979.
-"Han pasado 144 años"/ Pereira Figueroa, Miguel.- Pontevedra: Publicación semestral año 1981. 2º semestre. Nº 1-2, pp. 99-116.
-Página web www.depontevedra.es


6. Área de notas
6.1. Notas No propio fondo da Deputación inclúese algunha documentación anterior á súa creación por considerarse antecedente directo e ter a continuidade oportuna na mesma serie en épocas posteriores. Este é o caso da documentación da Contaduría de propios, que conserva documentación desde 1759 ata 1856, referida ó control económico dos coutos, xurisdiccións e concellos, función asumida xunto coa documentación oportuna pola Deputación Provincial e coa continuidade na serie de orzamentos especiais. Así mesmo, as subseccións de beneficencia dende 1786 o forestal, con expedientes de reais devesas e plantios, dende 1750.


7. Área de control da descrición
7.1. Nota do arquiveiro Persoal técnico do Servizo Técnico do Patrimonio Documental
7.2. Regras ou normas International Standard for Describing Institutions with Archival Holdings (ISDIAH)
7.3. Data da descripción Febreiro de 2018

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 20/02/2018 08:56
Copyright © 2002-2024, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/